Xefatura de estudios

Nova charla da Escola de Familias

Este vindeiro venres 3 de maio desenvolverase a última sesión da Escola de Familias do IES de Fene. A charla dará comezo ás 16:30 no salón de actos do edificio A e xirará en torno ao benestar emocional na adolescencia e as estratexias para promover un desenvolvemento san.

Acreditación da competencia dixital

Acreditación do alumnado de ESO

  • O alumnado que obteña o título de graduado/a en ESO recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación da competencia dixital
  • O alumnado matriculado en 4º de ESO poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de obter a acreditación do nivel intermedio de competencia dixital

Acreditación de alumnado de bacharelato

  • A obtención do título de bacharelato acredita que o alumnado ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio de competencia dixital
  • O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica para acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propios da área 4 do nivel intermedio de competencia dixital

Solicitude e inscrición nas probas

  • Entregar o modelo de solicitude cuberto no centro educativo. Descarga o impreso en formato editable ou en formato pdf
  • Data límite, 14 de marzo

Resolución do 28 de febreiro

Marco galego de competencias

Acceso á demo da proba

Segunda sesión da Escola de Familias

Este vindeiro venres 19 de abril desenvolverase a segunda sesión da Escola de Familias do IES de Fene. A charla dará comezo ás 16:30 no salón de actos do edificio A e xirará en torno á comunicación e o establecemento de límites e normas durante a adolescencia.

 

Comezo das charlas da Escola de Familias

Este próximo venres 23 de febreiro terá lugar no IES de Fene ás 16:30 a primeira das sesións da Escola de Familias. Nela tratarase o tema do acompañamento dos adolescentes durante o estudo.

Agardámolos!!

Escola de familias

Durante os meses de febreiro, marzo e abril estará en funcionamento no IES de Fene unha escola de familias. Celebraranse varias charlas nas que se tratarán diversos temas que poden consultar no cartel adxunto, así como as datas e horarios das sesións.

Días propios non docentes

O pasado 14 de setembro o Consello Escolar aprobou coma días propios non lectivos do centro para o presente curso os seguintes: 13 de outubro de 2.023 e 20 de maio de 2.024.

Inicio do curso 2023-2024

 

As presentacións da ESO, bacharelato e CM ordinario e dual serán o luns día 11 de setembro, no seguinte horario

  • 10:30 h. ESO (1º e 2º ESO no salón de actos "Xaquín Marín", 3º e 4º irán directamente ás correspondentes aulas) e FP Básica (salón de actos edificio FP).
  • 12:00 h. Bacharelato (salón de actos "Xaquín Marín") e 1º CM (salón de actos edificio FP).
  • 12:30 h. 2º CM ordinario e dual (salón de actos de FP).

O martes 12 ás 16:15 h será a presentación e comezo das clases do CM modular no salón de actos de FP. 

Con motivo do inicio de curso desenvolveranse diferentes actividades; contaremos coa presenza de Uxía Doval, exalumna do IES de Fene e compoñente do grupo Xirifeiras, e desenvolveranse charlas a cargo de Pedro Cruzado, vicepresidente da asociación Betula, e do responsable da empresa Automoción Vilar do Colo, Francisco Fernández Mascaró, tamén exalumno do IES de Fene.

Ese día o transporte escolar (ESO)  deixará o alumnado no centro ás 10:30 h. e recollerao ás 12:00 h.

O martes día 12 de setembro comezarán as clases no horario habitual.

 

Exames finais setembro ciclos FP Dual

 

Datas e horarios exames xuño FP: Alumnado con PD e probas libres

Alumnado con PD: pinchar aquí

Probas libres: pinchar aquí

Días non lectivos curso 2022-23

Comunícase que os días non lectivos elixidos polo centro para o presente curso son o 9 de decembro de 2.022 e o 2 de maio de 2.023.

Inicio do curso escolar 2022-23

Data, hora e lugar das presentacións.

 

Son todas o xoves día 8 de setembro.

10:30 h. ESO (1º e 2º ESO no salón de actos "Xaquín Marín", 3º e 4º irán directamente ás correspondentes aulas) e FP Básica (salón de actos edificio FP).

12:00 h. Bacharelato (salón de actos "Xaquín Marín") e 1º curso dos ciclos medios ordinario e dual (salón de actos edificio FP).

12:30 h. 2º cursos de ciclos medios (salón de actos de FP).

16:15 h. Ciclo Medio Modular (salón de actos de FP).

Con motivo do inicio de curso desenvolveranse diferentes actividades como a actuación da pandeireteira Gisela Sanmartín e as charla do biólogo Rubén Portela Carballeira e o emprendedor Miguel Ameneiros Vilasánchez, todos eles exalumnos do IES de Fene.

Ese día o transporte escolar (ESO)  deixará o alumnado no centro ás 10:30 h. e recollerao ás 12:00 h. O transporte metropolitano terá o horario habitual.

O venres día 9 de setembro comezarán as clases no horario habitual.

 

Matrícula para o curso 2022/23 ESO e Bacharelato

                         CALENDARIO PREFERENTE

Horario: Anotaremos na parte posterior do sobre da matrícula a hora asignada de forma individual (para cambiala, chamar por teléfono). Os sobres e impresos pódense recoller na conserxaría do centro.

3º e 4º ESO       28 de xuño
1º e 2º ESO       29 de xuño
1º Bacharelato       30 de xuño
2º Bacharelato       1 de xullo

 

Documentación para o alumnado que veña de fóra do centro:

1.- Sobre e impreso oficial de matrícula debidamente cubertos (facilítanse na conserxería ).

2.- Aboar 1,12 euros do seguro escolar no momento de realizar a matrícula (están exentos os maiores de 28 anos e os de 1º e 2º de ESO).

 O alumnado de 1º de ESO ten que traer fotocopia da tarxeta sanitaria.

3.- Fotocopia do DNI.
4.- Dúas fotografías tamaño carné, co nome e apelidos ao dorso.
5.- Fotocopia do título requirido ou certificación académica, segundo o caso. Non é preciso no caso do alumnado que proveña dos centros adscritos (Os Casais e O Ramo).
6.- Formulario/rexistro de patoloxías

 

                        Documentación para o alumnado do centro:

1.- Sobre e impreso oficial de matrícula debidamente cubertos (facilítanse na conserxería)
2.- Aboar 1,12 euros do seguro escolar no momento de realizar a matrícula (están exentos os maiores de 28 anos e os de 1º e 2º de ESO).
3.- Unha fotografía tamaño carné, co nome e apelidos ao dorso.
4.- Formulario/rexistro de patoloxías

 

*** Os pais/nais que desexen formar parte da ANPA cubrirán o impreso correspondente.

Entrega de boletíns de notas ESO e Bacharelato

A entrega de boletíns de notas dos grupos de ESO e Bacharelato terá lugar o luns 27 de xuño ás 12:00h. na aula correspondente a cada grupo.

Admisión e matrícula a Formación Profesional 2022/23

Prema aquí para acceder á información sobre os prazos do proceso de admisión en FP.

Calendario exames convocatoria extraordinaria Bacharelato, FP Básica e ESA

Prema aquí para consultar o calendario de exámenes.

Distribuir contido