Normalización lingüística

Participación no festival A Mocidade coa Lingua

Un ano máis o grupo do IES de Fene, Arredemo, participou no festival A Mocidade coa Lingua que tivo lugar no auditorio de Ferrol o pasado xoves 30 de marzo. Este festival, que vai xa pola trixésima edición, está organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e ten como un dos seus obxectivos sensibilizar á mocidade da nosa comarca da importancia de manter a nosa lingua como medio de expresión cultural.

O grupo Arredemo naceu no IES de Fene alá por 2008 e os seus compoñentes van cambiando a medida que van pasando polo centro. Este curso está formado por Antón (guitarra), Alexia (baixo), Alba (batería) e Sara e María (voces), todos eles alumnado de 3º de ESO e 2º de bacharelato. Ademais nesta edición estiveron acompañados aos xilófonos polos compañeiros e compañeiras da materia de Linguaxe e Práctica Musical 1º de bacharelato.

 

 

Acceso a información publicada no Diario de Ferrol

Día das Letras Galegas, Carvalho Calero. Concurso de Haikus

O vindeiro día 17 de maio celebrase o Día das Letras galegas, unha xornada moi especial que este ano adícase ao escritor, filólogo e mestre ferrolán Carvalho Calero. Dende o IES de Fene non queremos deixar de celebrar tan senlleira data e animámosvos a descubrir a sua obra; ademais, para desfrutar da escritura en galego e deixar fluír a vosa creatividade o Departamento de Galego e o EDLG propóñenvos un concurso de Haikus ilustrados ao que está convidado a participar todo o alumnado.

CONCURSO de Haikus ilustrados ¿que é un Haiku?

Trátase dun pequeno poema de orixe xaponés que se escriben en 3 versos sin rima. Normalmente falan de momentos da vida cotiá ou a imaxes da natureza. Propoñémosvos que elaboredes un haiku que faga referencia ao voso día a día durante á corentena e o ilustredes cunha fotografía. Un xurado composto por un membro do departamento de galego, un do EDLG, un do equipo directivo, un da biblioteca e un persoal non docente decidirá cales son os tres mellores haikus e as tres mellores verbas ilustradas. Os galardoados recibirán un lote de libros e agasallos cada un e o seu haiku publicarase na revista do instituto e na páxina web do centro.

Envía o teu Haiku antes do 22 de maio ao correo ies.fene@edu.xunta.gal co asunto HAIKU, así como o teu nome, apelidos e curso

Velaquí algúns exemplos de Haikus feitos por profes do centro:

Alex Cari  Carpente  Cris M.  Laura Maika
 Alex  Cari  Carpente  Cris M.  Laura Maika
Marga Mouriz Rocío Sonia S.  Vanessa  
 Marga 
Mouriz Rocío Sonia S.  Vanessa  

Premios do I Concurso de tira cómica Xaquín Marín

Reunido o día 21 de maio de 2018 o xurado encargado de dictaminar os premios do I Concurso de tira cómica Xaquín Marín convocado polo IES de Fene, acordou otorgar os premios seguintes:

1º premio: Jaime Ameneiros
2º premio: Alfonso Placer
3º premio: Nerea Seijo

Os premios serán entregados nun acto interno no propio IES de Fene.

Xuño, 2018

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA - XAQUÍN MARÍN

 

O IES de Fene convoca un concurso de Banda Deseñada que ten como obxectivo fundamental descubrir os posibles talentos artísticos que haxa nos diferentes centros de ensino de Ferrolterra e así realizar novos proxectos de futuro. Este concurso rexerase polas seguintes 

BASES

 

 

 

 

 

 

 

V Concurso de Microrrelatos Concello de Fene. Entrega de premios

O pasado luns 1 de xuño tivo lugar na Casa da Cultura do concello de Fene a entrega de premios do "V Concurso de Microrrelatos Concello de Fene" que se ven celebrando nos últimos anos e no que participa alumnado dos centros educativos de Fene.

Obtivo o 1º premio na categoría D o alumno de 2º de Bacharelato David Lamas Calvo co relato "Retroceder cara adiante"

Mais informacion acerca dos restantes participantes gañadores na web do concello

Microrrelatos premiados e finalistas

 

  

 

 

Homenaxe a Carmela Loureiro

O  9  de  outubro  de  2014  celebrouse  no  Centro  Cultural Carvalho  Calero  de  Ferrol  un  recitado  de  poesía  en homenaxe a Carmela Loureiro,  quen fora, durante moitos anos, a presidenta das Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

Foi  un  acto  moi  emotivo  que  combinou  poesía,  música, danza e teatro. Participaron diversos centros de ensino da bisbarra  e,  entre  eles,  o  IES  de  Fene,  perfectamente representado  por  alumnado  de  2º  de  Bacharelato  e coordenado pola profesora Mª do Pilar Sanmartín (Lula).

