Deportes, Música, Alumnado

Gradación 2º de bacharelato

O pasado venres 19 de maio tivo lugar o acto de gradación do alumnado da promoción 2021-2023 de bacharelato, que rematou este ano a súa última etapa no IES de Fene.  Foi un acto moi emotivo no que participaron, ademais dos propios protagonistas, as familias, profesorado, dirección e concello coa presenza do alcalde Juventino Trigo. As intervencións dos delegados, titores, alcalde e director do centro estiveron cheos de risas, recordos e bos desexos para todo o alumnado e foron moi aplaudidas. Estas intervencións remataron coa lectura do poema inédito de María Lado “Graduación” a cargo de Sonia Gómez, titora de 2º de bacharelato A, co acompañamento musical de Sara, alumna do mesmo grupo. O acto finalizou coa entrega de orlas e recordos do seu paso polo centro.

A comunidade do IES de Fene deséxalles moita sorte nas probas de acceso á universidade, que se están a desenvolver estes días, así como na nova etapa que van a comezar.

 

 

Convocatoria ERASMUS+ FCT

 

 

Prácticas FCT en Europa 2019-2020

Para o alumnado 2º de Ciclos Medios

Entrevista persoal: Luns 2 de marzo de 2020

 

 

 

CONVENCION SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA

No ano 2019 celebrouse o 30 aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e, con tal motivo, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia ven de promover unha nova edición en galego do texto íntegro do tratado e unha serie de convencións adaptadas coa finalidade de achegar os dereitos da infancia ao conxunto da sociedade galega poñendo un fincapé especial nos nenos, nenas e adolescentes.

Convención, texto oficial

Convención, adaptación de 9 a 12 anos

Convención, adaptación de 13 a 17 anos

infanciagalicia.org

TARXETA DE TRANSPORTE METROPOLITANO

Os menores de 18 anos xa poden ir solicitando vía web a tarxeta de transporte metropolitano coa que terán ata 60 viaxes gratuítas ao mes. O alumnado que teña 19 anos cumpridos terá que pagar.

A solicitude faise en ‎http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e  e logo recollese en ABANCA o día concertado na propia solicitude.

 

 

 

EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS DE MARIÑA GÁNDARA SERANTES NO MUSEO DO HUMOR DE FENE

A MOSTRA DA ARTISTA FENESA INAUGÚRASE O VINDEIRO MARTES, 14 DE XUÑO, ÁS 20 HORAS 

A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene acollerá a partir do vindeiro luns unha exposición de ilustracións da xoven artista fenesa Mariña Gándara Serantes. A mostra poderá visitarse ata o xoves 7 de xullo, en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.  A partir do xoves 23 de xuño (incluído), o horario será de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.

Afeccionada ao debuxo, Mariña Gándara é na actualidade alumna do ilustrador Xosé Tomás nos Obradoiros de Ilustración que imparte en Betanzos. De feito, foi él quen a animou a amosar as súas obras na que será a súa primeira exposición. 

Como ela mesma afirma, "pode distinguirse un estilo irremediablemente manga nas miñas obras". De feito, a Mariña coñéceselle en Internet como Tokkori, en referencia a unha personaxe dunha serie manga que lle gustaba moito no  seu tempo. 

Aínda que orixinaria da Costa da Morte, Mariña Gándara leva vivindo en Fene dende os sete anos. Estudou no Ceip O Ramo de Barallobre e, nestes intres, está a rematar o seu Bacharelato no IES de Fene. 

Fene, 10 de xuño de 2016

 

http://fenecidadan.gal/actualidade/nova.php?id=3867&lg=gal

 

 

Resultado das PAU 2015: 100% de aprobados

Este ano os resultados das Probas de Acceso á Univesidade foron excelentes: un 100% dos alumnos presentados superaron as probas con éxito. Os resultados son máis que satisfactorios tendo en conta que o 70 % do alumnado matriculado en 2º de bacharelato este ano aprobou todas as materias en xuño.

