Tecnoloxía

Departamento de Tecnoloxía

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

O departamento está composto por dous profesores e unha profesora. As materias que se imparten son as correspondentes ós seguintes estudios:

1º ESO 2º ESO
• Tecnoloxía • Tecnoloxía
3º ESO 4º ESO
• Tecnoloxía
• Informática

• Tecnoloxía
• Iniciación profesional á electricidade e electrónica

• Informática

1º BACHARELATO 2º BACHARELATO

•Tecnoloxía Industrial I

•Tecnoloxías da Información e da Comunicación

  Tecnoloxía Industrial II
• Electrotecnia
• Mecánica

GALERÍAS DE IMAXES DOS TALLERES DE TECNOLOXÍA

O IES de Fene na First Lego League

Dous equipos de alumnado do IES de Fene participaron o pasado 15 de febreiro na First Lego League, que tivo lugar en Ferrol. Acadaron o premio ao melllor deseño de robot. Moitos parabéns!!

Nova en La Voz de Galicia

Imaxes do evento en La Voz

WaterBots na TVG

Aqui podedes ver a reportaxe que fixo o equipo da TVG desprazado ata Fene para entrevistar ao equipo WaterBots que concursou na First Lego League e tras resultar gañadores da fase autonómica en Ferrol, estiveron concursando na fase nacional en Logroño

Senon visualizas o vídeo, preme aquí

WaterBots na Gran Final da First Lego League

Os pasados días 10 e 11 de marzo un grupo de alumnas e alumnos de 2º e 3º de ESO do IES de Fene participaron na Gran Final da First Lego League, celebrada en Logroño. A este evento accederon despois de ser os gañadores da fase rexional celebrada no Auditorio de Ferrol, tres semanas antes, e gañar ademais o premio ao comportamento do Robot.

O equipo WaterBots integrado por dúas rapazas e oito rapaces e dirixidos por dous profesores do centro, estiveron preparando o concurso desde principios do mes de xaneiro, dedicando varios recreos e un mínimo de dúas tardes cada semana.

Aínda que a First Lego League é coñecida como unha competición de robótica, a verdade é que se trata de moito máis, como reza un dos seus lemas “More than robots”. Os equipos deben preparar tres ámbitos diferentes:

•    O xogo do robot, no que teñen que programar un robot, construído con pezas de Lego, para que realice o maior número de misións, e consiga o máximo número de puntos, en dous minutos e medio.
•    O proxecto científico, que nesta edición tiña como fío condutor o ciclo da auga, no que os rapaces deben identificar un problema e presentar unha solución innovadora. O noso proxecto propón a reutilización das augas grises das vivendas, combinando un filtro mecánico con trampa para graxas cun filtro biolóxico mediante plantas microfitas.
•    Os valores postos en xogo como a integración, cooperación, competición amigable, reparto de tarefas e responsabilidade de cada membro para que o esforzo do grupo dea os seus froitos.

Por último, por si o anterior non fora suficiente, o equipo debe expoñer o traballo diante dos xuíces, que lles farán preguntas sobre o mesmo e valorarán o resultado. En resumo unha proposta moi completa que, se nos paramos a analizar, trataría a maioría dos estándares de aprendizaxe que abordamos ao longo do curso nas diferentes materias. Digamos que esta competición está na liña do que se está a falar nos últimos tempos e que son as competencias STEM, aúnar Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas para formar aos profesionais do futuro. Un auténtico desafío.

Aínda que non trouxemos premio da final, a experiencia foi fascinante e enriquecedora e nos serviu a todos, alumnos e profesores, para darnos conta de como podemos mellorar, pero tamén para valorar o interese, a implicación e predisposición de todos a invertir parte do noso tempo neste proxecto, e por riba de todo, a motivación coa que traballaron os compoñentes do equipo.

E agora toca pensar no próximo desafío... INTO ORBIT.

Ver mais fotos do evento

 

PARABENS!!

