Alumnos de 2º de Bacharelato desprázanse a Bilbao para participar no European Youth Parliament, na Universidade de Deusto

Un grupo de alumnos de 2º Bacharelato vai participar nunha xornada de debates organizada polo EYP ( European Youth Parliament), nunha sesión de selección a nivel nacional que terá lugar en Bilbao o día 23 de Febreiro, o GA Day ( ‘General Assembly Day’). Representarán á Comisión de Cultura e Educación e o seu tema a defender  será  ‘As linguas minoritarias na Unión Europea: unidos na diversidade’, tema que posteriormente será debatido na asamblea xeral.A xornada de debates terá lugar na  Universidade de Deusto e  está organizada polo  EYPE (European Youth Parliament España),   unha asociación xuvenil  europea que ten como  obxectivo fomentar o  espíritu europeo entre a xuventude. O EYPE organiza competicións  de debate  e unha destas vaise realizar na  Universidade de Deusto,  na que participarán alumnos do IES de Fene. A sede dos debates será a Faculatde de Dereito e Ciencias Sociais . Esta iniciativa do IES de Fene está coordinada por Eva Gondel e José Luís Souto (profesores do instituto de Fene)A apertura das sesións iniciarase cunha conferencia ás 10:30 de Shaun Riordan,o título da mesma é : "unha xeración perdida?"Despois do "lunch", ás 16:00, empezarán os debates, en inglés, neles  participarán os alumnos do IES de FENE. Desexámoslles sorte, e dende aquí os nosos parabéns por participar nesta iniciativa tan interesante para defender as linguas minoritarias  (22-2-2013)
» Engadir novo comentario.82 lecturas