Probas de acceso a Ciclos Medios

NOVIDADES DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO.-

Pódese acceder de forma directa co título de Graduado na E.S.O., ou mediante unha proba para a que se reserva o 20% das prazas.

Acceso mediante proba

Poden concorrer á proba de acceso ós ciclos formativos de grao medio, aquelas persoas que teñan cumpridos 17 anos ou os cumpran no ano en que se realicen as probas, e carezan de outra titulación que permita o acceso. 

Contidos da proba:

 Parte sociolingüística:  Tomaranse como referencia as competencias básicas de comunicación lingüística ,  social e cidadá dos  currículos  
da E. S.O.   Organizase en tres  partes:

·  Língua Castelá.

·  Língua Galega.

·  Ciencias Sociais

Parte  matemática : Terá como referencia as competencias básicas na área de matemáticas. Consta dunha  proba de Matemáticas 

Parte científico-tecnolóxico: Tomaranse como referencia as competencias básicas e de interacción co mundo físico. Ten  dúas probas :

·  Ciencias Naturais .

·  Tecnoloxía .

Exencións da proba :

Total:  Se certificamos ter superadas outras probas de acceso  a ciclos medios de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas, a ciclos superiores ou a universidade.

Parcial : Da parte sociolingüística,
matemática e cientifico-tecnolóxico aportando certificación académica de ter superados os ámbitos correspondentes dun P. C. P. I.  ou ben o nivel II da E. S.A.

Validez das probas.

As persoas que superen a totalidade das probas recibirán unha certificación que lle dará acceso a calquera ciclo de grado medio.

Aquelas persoas que  superasen algunha parte da proba obterán un certificado das partes superadas, poidendose gardar os aprobados para os dous anos se se fixo constar esta posibilidade no momento da inscrición.

 

IES de FENE                                                    Departamento de Orientación