Concurso de poesía

O Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística do IES de Fene convocan un concurso de POESÍA no que poderá participar todo o alumnado do Centro e que se rexerá polas seguintes BASES:

- Cada participante pode presentar un máximo de tres poemas escritos en lingua galega.
   
- As composicións han de ser BREVES: a extensión máxima é de 14 versos.
   
- Cada un dos poemas introducirase nun sobre no que conste un pseudónimo. Ademais incluirase unha plica cos datos d@ autor/a.

- As poesías deberán ser presentadas antes do día 16 de marzo de 2012. Poderán entregarse a calquera membro do Departamento de Lingua Galega ou do Equipo de Normalización.
   
- Concederanse tres premios: material cultural, audiovisual, deportivo por un importe total de 30 euros no caso do primeiro premio, 20 euros no caso do segundo e por un total de 15 no caso do terceiro.

- As poesías deberán ser orixinais e non estaren editadas por ningún procedemento impreso ou electrónico, nin estaren premiadas en calquera outro concurso ou certame literario.
   
- O xurado será designado polo Equipo de Normalización Lingüística e o seu fallo será inapelable.

 Fene, 27 de xaneiro de 2012