Carmeliña, sempre nos nosos corazóns.

Cantando poemas de Rosalía

A xustiza pola man é o poema destes tempos, a este a outros poemas puxeronlles música  diferentes grupos e solistas galegos e o Departamento de Normalización lingüistica, no ano de Rosalia, ofrece unha escolma de cancións  na que as letras son poemas

A xustiza pola man Abe Rábade e Gaudi Galego
A xustiza pola man Aid
Unha vez tiven un cravo Aid
Adiós ríos, adiós fontes Aid
Lugar mís hermoso Aid
Castellanos de Castilla Aid
Un repoludo gaiteiro A. Prada
Adiós ríos, adiós fontes A. Prada
Adiós ríos, adiós fontes  Los Tamara
Adiós ríos, adiós fontes Lucía Pérez
Cando era tempo de inverno A. Prada
   
Cantando poemas de Rosalía

Día das letras galegas 2012 - Valentín Paz Andrade

Informativo realizado nos estudos do CPI dos Dices en Rois que repasa a vida e a obra de Valentín Paz Andrade.

(Enviado por Sabela)

 

Concurso de poesía

O Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística do IES de Fene convocan un concurso de POESÍA no que poderá participar todo o alumnado do Centro e que se rexerá polas seguintes BASES:

- Cada participante pode presentar un máximo de tres poemas escritos en lingua galega.
   
- As composicións han de ser BREVES: a extensión máxima é de 14 versos.
   
- Cada un dos poemas introducirase nun sobre no que conste un pseudónimo. Ademais incluirase unha plica cos datos d@ autor/a.

- As poesías deberán ser presentadas antes do día 16 de marzo de 2012. Poderán entregarse a calquera membro do Departamento de Lingua Galega ou do Equipo de Normalización.
   
- Concederanse tres premios: material cultural, audiovisual, deportivo por un importe total de 30 euros no caso do primeiro premio, 20 euros no caso do segundo e por un total de 15 no caso do terceiro.

- As poesías deberán ser orixinais e non estaren editadas por ningún procedemento impreso ou electrónico, nin estaren premiadas en calquera outro concurso ou certame literario.
   
- O xurado será designado polo Equipo de Normalización Lingüística e o seu fallo será inapelable.

 Fene, 27 de xaneiro de 2012   

Exhibición de Regueifas

VENRES 17 DE FEBREIRO

BASES:

1.- Poderá participar calquera persoa que pertenza á comunidade educativa do IES de Fene.

2.- A inscrición farase no despacho de vicedirección antes das 12:25 do xoves 16 de febreiro.

3.- Antes da 12:25 do xoves 16 de febreiro, os participantes inscritos/as  entregarán en vicedirección o guión da súa actuación.

4.- Non se admitirán guións con expresións malsoantes, nin referencias a terceiras persoas.

5.- O incumprimento das normas é responsabilidade dos participantes e será obxecto da sanción correspondente.

Medio mundo de entroido - Webquest para xente atrevida

“Tanta é a forza do Entroido en Fene, que ata disfrazamos o Mércores de Cinza de Martes de Carnaval. “
D.C. , entroideiro.

Bases da webquest:Descarga a webquest

1.- Pode participar todo o alumnado do IES de Fene dentro de cada unha das seguintes categorías:
- Categoría A: 1º e 2º de ESO
- Categoría B: 3º e 4º de ESO
- Categoría C: os demais (bacharelato, ciclos, PCPIs e adultos).

2.- Pódese participar individualmente ou en grupos. Pero só haberá un premio por categoría que se deberá repartir entre os integrantes do grupo ganador, se fose o caso.

3.- Só haberá un ganador por categoría.

4.- Gaña quen contesta correctamente máis preguntas en menos tempo.

5.- As respostas débense enviar por correo electrónico a entroidofene@gmail.com indicando o nome dos concursantes e o seu curso. No caso de haber concursantes de varias categorías asignáraselles a maior delas.

6.- A inscrición é automática ao enviar as resposta ao enderezo electrónico citado no punto anterior.

7.- O prazo para empezar a xogar empeza o xoves 9 de febreiro, ás 00:00 horas, e remata o xoves 16 de febreiro, ás 00:00.

8.- O fallo da organización é inapelable e participar na webquest implica aceptar estas bases.

