Lingua galega e Literatura

Departamento de Língua Galega

 

O Departamento de Lingua Galega e Literatura está formado na actualidade por 1 profesor e 1 profesora. 
As materias que se imparten son as correspondentes ós seguintes estudios:

 

 

1º ESO 2º ESO
• Lingua galega e literatura • Lingua galega e literatura
3º ESO 4º ESO
• Lingua galega e literatura • Lingua galega e literatura
1º BACHARELATO 2º BACHARELATO
• Lingua galega e literatura • Lingua galega e literatura
• Literatura galega do século XX
EDUCACIÓN DE ADULTOS
NIVEL III – MÓDULOS I, II
EDUCACIÓN DE ADULTOS
NIVEL III – MÓDULOS III, IV
• Ámbito de Comunicación • Ámbito de Comunicación


 

 

Os contidos mínimos esixibles nos distintos cursos pódelos consultar ou descargar aquí:
Obxectivos e contidos mínimos de Lingua Galega

 

 

OBRAS DE LECTURA DE LITERATURA GALEGA -  Tódolos niveis 

 

Somos un pobo de artistas!!

O pasado 22 de marzo, como broche ao segundo trimestre, o departamento de Lingua Galega e Literatura do noso centro, organizou un encontro do alumnado de 3º ESO e 1º de bacharelato co cantante, escritor, actor e profesor Xurxo Souto para falar sobre Luisa Villalta, escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Foi unha experiencia marabillosa; falounos da estreita relación entre a música e a literatura, de como moitos dos poemas de autoría galega, Pondal, Rosalía ou Curros foron musicados e versionados por moitos artistas galegos. Trouxo á nosa memoria temas de Los Tamara con Pucho Boedo ou Andrés do Barro, que moitos cantamos. O alumnado e o profesorado presente disfrutou dunha actividade educativa e lúdica por igual. Ademais deixounos a súa dedicatoria no libro de firmas da nosa biblioteca.

KAHOOT das LETRAS GALEGAS

O departamento de Lingua Galega organiza este ano un Kahoot para os diversos niveis educativos e profesorado con motivo das Letras Galegas. Animádevos a participar!!!:

1º e 2º ESO     3º e 4º ESO     Bacharelato     ESA, Ciclos básico, medio e modular     Profes

Data límite: 28 de maio

Concurso de Poesía

O Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística do IES de Fene convocan un concurso de POESÍA no que poderá participar todo o alumnado do Centro 

Se estudas no IES de Fene podes participar neste concurso, é doado e si que podes. Busca entre os teus libros, busca no camiño que percorres a diario para ir ao INSTITUTO, entre as túas amigas e amigos, fala cos teus abós, fala co irmán pequeno que non te deixa en paz, escoita na parada do bus e nu montón de sitios máis,  seguro que che aparecen vresos con rima ou sen ela, metáforas e ata sonetos. Participa!

O prazo para a presentación das poesías remata o 30 de abril

 BASES:descargar documento coas bases do concurso
(16-4-2013)

Ana Armenteros: tiven que esforzarme moito para escribir "Mais de noventa outonos"

Ana, gañadora do primeiro premio no Certame Poético 2010 organizado polo Deaprtamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística, estuda 3º de ESO no noso instituto. Fala paseniño e cun aire reflexivo, cecais froito da súa gran creatividade e imaxinación. Recoñece que escribir este poema lle supuxo un gran esforzo e en algun momento séntese en débeda coa nai "na miña casa hai moitos libros, a miña nai le moito". É consciente de que para escribir é preciso ser boa lectora

Equipo web: Cando comezaches a escribir?

Ana: Fai moito tempo escribía historias e cómics, pero parei. Pedíronme que escribira poesía para esta ocasion, e esforceime bastante, non foi doado escribir este poema. Aparte de consultar o dicionario tiven que recorrer a outros libros.

Equipo web: Que é o que mais che gusta facer agora?

Ana: Seguen gustándome mais o cómic e debuxar.

De momento non pensa na publicación dos seus debuxos e comics,  ten moitos gardados e alguns xa se perderon

Equipo web:  Que che gusta ler?

Ana: o meu tipo de lectura favorita é de misterio, debería ler mais porque me sería mais facil escribir

Equipo web:  En que te inspirache para escribir este poema?

Ana: Tiñamos que escribir sobre problemas sociais. Pensei nos problemas que teñen os vellos, que non os poden coidar e lévanos á residencia.

