Relixión

Departamento de Relixión

O departamento está formado por un profesor.  As materias que imparte son as correspondentes ós seguintes estudios:

1º ESO 2º ESO
• Relixión • Relixión
3º ESO 4º ESO
• Relixión • Relixión
1º BACHARELATO  
• Relixión

Resumos programacións 2021-22

1º ESO     2º ESO     3º ESO     4º ESO
1º BACHARELATO     2º BACHARELATO            

A GRAN RIQUEZA DO CONCILIO VATICANO II

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

O "Oriente" de hoxe témolo máis próximo se ollamos e atendemos as necesidades de tódolos irmáns que sofren ao noso arredor: Pais de familia con dificultades para chegar ao fin de mes, mozos sen emprego, enfermos sen esperanza, anciáns que non teñen quen os queira, nenos abandonados á súa sorte, inmigrantes que veñen en busca dun mundo máis solidario, e moitas veces atópanse coa morte antes de chegar, etc. Creo que esta é unha das boas maneiras de "ollar cara Deus" por medio do seu Fillo Xesús Resucitado.

Por Manel.

 

Comezo este comentario recoñecendo que para min, e posiblemente para unha gran maioría de crentes, o acontecemento fundamental da historia cristiá do século XX é indubidablemente o Concilio Vaticano II. Convocado no ano 1962 por Juan XXIII, e clausurado pola súa Santidade  Pablo VI no 1965. Acontecemento non só católico, senón con enorme repercusión ecuménica que marcou notoriamente tódalas Igrexas.

A convocatoria do deste Concilio que non estaba destinado  a condenar a ninguén e sí, en cambio, a renovar o espírito  da Igrexa e a dialogar co mundo, produciu un entusiasmo xeral e non só por parte dos católicos, senón tamén noutras confesións cristiás  e en moitas persoas de boa vontade situadas á marxe das igrexas cristiás. Polo tanto non debía ser un concilio para combater algún erro doutrinal ou algunha ideoloxía anticristiá. Debería ser un Concilio de diálogo, de apertura, de reconciliación e de unidade; de aí o título de "ecuménico". Pero a súa apertura estenderase moito máis alá das Igrexas cristiás, chegando a interpelar, como era costume do Papa Bo,  a todos os homes e mulleres de bo corazón. Por primeira vez en moitos séculos a Igrexa non quería continuar sendo inimiga do progreso, da liberdade e da democracia. Por primeira vez os católicos poderiamos facer nosos, sen temor a condena, os principios de "liberdade", "igualdade" e " fraternidade".

A apertura do Concilio Vaticano II  é un feito dunha importancia histórica tan relevante que non está de máis volver a lembrala, aínda que o fagamos unha forma máis breve pola falta de espazo. O papa, con moita sinxeleza e con  gran forza de ánimo, no seu discurso de case cinco horas de duración, empezou dicindo: " A Nai Igrexa alégrase e exulta de gozo". Era o comezo para disipar os temores e os  medos a se  deixar encher pola alegría do Espírito. Pero logo o Papa Juan XXIII non deixou de sinalar con firmeza aos falsos "profetas desdichas" ou "profetas desgrazas"

concilio

"No exercicio diario do noso ministerio apostólico acontece con frecuencia que disturban os nosos oídos as voces daquelas persoas que teñen gran celo relixioso, pero carecen de sentido suficiente para valorar correctamente as cousas e son incapaces de emitir un xuízo intelixente. Na súa opinión, a situación actual da sociedade humana está cargada só de indicios de solpor  e de desgraza...Temos unha opinión completamente distinta ca estes profetas de desgrazas, que prevén constantemente a desgraza, coma se o mundo estivera a punto de perezer. Nos actuais acontecementos humanos, mediante os que a humanidade parece entrar nunha orde nova, hai que recoñecer máis ben un  plan oculto de providencia divina"

Estas frases resultaron ser unha resposta aos medos dos eclesiásticos do seu contorno máis inmediato, coma se non  houbesen aprendido nada na historia, que é a mestra da vida, e coma se no tempo dos concilios ecuménicos precedentes triunfasen plenamente  o pensamento e a vida cristiá, así como a xusta  liberdade relixiosa; e tamén unha réplica a unha tendencia que en todos os tempos encontra adeptos na Igrexa.

Definido a tarefa do Concilio e a misión da Igrexa, Juan XXIII afirma que non basta con repetir e copiar o que concilios anteriores ensinaron. Trátase, máis ben, de considerar a herdanza de vinte séculos  de cristianismo como algo que, por riba de todas as controversias, converteuse en patrimonio común de toda a humanidade. E precisamente por iso, dicía el; "non se trata de conservarnos atrapados polo antigo; pola contra, hai que realizar, con alegría sen temor, a obra que require o noso tempo".

O Concilio Vaticano II foi unha posta ao día da Igrexa co fin de promover o desenvolvemento da fe para acadar unha renovación moral da vida dos fieis adaptándoa as necesidades dos novos tempos. Tanto os dous Romanos Pontífices que interviñeron, como, como os Pais Conciliares, souberon conxugar o espírito de renovación como o significado e a herdanza da tradición. Deste xeito, e aínda hoxe, o Concilio Vaticano II é o compás dos cristiáns que buscamos acadar a plenitude da  nosa vida cristiá; pero a pesar do tempo transcorrido, aínda non se esgotou nin se puxo do todo en práctica, de maneira especial a función e a participación dos laicos no seo da Igrexa. Tristemente na actualidade non é complicado o poder comprobar que o proceso de asimilación da súa mensaxe non está de todo concluído.

