Actividades

Musiqueando 2024

O pasado 25 de abril as clases de Música volveron saír á rúa pola celebración coñecida como Musiqueando, que reivindica a importancia das ensinanzas de Música na educación secundaria. Nesta ocasión as actuacións desenvolvéronse no salón de plenos do concello de Fene que como ven sendo habitual colabora con IES de Fene cedendo as instalacións e axudándonos no desprazamento.

Deixamos un pequeno vídeo como mostra desta actividade e felicitamos ao alumnado e á súa profesora Bárbara polo marabilloso traballo desenvolvido.

 

II Día da Natureza no IES de Fene

O pasado venres 20 de abril no IES de Fene celebramos o II Día da Natureza. Esta celebración, iniciada o curso pasado, parte da idea de crear unha zona axardinada con árbores froiteiras e ornamentais, na finca colindante co terreo do centro, propiedade do concello, e que xuntos formaban parte dos antigos terreos do Pazo de Barallobre. Contamos para isto coa colaboración do concello de Fene que nos facilitou as árbores e asesorou e axudou na plantación.

Nesta ocasión participou o alumnado de 1º de ESO plantando unha árbore por cada grupo, unha moreira e un capudre, co compromiso de coidalas mentres estean estudando no centro. Aproveitaron a ocasión para ler poemas que teñen como tema a natureza e a continuación disfrutaron dun tempo de diversión participando en diversos xogos tradicionais como a mariola, a corda ou o brilé.

Tamén estiveron presentes na celebración un grupo de alumnos do CM de Soldadura e Automoción que nunhas semanas participarán na XII edición de Hiperbaric Challenge. A eles correspondeulles apadriñar unha oliveira en lembranza dos sucesos que están tendo lugar en Palestina.

 

 

 

Festival A Mocidade coa Lingua

Un ano máis o grupo do IES de Fene, Arredemo, participou no festival A Mocidade coa Lingua organizado, como en anteriores ocasións, pola Coordenadora de Equipas de Dinamización da Lingua Galega. Nesta ocasión estiveron acompañados cos xilófonos do grupo de alumnos e alumnas de 2º de bacharelato e dirixidos, como de acostume, pola profesora de música Bárbara Mourelo. Noraboa ao grupo completo pola súa actuación.

Somos un pobo de artistas!!

O pasado 22 de marzo, como broche ao segundo trimestre, o departamento de Lingua Galega e Literatura do noso centro, organizou un encontro do alumnado de 3º ESO e 1º de bacharelato co cantante, escritor, actor e profesor Xurxo Souto para falar sobre Luisa Villalta, escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Foi unha experiencia marabillosa; falounos da estreita relación entre a música e a literatura, de como moitos dos poemas de autoría galega, Pondal, Rosalía ou Curros foron musicados e versionados por moitos artistas galegos. Trouxo á nosa memoria temas de Los Tamara con Pucho Boedo ou Andrés do Barro, que moitos cantamos. O alumnado e o profesorado presente disfrutou dunha actividade educativa e lúdica por igual. Ademais deixounos a súa dedicatoria no libro de firmas da nosa biblioteca.

Novo éxito dos Robots do Pazo na FLL

Onte tivo lugar a X edición da First Lego League Galicia, competición que busca espertar novas vocacións científicas e que aquí en Galicia organiza a Universidade da Coruña. Como ven sendo habitual o IES de Fene contou con representación no certame, o equipo Os Robots do Pazo, con alumnado de todos os cursos da ESO, que igualaron os premios acadados na pasada edición, 1º premio Xunta de Galicia ao Proxecto de Innovación e nominación para o National Innovation Award.

O concurso trata diferentes temáticas e nesta ocasión era #Masterpiece, baseada na búsqueda de solucións para crear e mostrar a arte. O equipo do IES de Fene presentou un proxecto científico que leva por título Tocando as Meninas que trata de achegar a arte ás persoas invidentes. Este grupo de alumnado e profesorado que pertence ao club de ciencia ConcienciaFene, investigou e traballou diferentes aspectos e técnicas para que persoas con diversidade funcional poidan disfrutar da arte. Para isto fixeron unha visita ao barrio de Canido onde puideron contemplar de primeira man os murais que versionan as Meninas impulsadoas por Eduardo Hermida, que tamén apoiou o traballo da rapazada. Contaron tamén coa colaboración da ONCE cuxa sede da Coruña tamén visitaron.

Parabéns ao equipo polo traballo realizado e ao profesorado pola súa labor e compromiso.

 

Acceso á noticia no xornal dixital Ferrol 360

Presentación da novela gráfica Cinza

O pasado 16 de febreiro tivo lugar no IES de Fene a presentación da novela gráfica Cinza, do ilustrador e editor Manel Cráneo, que é unha versión de todo un clásico da literatura galega como é a obra A nosa Cinza de Xavier Alcalá. Neste acto estiveron presentes os dous autores falándonos dos lugares onde transcorre a historia, a época, anos 50 e 60, como se xestou a idea de versionar este título  para convertilo en banda deseñada, os bocetos, as personaxes e a estreita relación que se estableceu entre os autores, que permitiu crear unha obra fiel á novela orixinal. Ao final da presentación adicáronnos as obras e asinaron no libro da nosa biblioteca. Agradecemos aos dous a súa presenza no IES de Fene así como ao concello que nos propuxo a celebración deste acto.

Deixámosvos unha imaxes así como o enlace ao documento elaborado por Xoán Vázquez, profesor de Lingua e Literatura Galega e director do IES de Fene, que serviu de fío condutor e contextualizador desta presentación.

