Cinema en Curso

Cinema en curso - MAKING OFF

O proxecto Cinema en Curso, no que o noso centro está a participar, está chegando a o seu fin. Os alumnos de 2º FP Básica estiveron traballando nel todo o ano, e agora xa teñen rematada a súa curtametraxe, da que todos nos sentimos moi orgullosos. Pronto terá lugar a estrea, pero antes vos adiantamos un video do making off das diferentes curtas realizadas dentro de Cinema en Curso por alumnos de centros educativos de diferentes partes da nosa xeografía. Agora, silencio, cámara, acción!

(Se non visualizas o vídeo, preme aquí)

Cinema en curso en FPB

Os alumnos de 2º de FP Básica do noso centro están a participar no proxecto Cine en Curso dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación Xunta de Galicia e organizado polo CGAI (http://www.cinemaencurs.org/es/node/1)

O obxectivo é que os alumnos aprendan sobre cine, observen ao seu redor e sexan capaces de crear unha curtametraxe. Para isto están a participar en talleres semanais co director de cine galego Xacio Baño, que os está introducindo no mundo da realización cinematográfica e os acompañará posteriormente no proceso de creación da curtametraxe. Todo un luxo, se dúbida.

Ata o de agora, os alumnos grabaron xa varios planos dos espacios que lles rodean e algún travelling e retrato. Aquí tedes unha pequena mostra.

 

Distribuir contido