Descargar a webquest

VI Concurso de postres do Entroido

Os equipos de dinamización lingüística e da biblioteca do IES de Fene convocan novamente este concurso de postres de Entroido que se rexerá polas seguintes

BASES:

-Poderán participar todas aquelas persoas que pertenzan á comunidade educativa do IES de Fene.

-Os postres deberán ter unha consistencia suficiente como para poder ser repartidos en man (non valen tipo “natillas”). Entregaranse o venres día 17 de febreiro na biblioteca do centro antes do inicio das clases ás 8,25.

-O xurado estará composto por persoal designado polos equipos mencionados anteriormente e ditaminarán de forma inapelable.

-O xurado reunirase a facer a degustación no primeiro recreo na Biblioteca do Centro.

-O fallo do concurso darase a coñecer no segundo recreo.

-Concederanse os premios que o xurado estime conveniente e, tendo en conta as datas do concurso, eses premios poderán axustarse ao evento en cuestión.

-Todos os postres que se presenten ao concurso serán postos á venda posteriormente  a un módico prezo. 

-A recadación será para algunha causa solidaria que se determinará  no seu día.

Concurso de cartas de amor

O Equipo de dinamización lingüística do IES de Fene organiza un concurso de cartas de amor entre os membros da comunidade escolar do centro, que se rexerá polas seguintes BASES:

-Cada participante pode escribir cantas cartas desexe.
   
-Para poder ser admitido/a no concurso, os escritos deberán estar escritos en Lingua Galega e ser respectuosos cos demais.
   
-Non hai límite na extensión da carta, aínda que se aconsella que non pase dun folio.

-A carta pode ser anónima ou ir asinada polo autor ou autora.
   
-Cada un dos escritos terá que ir dentro dun sobre no que conste a quen vai dirixido.

-Os escritos deberán introducirse nos buzóns (até o mércores día 8) que se colocarán  para este concurso na biblioteca e nas conserxerías do IES.
   
-Os premios, no caso das cartas asinadas, serán entregados aos seus autores, mentres que os das cartas anónimas recaerán nas respectivas namoradas ou namorados.
   
-O xurado será designado polo equipo de dinamización lingüística e o seu fallo será inapelable

Visita a Santiago

A capital de Galicia é un dos destinos máis habituais aos que organizamos excursións didácticas. Unha das visitas máis espectaculares é a das cubertas da catedral, pero non queremos esquecer as posibilidades que nos brinda a USC de coñecer o seu patrimonio histórico e científico:

Blog Compostela Virtual

Universidade de Santiago, visitas

Velaquí unha foto do noso atento alumnado no Museo de Historia Natural

MIcrorrelatos seleccionados na fase interna.


                    Unha siria en Fene

Noelia Freire, 1º ESO A

    Moi a miúdo ía eu  comprar uns embutidos á chacinería do inglés. Alí encontreime co meu bo amigo da infancia, Luís, máis coñecido por Luís o do Castro. El sempre confiara nos meus saberes, polo que sempre que nos encontrabamos preguntábame por curiosidades. Aquela tarde non me cuestionou, como facía a miúdo. Ó contrario, faloume dunha siria, xa que eu tempo atrás contáralle que as sirias eran rapazas miúdas, pequenas, algo así coma nenas.

    Díxome que o mércores anterior coñecera unha siria que casara cun galego. Ela era esvelta, alta e moi exuberante. Contoume que era a muller de Don Paco, un home que viaxara a Arxentina; alí coñeceuna e casou con ela.

    Eu díxenlle que as sirias que casan con galegos medran e vólvense esveltas pero se non lles gusta o seu home, marchan e casan cun italiano ou cun alemán.

    El quedou confundido.

 


O ollo esquerdo de Fernando Vázquez

Andrea Sabio, 1º ESO A

    Fernando Vázquez era un mozo duns trinta e dous anos. Vivía só, nunha casa á beira da ría, en Maniños. Era de pel máis ben branca. Co pelo rubio e os ollos marróns chocolate.

    Un día foino visitar un amigo que vivía, en Magalofes. Este sorprendeuse ao ver que,  ao seu amigo, lle crecera  o ollo esquerdo e que agora ocupaba un lugar na cara máis grande do que lle correspondía. Preocupado de que Fernando se alterase, ao saber o que lle estaba a pasar na cara,   mantivo a boca calada mentres recordaban  os tempos do instituto.

    Á mañá seguinte, Fernando, foi dar un paseo pola Ribeira. Alí encontrouse cun home alto, forte e coa cara chea de arrugas. E, como lle pasara ao seu amigo o día anterior, sorprendeulle o gran tamaño, sobrenatural, do seu ollo. Pero coma fixera o outro o día anterior, calou e foi andando coma se nada pasara, só, que este  fíxoo por non parecer indiscreto.