Algúns (cunha notoria nostalxia de tempo pasados) están intentando borrar o seu recordo porque os desafíos que o Concilio Vaticano II segue expoñendo hoxe en día son moi incómodos. Sen embargo, " o Novo Pentecostés" invocado polo Beato Xoán XXIII segue abrindo portas e ventás para que lle siga entrando ese "aire fresco e renovador do Espírito" a unha Igrexa cuxa principal misión é a de estar sempre dispoñible a escoitar as angustias e as esperanzas do mundo actual: "Os gozos e as esperanzas, as tristuras e as angustias dos homes do noso tempo, sobre todo dos pobres de cantos sofren, son a un tempo gozos e esperanzas, tristuras e angustias dos discípulos de Cristo. Nada hai verdadeiramente humano que non encontre eco no seu corazón".

Un dos grandes temas do Concilio e o primeiro sobre o que traballaron os Pais Conciliares foi a Liturxia. Este foi o texto preparatorio que mellor fora acollido por eles. Os expertos que prepararon o borrador eran todo animadores recoñecidos do movemento litúrxico. Grazas a este documento, a Igrexa en todo o mundo pasou rapidamente da lingua latina aos idiomas nacionais; subliñouse a importancia da Igrexa local e da liturxia da Palabra. O documento conciliar sobre a liturxia foi o primeiro en ser aprobado con 2.147 bispos a favor e só 4 en contra, o 4 de decembro de 1963. A partir desta data, non fixo falta que pasasen moitos meses máis para que a Reforma Litúrxica xa fose entrando en vigor en todo o mundo.

Outro dos temas importantes trata da Constitución conciliar sobre a Igrexa. Xa o Cardeal Montini (o futuro Papa Pablo VI) lanzara ao comezo do Concilio o famoso interrogante: "¿Igrexa, que dis ti mesma?". Os bispos case por unanimidade (2.151 a favor e 5 en contra) contestaban ao mundo enteiro que a Igrexa, corpo místico  e pobo de Deus en camiño, é ao mesmo tempo comunidade visible e espiritual. O Concilio fala da Igrexa Pobo de Deus, que todos os seres humanos están chamados a integrar; logo explica a función dos bispos, sacerdotes e diáconos e presenta un capítulo enteiro dedicado aos laicos.

Tamén se aprobaron moitos outros decretos: sobre os bispos, os presbíteros, a vida relixiosa, a formación sacerdotal, a educación cristiá, sobre as relixións non cristiás e a liberdade relixiosa, sobre o apostolado de laicos e sobre a actividade misioneira.

En definitiva, o desexo case unánime dos 2.500 bispos presentes no Concilio era chegar a unha reforma litúrxica próxima ao pobo, que permitise a súa participación. Redescubrindo as antigas tradicións litúrxicas, o pobo ven a ser de novo protagonista das celebracións e da vida eclesial. Para iso o Vaticano II restaurou o lugar da Palabra de Deus como fundamento de toda a vida cristiá. O Maxisterio non está por riba da Palabra de Deus pode e debe achegarse á Biblia para que esta ilumine a súa vida. Esta definición da Igrexa (Pobo de Deus) valora a condición cristiá de tódolos integrantes da Igrexa, laicos e ministros.

Se agora me decido a escribir estas liñas, é porque como cristián que trata de encontrar algún día o camiño do Reino, sorpréndeme a aparición dunha "asociación" dedicada, segundo algúns dos seus membros, a "preservar e fomentar a liturxia tradicional" do Concilio de Trento, utilizando para iso un rito de fai máis de 500 anos. Trátase do rito romano de San Pío V, en latín e co sacerdote ollando o altar (ás costas do Pobo de Deus). Din: "En realidade a Oriente", "con todos ollando cara Deus". Un dos sacerdotes oficiantes chegou a comentar: "Sento que así se expresa mellor o misterio da fe"...."Porque con este rito se entende mellor o sacerdocio"

Coñezo a algún dos membros desta asociación e de verdade que merécenme  o máximo respecto e consideración; pero non podo ocultar que estas celebracións en pleno século XXI, xa deberían formar parte da historia da Igrexa. O "Oriente" de hoxe témolo máis próximo se ollamos e atendemos as necesidades de tódolos irmáns que sofren ao noso arredor: Pais de familia con dificultades para chegar ao fin de mes, mozos sen emprego, enfermos sen esperanza, anciáns que non teñen quen os queira, nenos abandonados á súa sorte, inmigrantes que veñen en busca dun mundo máis solidario, e moitas veces atópanse coa morte antes de chegar, etc. Creo que esta é unha das boas maneiras de "ollar cara Deus" por medio do seu Fillo Xesús Resucitado.

Segundo o Concilio Vaticano II, co bautismo capacítasenos para a liberdade de escoitar e de expresar. O bautismo abre os nosos oídos e desata a nosa lingua, para que poidamos comunicarnos con Deus e co próximo  con liberdade e con plenitude. Xesús non quere unha comunidade de ovellas mudas e submisas que só saben dicir amén; unha comunidade onde os laicos soamente poidamos oír pero sen expresarnos. Hoxe úrxenos a este mutuo esforzo de escoitar aos demais desde o corazón, e de comunicar a nosa palabra con humildade e valentía, nunha linguaxe no que todos nos entendemos.

Manel

Campás pola gripe A

TERESA FORCADES, doutora en Salúde Pública, fai unha reflexión sobre a historia de la GRIPE A, aportando datos científicos, e enumerando as irregularidades relacionadas co tema.

Explica as consecuencias da declaracion de PANDEMIA, as implicacións políticas que diso se derivan e fai unha proposta para manter a calma, así como un chamamento urxente para activar os mecanismos legais e de participación cidadá en relación a este tema.

 

CAMPANAS POR LA GRIPE A from ALISH on Vimeo.

Distribuir contido