Equipo web:  Sobre que tratan os teus debuxos? 

Ana:  Gústame a aventura, polo tanto os debuxos tratan de aventuras, de seres estraños, algo fantástico, imaxinativo….

Equipo web:  Imaxina que atopas un lapis, poderías escribir unha historia a partir del?

Ana: Si, sobre as mans polas que pasou o lapis, que faría con ese lapis, pode ser un criminal ou terrorista que andaba planeando cousas… Sería unha novela negra, inventaría cousas de misterio

No futuro, aparte de debuxar e escribir no seu tempo de ocio, gustaríalle ter un traballo normal. 

 

MÁIS DE NOVENTA OUTONOS

Con máis de noventa outonos chora a vella,

semella un gran lirio a súa branca cabeza,

coma unha flor murcha abre a reixa.

Que paseniño camiña a pobre vella!

 

Mira sen ver as follas caídas e vellas

o novo outono que agora comeza.

Sóbese no coche que de alí a alonxa,

mentres que anguria unha congoxa.

 

Xa non voltará aos seus campos nin á súa aldea.

xa non voltará máis á súa vida aquela.

xa chegou o outono para ela.

 

Pero mantén a esperanza a pobre vella

que soña que voa cara á súa aldea

mentres tanto o outono chora por ela.

 

. Tíralle da lingua. Contando contos en Santiago

O pasado 28 de abril, un grupo de estudantes de 2º de ESO acodiron a Santiago para participar no concurso "Tíralle da lingua" acompañados das súas profes Sabela e Mª Carmen. O concurso desenvolveuse no Teatro Principal da cidade de Santiago de Compostela, alí representaron o conto O leon e o paxaro rebelde, de Bernardino Graña.

Pola tarde pasaron polo Paraninfo de Xeografía e Historia e subiron á terraza onde gozaron das magnificas vistas da cidade, e disfrutaron dunha visita guiada ao Pazo de Fonseca, asi como dun grato paseo pola cidade de Santiago.  

 

 
Mais fotos, na Galería

 

Certame poético no IES de Fene

O departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística do IES de Fene veñen de organizar o Certame Poético 2010 no que participaron numerosos estudantes deste centro. En días pasados reunironse as persoas que compoñen o xurado, dous alumnos de Bacharelato, Tamara e Miguel, dous profesores, Jose Luis e Miguel Anxo e unha representante de Radio Fene para seleccionar os mellores poemas presentados a concurso. O seu fallo foi o seguinte: 1º premio para Ana Armenteros, alumna de 3º de ESO polo seu poema Mais de noventa outonos, 2º premio para Marta Vázquez polo poema O último segundo, de 2º de ESO, e dous Accesit para Silvia Iglesias de 1º de ESO polo poema Eu son e Graciela Feal de 3º de ESO polo poema O camiño das ledicias.

 

 

 1º Premio: Ana Armenteros. de 3º de ESO  2º Premio: Marta Vázquez, de 2º de ESO
 MÁIS DE NOVENTA OUTONOS

Con máis de noventa outonos chora a vella,
semella un gran lirio a súa branca cabeza,
coma unha flor murcha abre a reixa.
Que paseniño camiña a pobre vella!

Mira sen ver as follas caídas e vellas
do novo outono que agora comeza.
Sóbese no coche que de alí a alonxa,
mentres que anguria unha congoxa.

Xa non voltará aos seus campos nin á súa aldea.
Xa non voltará máis á súa vida aquela.
Xa chegou o outono para ela.

Pero mantén a esperanza a pobre vella
Que soña que voa cara á súa aldea
E mentres tanto o outono chora por ela

 
O ÚLTIMO SEGUNDO

Reflexos vermellos tinguen a auga da lagoa,
O olor a óxido flota no aire,
O sangue esparéxese polo chan,
Como un río que corre ata a desembocadura.

E xunto un olmo tendido sobre os pétalos
Caídos das mapoulas, un corpo desángrase lentamente,
Cunha daga cravada no corazón, inmaterial pero presente,
E outra, a que máis lle doeu, na fronte.

Os raios dun sol primaveral caen sobre os seus cabelos,
E o home bota un último suspiro,
E cruza a porta.
(pluma azul)


 

 

 Accesit: Silvia Iglesias, de 1º de ESO
Accesit: Graciela Feal,  de 3º de ESO 

EU SON

Eu son o universo,
A xente nacida.

