Ciencias naturais

Ciencias Naturais

 

O departamento está formado por 1 profesor e 1 profesora1s. As materias que se imparten son as correspondentes ós seguintes estudios:

 

 

1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO
• Ciencias da Natureza • Ciencias da Natureza • Ciencias da Natureza • Bioloxía e xeoloxía
• Ciencias da terra e do ambiente
1º BACHARELATO 2º BACHARELATO EDUCACIÓN DE ADULTOS
NIVEL III - MÓDULOS I, II
 

• Bioloxía e xeoloxía

• Cultura Científica

• Bioloxía
• Xeoloxía
• Ciencias ambientais e da saúde
• Ciencias da natureza  


 

Visita á Cova do Rei Cintolo - Mondoñedo

Pouco a pouco, volvemos ás actividades que son habituais no centro e regresamos á cova do rei Cintolo. Esta visita é unha iniciación á espeleoloxía, que combina o coñemento da xeoloxía da cavidade,  co da vida que acolle e a súa relación co ser humano. Completamos a excursión cun paseo pola alameda dos Remedios, a praza da Catedral, a Ponte do Pasatempo e o Cemiterio Vello. Un recorrido que nos achega a ilustres mindonienses: Leiras Pulpeiro, Pascual Veiga, Carlos Folgueira "o Rei das Tartas", Marina Mayoral, e, por suposto, o noso señor Cunqueiro co seu mago Merlín… Todo un mundo.

Excursión a Mondoñedo

O martes, 4 de abril, o alumnado de bacharelato matriculado en materias impartidas polo Departamento de Ciencias Naturais tivo a oportunidade de coñecer a Cova do Rei Cintolo. Abel Vigo, o arqueólogo do concello, fixo da actividade unha clase práctica de educación física, ciencias naturais e historia. 

A xornada continuou cun pícnic na alameda dos Remedios e cun tranquilo paseo polas rúas e prazas de Mondoñedo. Antes de regresar, houbo tempo para unha parada no Cemiterio Vello e visitar as sepulturas de tres ilustres mindonienses: Pascual Veiga, Manuel Leiras Pulpeiro e Álvaro Cunqueiro. 

A Cova do Rei Cintolo Catedral de Mondoñedo Cemiterio vello

Charla de Emilio Varela no IES de Fene

O xornalista Emilio Varela volveu ao IES de Fene para impartir unha das súas  charlas. Nesta ocasión, o título foi “Atlantis: a ciencia do mito”. Contounos como unha  erupción volcánica na actual illa de Santorini puxo fin a unha civilización e deu, posiblemente, orixe ao mito da Atlántida. Non só foi  un recorrido interdisciplinar polo pasado. Emilio recordounos que todas as culturas tiveron un final e que a nosa forma de vivir a costa dun planeta limitado tamén nos obrigará a cambiar. A solución á sobreexplotación dos recursos e á contaminación non é un reto que se afronte voluntariamente. É unha necesidade.

Aproveitamos para recordarvos que, durante esta semana,  National Geographic  nos regala a todos o documental Before the flood; tamén se pode ver en castelán. Soupémolo via Microsiervos

Charla sobre xenética impartida polo Profesor Angel Carracedo no IES de Fene

13/02/2014 09:38
Etc/GMT+1

O mércores 12 de Febreiro, estivo no Instituto o catedrático de medicina legal Profesor Dr Ángel Carracedo Álvarez, que impartiu unhaO profesor Carracedo xunto á profesora Inmaculada Cienfuegos e un grupo de estudantes  conferencia sobre xenética, dirixida aos alumnos de 1º e 2º de Bacheralato. A actividade estaba organizada polo Departamento de Ciencias Naturais e Bioloxía, compre felicitar aos compoñentes do departamento polo éxito da mesma, xa que espertou un grande interés nos alumnos e alumnas asistentes como quedou demostrado polas intelixentes  preguntas que fixeron durante o coloquio.

Carracedo Álvarez é un dos ciéntificos que traballa en Galiza con maior proxección internacional, creou un grupo de investigación que se converteu en líder mundial en xenética forense e referencia xenómica, foi pioneiro na introdución de novas tecnoloxias para a identificación forense mediante xenética molecular, ten sido requerido para participar en pericias famosas como na inestigación das vítimas do tsunami no sudeste asiático. O Profesor Carracedo é ademais un gran comunicador e unha persoa próxima como puidemos comprobar todos os que asistimos á súa disertación, e ao final da mesma  fotografouse encantado  xunto a un grupo de estudantes.

O IES de Fene agradece a súa participación,  que considera de grande interese para  espertar a curiosidade ciéntifica na mocidade, que é a base para que apostemos polo coñecemento

Distribuir contido