    Así  pasaron os días  ata que un neno, de non máis de nove anos, quedou  mirándoo á cara.

    Fernando inquedo pola incesante mirada do neno, escondeuse nunha tenda de espellos. Mirouse   nun  espello, e o que viu lle pareceu do máis normal do mundo. A súa cara era coma sempre: boca pequena, nariz puntiagudo e ollos pequenos e saltóns. Nada que estivese fóra de lugar.

 

 

Mucha de Falcón (de Barallobre)

Laura López, 4ºESO

    A historia que vos vou  relatar a continuación aconteceume fai uns anos na miña querida aldea, é unha historia moi sorprendente así que espero que manteñades a vosa atención nela.

    Isto aconteceu no meu pobo, cando aínda era unha nena, pero o recordo como se fose onte.

    Eu estaba sentada na lareira xunta a miña familia, cando de súpeto, un fume branco asolagoume, e a piques estivo de deixarnos sen respiración.

Todos estabamos asustados, sen saber que facer, ata que o meu avó díxonos que o mellor que poderiamos facer era pechar todas as ventás e portas, para que así o fume deixara de entrar.

    Todos obedecimos e quedamos na casa, pero o intrépido do meu irmán en vez de facelo saíu a fora, a ver de onde viña o fume. Ao entrar todos quedamos tesos esperando por el, ata que cun enorme sorriso chegou de novo á lareira.

    Contounos, que non era ningunha clase de gas, que o único que alí había, era o tractor amarelo de Mucha de Falcón, que estaba avariado e non se podía mover do lugar.

    Xa todos acougados, fomos onda Mucha e entre todos lle axudamos a amañar o tractor amarelo que quedou como símbolo no noso rueiro.

 

O segredo de Fene*

Ana Montes, 4º ESO

    Falouse sempre na vila de Fene dunha muller con certa estrañeza, unha muller de longos cabelos e cun aire pipiriteiro. Todos os que afirman vela din que non viran muller máis fermosa na Galiza. Nin as mesmas sereas das que se fala nas nosas lendas podíanse achegar a tal fermosura.

    Adoitaba estar na fonte do Sartego. Poucos veciños da zona coñecían o seu segredo, pois tiña a destreza de predicir o tempo que ía facer. Se o seu cabelo estaba loiro como os raios do Sol, o día sería solleiro; mentras que se éste tornaba a mouro como o acibeche, o día sería chuvioso e friorento.

    Os labregos coñecedores de tal habilidade acudían á fonte en busca dela. Se tiñan a sorte de poder vela, decidirían se podían sementar ou non. Dise que todavía segue alí peiteando o seu longo cabelo...

*(O segredo da moura de Fene, a moura era un ser mitolóxico que tiña un gran parecido coas fadas).



Manoliño de Cornide

Pablo Alvariño, 1ºBAC

    Pobriño Manolo, xa facía que morrera, non era ben... Iso si, nunca mal lle fixo a ninguén. Gustábanlle os coches, pero o coitadiño só chegou a ter unha roda, que non había para máis. Collía a roda nas mans e facía como se fora un volante e alá ía de enriba para abaixo.

    Disque na vida o viron sen a roda, que aínda por riba, era de bicicleta. Non se separaba dela nunca, ata que un día os rapaces leváronlla mentres bebía auga en Piñeiro. Cando se ergueu non sabía volver sen a súa roda-volante.

    Dous días botou sentado ao ladiño da fonte ata que o pai do rapaz que lle levara a roda foilla devolver.

    Non o volveron ver ata perto de seis meses despois e xa nunca paraba. Paseaba e volvía para casa dereitiño.

 

 


      Hermitas, do Rego da Moa

Carla Mª González, 1º BAC

       Na miña aldea, non facían festas patronais como no resto das aldeas e aproveitamos a festa do cabalo de Magalofes para convidar a toda a familia a xantar.

    A casa da miña curmá, Hermitas, tiña dúas palmeiras enormes diante que nos servían de referencia para indicar onde esta a casiña: “A casiña das palmeiras” -dicíamos.

    Nunha desas festas quedei a durmir con ela e puxemos un colchón no salón, que tiña unha galería branca, preciosa no día, pero non tanto á noite...

    Non fun quen de durmir porque unha sombra raiaba o cristal coma un rastrelo facendo un desagradable ruído...

    Pasei a noite esperta e pola mañá, cando todo se ve máis positivo, erguinme e fun ver que era o que me causara tanto desacougo... e resulta que aínda que a festa do cabalo é en agosto, na nosa Galiza aínda asubía o vento, e as nosas palmeiriñas...

Distribuir contido