Unha caracola,
Unha vida perdida.

Eu son un peixiño,
A vela encendida.

Un barquiño no mar,
Toda a auga bebida.

Eu son unha folla,
O vento que a leva.

A boneca antiga,
A mellor amiga
.

O CAMIÑO DAS LEDICIAS

Nun mundo de tolos, que soñou un neno?
soñou cun mundo algo máis levadeiro
sen armas, sen fogos, sen paro, nin medo.

Un mundo sen loita, algo preguiceiro
no que as casas foran de caramelo
como por obra dalgún feiticeiro
.

Un mundo perfecto, de moitos irmáns
sen muros, nin rabia, por encantamento
no que se rexen  polo entendemento
políticos, reis e todos os cidadáns.

Mais este soño é un soño de nenos
un soño sen base, nin orden, nin feito
cheo de desexos para os pequenos
para que sexan libres dalgún xeit
o

 

Certame Poético 2010

   CONCURSO DE POESÍA

O Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística do IES de Fene convocan un concurso de POESÍA no que poderá participar todo o alumnado do Centro e que se rexerá polas seguintes BASES:


1ª- Cada participante pode presentar un máximo de tres poemas escritos en lingua galega.

2º- As composicións han de ser BREVES: a extensión máxima é de 14 versos.

3ª- Cada un dos poemas introducirase nun sobre no que conste un pseudónimo. Ademais incluirase unha plica cos datos d@ autor/a.

4º- As poesías deberán ser presentadas antes do día 9 de abril de 2010. Poderán entregarse a calquera membro do Departamento de Lingua Galega ou do Equipo de Normalización.

5º- Concederanse dous premios: material cultural, audiovisual, deportivo por un importe total de 30 euros no caso do primeiro premio, e por un total de 15 no caso do segundo.

6ª-  O  xurado será designado polo Equipo de Normalización Lingüística e o seu fallo será inapelable.

Fene, 1 de marzo de 2010

COMUNICADO DO DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA DO IES DE FENE

   
 O Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES de Fene acordou por unanimidade manifestar o seu apoio ao documento feito público onte, luns día 18 de xaneiro de 2010, pola Real Academia Galega co título de  Análise das Bases para o Decreto de Plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia no que se rexeitan as Bases propostas polo Goberno Galego remitidas a esta Institución o pasado30 decembro de 2009.

  O Departamento desexa facer fincapé nalgunhas das ideas desenvolvidas pola RAG, argumentos que substentan o desbotamento das  citadas Bases.

1- As Bases propostas polo actual Gobeno galego NON se substentan na mellor organización do proceso pedagóxico, e poderían supoñer un marcado retroceso no proceso de normalización infrinxindo así a lexislación vixente.

2. A base legal de calquera política lingüística que vele pola convivencia pasa pola necesidade de corrixir positivamente unha situación histórica de desigualdade desfavorable ao galego. Son lícitas na actualidade as políticas que pretenden facer normal o uso da lingua desfavorecida para garantir o dereito constitucional de coñecela e usala.

3- Tamén se fai constar un principio básico da xurisprudencia, a denominada discriminación positiva para corrixir desigualdades históricas. En base a isto establécense procesos de normalización progresivos. O galego pode ser legalmente centro de gravidade no ensino sempre e cando se garanta a aprendizaxe e uso do castelán no sistema escolar; ese é o límite do marco legal vixente.

4- Critícase o tratamento neutro que as Bases propostas polo Goberno galego dan as linguas: Galego. castelán e inglés, ao 33,33%?,  dando por feito o equilibrio e a igualdade nun claro acto de desigualdade, mesmo incluindo unha língua que non é oficial que se iguala ás duas oficiais.
 
5. Denuncia que a enquisa vinculante dirixida aos pais polo Goberno galego a fins do curso anterior non é legal. O Tribunal Constitucional nega o dereito a que os pais elixan a lingua do ensino. Esta é unha tarefa dos poderes públicos obrigados a corrixir o desequilibrio e a desigualdade. Ademais, unha enquisa oficial e legal nunca  debe formular preguntas de resposta condicionada. Este requsito non se cumpriu tampouco en dita enquisa.

 

     Fene, 19 de xaneiro de 2010

     A Xefa do departamento

 


     Asdo. Mª Pilar Sanmartín Alonso

Distribuir contido