Lingua inglesa

Língua inglesa

O departamento está formado por 2 profesoras e 1 profesor. As materias que se imparten son as correspondentes ós seguintes estudios:

 

1º ESO 2º ESO
• Lingua estranxeira • Lingua estranxeira
3º ESO 4º ESO
• Lingua estranxeira • Lingua estranxeira
1º BACHARELATO 2º BACHARELATO
• Lingua estranxeira • Lingua estranxeira
EDUCACIÓN DE ADULTOS
NIVEL III – MÓDULOS I, II
EDUCACIÓN DE ADULTOS
NIVEL III – MÓDULOS III, IV
• Lingua estranxeira • Lingua estranxeira

 

Resumos programacións 2021-22

1º ESO     2º ESO     3º ESO     4º ESO
1º BACHARELATO     2º BACHARELATO            

IES FENE SHORT FILM FESTIVAL I. The winners

 

O pasado mércores 29 de abril tivo lugar a cerimonia de entrega de premios do 1º Certame de curtametraxes en inglés do IES de Fene. Contou cos propios participantes no certame como presentadores en inglés do evento, así como con actuacións musicais tamén dos participantes. Os premios quedaron repartidos como segue

 

 

 

 BEST TRAILER:  WHAT IS HIDDEN BENEATH FRIENDSHIP

 BEST SETTING  UNEXPECTED HIT

 BEST MUSIC: SKIPPING CLASSES

 BEST EDITING:  RUTHERFORD'S LAB

  BEST SCREENPLAY: RUTHERFORD'S LAB

  BEST ACTOR in a supporting role: AITOR CASAL & JORGE GÓMEZ

 BEST ACTRESS in a supporting role: MAITE MARTÍNEZ

 BEST ACTRESS in a leading role:  ANDREA VILARIÑO

 BEST ACTOR in a leading role: CRISTIAN FONTICOBA

 BEST FILM: UNEXPECTED HIT

 THE AUDIENCE AWARD TO THE BEST FILM(1º BACHILLERATO AWARD) UNEXPECTED HIT

I CERTAME DE CURTAMETRAXES EN INGLÉS DO IES DE FENE

O mércores 29 de abril,  12:05 a 14:05 terá lugar a Cerimonia de entrega de premios do  I CERTAME DE CURTAMETRAXES EN INGLÉS DO IES DE FENE, organizado polo departaménto de Inglés e no que participa alumnado de 2º de bacharelato

Contamos con 5 curtametraxes para este certame: 

- What is hidden beneath friendship

- Without juice in the veins

- Rutherford's Lab

- Skipping classes

- Unexpected hit

VER TRAILERS E POSTERS

Alumnos do IES de Fene clasifícanse nun debate sobre linguas minoritarias celebrado na Universidade de Deusto

Saben que as palabras poden agochar a verdade,  que  os tópicos son inimigos da reflexión e que hai quen  utiliza ideas alleas como propias, defendéndoas coma se fosen verdades reveladas. Demostraron sobrada capacidade intelectual para argumentar con rigor sobre linguas minoritarias, nunha xornada de debates organizada polo EYP ( European Youth Parliament). Con razón din que a palabra exacta sería “minorizadas”.

Mateo García, Ana Montes, Paula González, Alba Rivas e Alexandre Chao (Xano),  armados con  coñecementos de Sociolingüística “Grazas ás clases de galego de Lula (Pilar Sanmartín) “ , a  afirmación é de Alba,  os demais asenten, chegaron á Universidade de Deusto despois dunha viaxe con contratempos, “ saímos de Fene ás catro da tarde. Como a viaxe foi longa, tivemos que cear en Castro Urdiales,  chegamos a Bilbao ás tres da mañá”. Ese mesmo día, o 23 de febreiro ás sete da mañá,  están  en pé para ir aos debates á Facultade de Socioloxía de Deusto.  Primeiro xogos de integración cos participantes do País Vasco e de Zaragoza para “romper o xeo”, despois  asisten á conferencia pronunciada polo exdiplomático inglés Shaun Riordan, co título "Unha xeración perdida?",  que lles pareceu  moi interesante e  “moi ben falado”.

Cando van intervir,  danse de conta de que  houbera un fallo de comunicación a través do correo electrónico cos organizadores e vense na obriga de modificar sobre a marcha os puntos sobre os que  que van falar, imrpovisan  e  teñen que  “botar  man da cultura xeral”.

Case unha hora de debate, entre exposición e defensa do mesmo, fronte aos demais participantes, despois hai que facer a crítica aos outros participantes, todo puntúa. Cando rematan,  son felicitados polos propios organizadores e quedan de segundos, o que os clasifica para a fase seguinte: “ A viaxe valeu a pena”.

Aos organizadores sorpréndelles a fluidez coa que se expresan nun debate realizado integramente en inglés, e eles senten  satisfacción cando  afirman: “démonos de conta de que nos defendíamos   ben nese idioma”. Non só se decataron de que podían falar e entender o inglés sen problemas, ademais venceron a timidez. Ana Montes e Alba din “somos moi vergoñosas e isto foi importante para nós”. Xano foi o que, con êxito,  convenceu aos demais para participar, ainda que ao final foi cousa de todos. Acompañáronos os profesores Eva Gondel e José Luís Souto, todos se amosan orgullosos polo éxito conseguido.

O IES de Fene felicítaos polo seu traballo. Parabéns!!

 

 

 

 

 

 

Debate en Deusto

Debate en Deusto

Alumnos do IES de Fene clasifícanse, en Deusto, no debate sobre linguas minoritarias . Parabéns!

Demostraron sobrada capacidade intelectual para argumentar con rigor sobre linguas minoritarias, nunha xornada de debates organizada polo   EYP( European Youth Parliament). Quedaron segundos clasificándose para a fase seguinte

Seguir lendo

Alumnos de 2º de Bacharelato desprázanse a Bilbao para participar no European Youth Parliament, na Universidade de Deusto

Un grupo de alumnos de 2º Bacharelato vai participar nunha xornada de debates organizada polo EYP ( European Youth Parliament), nunha sesión de selección a nivel nacional que terá lugar en Bilbao o día 23 de Febreiro, o GA Day ( ‘General Assembly Day’). Representarán á Comisión de Cultura e Educación e o seu tema a defender  será  ‘As linguas minoritarias na Unión Europea: unidos na diversidade’, tema que posteriormente será debatido na asamblea xeral.A xornada de debates terá lugar na  Universidade de Deusto e  está organizada polo  EYPE (European Youth Parliament España),   unha asociación xuvenil  europea que ten como  obxectivo fomentar o  espíritu europeo entre a xuventude. O EYPE organiza competicións  de debate  e unha destas vaise realizar na  Universidade de Deusto,  na que participarán alumnos do IES de Fene. A sede dos debates será a Faculatde de Dereito e Ciencias Sociais . Esta iniciativa do IES de Fene está coordinada por Eva Gondel e José Luís Souto (profesores do instituto de Fene)A apertura das sesións iniciarase cunha conferencia ás 10:30 de Shaun Riordan,o título da mesma é : "unha xeración perdida?"Despois do "lunch", ás 16:00, empezarán os debates, en inglés, neles  participarán os alumnos do IES de FENE. Desexámoslles sorte, e dende aquí os nosos parabéns por participar nesta iniciativa tan interesante para defender as linguas minoritarias  (22-2-2013)
» Engadir novo comentario.82 lecturas
 
 

Distribuir contido