Parabens a tod@s e moita sorte na vosa nova andaina

 

 

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2015 para alumnado

O día 16 de abril remata  prazo de solicitudes de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (convocadas pola Orde do 2 de marzo de 2015, DOG do 16 de marzo), 

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

 

 

Becas Eurolingua

A Dirección Xeral de Xuventude de Galicia está a informar da apertura do prazo de solicitude das Bolsas para cursos en Irlanda organizada por a principal axencia de cursos de idiomas de Galicia.

Durante 2 semanas este verán cunha subvención do 100%, dirixida a estudantes con una idade mínima de 16 anos e una media do expediente académico por riba do 6.

O prazo de solicitude finaliza o 21 de abril

Convocatoria becas

www.becaseurolingua.com

Oferta de traballo

30/09/2014 15:37
Atlantic/Bermuda

Destinatarios: Titulados en instalaciones frigoríficas y climatización,

Oferta de empleoen Ancín Clima.

Requerimos personas que tengan nivel muy alto de inglés o de portugués, y con disponibilidad para viajar.

El puesto de portugués  es para mantenimientos en Portugal. En este caso necesitamos que también tenga bastante experiencia.

En caso de que algún antiguo alumno reúna los requisitos puede enviarnos el CV a rrhh@grupoabeirar.com.

Por si quieren conocer la empresa antes de enviar el CV y ver a que nos dedicamos pueden consultar nuestra página web www.ancinclima.com 

Estudaron no IES de Fene

Estudiaron no IES de Fene e son Músicos de sona.  Daniel Bellón e Diego  Maceiras, gaita e acordeonista no concerto "Voces para la Paz" celebrado no Auditorio de Madrid, amosan o seu virtuosismo interpretando "Amazing Grace". Paga a pena ver e escoitar este vídeo

 

 

Non xogues coas drogas!!!

O  venres dia 5 de abril , de  12:25hrs a 14:05hrs, no salón de actos de ESO e BACH  haberá unha charla da Garda Civil coa temática  Drogas e Alcohol, dirixida aos alumnos/as de 2º e 3º da ESO. Esta actividade cara  a prevención da drogadicción é ao consumo de alcohol parte da base de que, para afrontar este problema social, un dos mellores instrumentos é a información que lle poidamos subministrar aos  mozos e mozas. O IES de Fene orgaiza esta charla dentro dun progama de prevención de alcoholismo e drogas

 

(4/4/2013)

Premio á excelencia académica acadado por Érika Diz Pita no exame de Selectividade

Érika Diz Pita, que o curso pasado rematou os seus estudos no IES de Fene, recibirá o día 28 de xaneiro o premio á excelencia académica que concede a Universidade da Coruña. O premio concedido pola  UDC é  debido a que acadou nas PAAU (Selectividade) unha puntacion de 13,55 sobre 14, sendo unha das mellores notas de Galiza. Na actualidade esta alumna está cursando primeiro de Arquitectura na Universidade desde o IES de Fene desexámoslle moitos éxitos. Parabéns a Érika!

Ver entrevista en La Voz de Galicia

21-01-2013

Premio IDEA 2011 no IES de Fene

A Xunta galardoa un sistema de alerta para mergulladores ideado por dous alumnos e un profesor

As ideas brillantes non só bolen nos grandes centros de investigación e nos laboratorios das universidades máis prestixiosas. Proba delas son os gañadores dos Premios FP Idea 2011, cos que a Xunta pretende impulsar o espírito emprendedor dos alumnos de Formación Profesional, así como a posta en marcha de propostas innovadoras.

Na presente edición, o certame recoñeceu un total de nove proxectos, entre os cales figura un traballo realizado o curso pasado por dous alumnos do ciclo superior de Telecomunicacións e Sistemas Informáticos do instituto de Fene, Héctor Rodríguez e Jaime Montero, baixo a coordinación de Antonio González, un dos seus profesores. Os tres viaxaron o pasado luns a Santiago para recoller o galardón, que vén acompañado dunha interesante recompensa: 1.000 euros para Héctor e Jaime e unha tablet pecé para o seu mestre.

Ler a nova completa no xornal "La Voz de Galicia"

Distribuir contido