Podes ver a presentación desde este aquí

Comezo das charlas da Escola de Familias

Este próximo venres 23 de febreiro terá lugar no IES de Fene ás 16:30 a primeira das sesións da Escola de Familias. Nela tratarase o tema do acompañamento dos adolescentes durante o estudo.

Agardámolos!!

Actividades do mes de xaneiro

Durante o mes de xaneiro no IES de Fene desenvolvéronse diversas actividades tanto de orientación académica como sobre a utilización das novas tecnoloxías.

  • O día 10 estivo con nós Francisco Deive, subdirector da Escola de Recursos Enerxéticos e Mineiros da Universidade de Vigo. Francisco charlou co alumnado de 1º e 2º de bacharelato da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía sobre o abano de empregabilidade das enxeñarías e en concreto da enxeñaría de minas e enerxía e animou sobre todo ás rapazas a cursar estudos STEM xa que as mulleres teñen moito que aportar neste tipo de graos e aínda son minoría.
  • O día 16 todo o alumnado da ESO participou nos obradoiros dirixidos por especialistas da asociación ALAR Galicia, sobre o novo espazo dixital, as novas tecnoloxías e os seus riscos.
  • Por último o 18 foi o alumnado de 1º de FP básica xunto a 4º ESO os que participaron nunha formación sobre a violencia machista dentro do novo entorno dixital. Este obradoiro correu a cargo de persoal de Pantallas Amigas e nel colaborou o concello de Fene. Deixamos o enlace á páxina web de Pantallas Amigas onde podedes atopar moitos recursos para traballar sobre todo o relacionado co entorno dixital.

Enlace á web de Pantallas Amigas

   
 Charla de Francisco Deive  Charla de ALAR Galicia sobre o novo entorno dixital Charla de pantallas Amigas

Bo Nadal

O alumnado de Francés deséxavos BO NADAL e PRÓSPERO ANINOVO

 

Segunda charla do ciclo ContandoCiencia

O vindeiro xoves 14 de decembro, ás 19:30 no salón de actos da Casa da Cultura de Fene contaremos coa presenza de Inés Sánchez Sellero, doutora en Medicina e Cirurxía, que tratará o tema "Sumisión química: máis aló dos titulares de prensa".

Inés Sánchez Sellero é profesora titular da área de Toxicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela desde 1999. e investigadora do Instituto de Ciencias Forenses da USC.

Este ciclo de charlas está organizado pola biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene e conta coa colaboración do concello.

Acto en contra da violencia cara ás mulleres

O pasado venres 24 de novembro conmemoramos o Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres no IES de Fene. Alumnado e profesorado reunímonos nas pistas para decir NON a calquera tipo de violencia machista. Soou música, léronse poemas e portáronse pancartas en prol da eliminación da violencia contra a muller. Ademais uns días antes o alumnado da ESO aproveitou para facer bolboretas e confeccionar un mural espectacular no hall de saída ás pistas.

   
         
   

Teatro na Casa da Cultura

O pasado 13 de novembro o alumnado de 1º e 2º da ESO acudiu á casa da Cultura de Fene para presenciar a representación "Mozas nas redes" protagonizada pola actriz Estívaliz Veiga. A obra con formato de monólogo xira en torno aos perígos que presentan as redes sociais para os mozos e mozas. Abríanse así as actividades do 25N, data na que se conmemora a eliminación da violencia contra as mulleres, organizada pola concellería de Igualdade e Servizos Sociais do concello á que agradecemos o convite.

 
   
 

Apertura do ciclo contandoCiencia

Este próximo xoves 16 de novembro dará comezo a 3ª edición do ciclo contandoCiencia. A charla inaugural, que leva por título "Do corazón da materia ao interior das estrelas", terá lugar ás 19:30 no salón de actos da casa da cultura de Fene e correrá a cargo do doutor en Física pola USC Héctor Álvarez Pol.

A carreira científica de Álvarez Pol ten relación coa análise de detectores de partículas e reaccións nucleares así como as súas dinámicas e o desenvolvemento de estruturas computacionais para a simulación e análise dos resultados destes experimentos.

Pódese consultar máis información nos seguintes enderezos.

ContandoCiencia

Fenecidadán

Unha noite na biblioteca

A noite do 27 de outubro o alumnado de 2º da ESO quedou a durmir na biblioteca do centro O Segrel do Penedo. Pasárono estupendamente pintando cabazas e monstros, desfilando nun concurso de disfraces e ata xogaron a verdade ou reto, xogo no que a rapazada mostrou unha grande valentía desenvolvendo os retos máis tenebrosos que poidades imaxinar. Despois de cear e xa máis entrada a madrugada contaron lendas e historias de medo e viron unha película espeluznante.

Unha noite inesquecible.

           

Participación en GaliciaSkills 2023

Os días 25, 26 e 27 de outubro tivo lugar en Silleda o evento GaliciaSkills 2023. Trátase dun campionato práctico no que alumnado de Formación Profesional de centros galegos de 24 modalidades mostran as súas destrezas e habilidades realizando diferentes probas. Os gañadores participarán no SpaisnSkills en Madrid en abril de 2024. O IES de Fene estivo representado polo alumno do ciclo dual de Instalacións de Calor, Abel Chao, titorizado pola profesora Inés Piñeiro. Abel alzouse coa medalla de prata na modalidade de Fontanaría e Calefacción.

Parabéns a ámbolos dous!!

             
Distribuir contido