Charla sobre xenética impartida polo Profesor Angel Carracedo no IES de Fene

13/02/2014 09:38
Etc/GMT+1

O mércores 12 de Febreiro, estivo no Instituto o catedrático de medicina legal Profesor Dr Ángel Carracedo Álvarez, que impartiu unhaO profesor Carracedo xunto á profesora Inmaculada Cienfuegos e un grupo de estudantes  conferencia sobre xenética, dirixida aos alumnos de 1º e 2º de Bacheralato. A actividade estaba organizada polo Departamento de Ciencias Naturais e Bioloxía, compre felicitar aos compoñentes do departamento polo éxito da mesma, xa que espertou un grande interés nos alumnos e alumnas asistentes como quedou demostrado polas intelixentes  preguntas que fixeron durante o coloquio.

Carracedo Álvarez é un dos ciéntificos que traballa en Galiza con maior proxección internacional, creou un grupo de investigación que se converteu en líder mundial en xenética forense e referencia xenómica, foi pioneiro na introdución de novas tecnoloxias para a identificación forense mediante xenética molecular, ten sido requerido para participar en pericias famosas como na inestigación das vítimas do tsunami no sudeste asiático. O Profesor Carracedo é ademais un gran comunicador e unha persoa próxima como puidemos comprobar todos os que asistimos á súa disertación, e ao final da mesma  fotografouse encantado  xunto a un grupo de estudantes.

O IES de Fene agradece a súa participación,  que considera de grande interese para  espertar a curiosidade ciéntifica na mocidade, que é a base para que apostemos polo coñecemento