Alumnado de 2º e 3º de ESO do IES de Fene acada o primeiro posto na First Lego League, concurso de robótica celebrado o pasado sábado 17 de febreiro no Auditorio de Ferrol, e pasa á fase estatal que terá lugar en Logroño os días 10 e 11 de marzo. Moitos parabens aos alumnos e alumnas, así como aos seus profes Begoña e Manuel, e moitos éxitos en Logroño.

Pola súa parte, o equipo WaterBots - IES de Fene quere facer extensivos os parabens aos/ás alumnos/as e ex-alumnos/as que participaron en pasadas edicións e que co seu traballo abriron o camiño para acadar este galardón. MOITAS GRAZAS!!

Ler a nova en Diario de Ferrol

 

PARTICIPACION NA FIRST LEGO LEAGUE- GALICIA 2018

Un grupo de alumnos e alumnas do centro de 2º e 3º de ESO participarán na First Lego League Galicia o vindeiro 17 de febreiro no Auditorio de Ferrol. Desexámoslles moito éxito despois do traballo realizado durante os últimos meses cos seus profesores de Tecnoloxía Manuel e Begoña

Ségueos en Instagram: 

waterbots2018

Participación na First Lego League

Este sábado o equipo do IES de Fene de robótica AnonymousBot participará no concurso First Lego League no Auditorio de Ferrol. O concurso consiste nun torneo de robótica e nun proxecto científico, o deste ano tratará sobre o problema da extinción de varias especies de aves urbanas. Este proxecto está a ser difundido en diferentes medios coa intención de concienciar á xente deste problema.

LIGAZÓNS: 

Web da FIRST LEGO League Galicia

Ferrol360

Diario de Ferrol

La Voz de Galicia

Radiofusión

 

Concurso MECANO do Campus Industrial de Ferrol - 1º posto para o IES de Fene

O pasado 29 de novembro tivo lugar a última fase do concurso Mecano do do Campus Industrial de Ferrol da UDC na que participaron equipos dos institutos IES Otero Pedraio de Ourense, IES de Fene, Ies Lucus Augusti de Lugo, IES Francisco Asorey de Cambados e IES A Pinguela  de Monforte

O concurso tivo dúas fases, unha na páxina de Facebook na que se trataba de obter o maior número posible de "likes" para os traballos presentados  en vídeo por cada equipo, e unha segunda parte que tivo lugar o día 29 no campus ferrolán na que se trataba de presentar a idea do robot e súa execución. Cada fase puntuaba un 50% para o resultado final do concurso.

O equipo do IES de Fene formado por 19 alumnos e alumnas e liderado polo seu profesor de Robótica Manuel Couceiro, obtivo a máxima puntuación en ámbalasdúas fases polo que obtivo o primeiro posto no devandito concurso. Os/As estudantes recibiron como premio unha cámara tipo go-pro cada un/unha

Aqui podedes ver a nova en distintas publicacións:

El Correo Gallego

La Voz de Galicia - Fene

Diario de Ferrol

Facebook

Alumnas e alumnos do IES de Fene na First Lego League

Para quen non o saiba, hai outras competicións ademais do futbol, incluso de robótica. Este curso o IES de Fene coa inestimable axuda da ANPA levou a 12 estudantes á segunda edición da First Lego League, que tivo lugar na Facultade de Informática da Universidade de A Coruña; un lugar moi axeitado para este tipo de eventos. 

Era a nosa primeira participación nun evento deste estilo e penso que os resultados non estiveron nada mal, nós voltamos co Premio ao Emprendemento e no xogo do robot quedamos terceiros, pero quizá o que nos deixou mellor sabor de boca foi o ben que os rapaces e rapazas defenderon ante o tribunal o proxecto científico, os valores e o deseño do robot. Amosaron unha soltura que reflicte unha gran madurez, foron alternándose as respostas con confianza e improvisación, estiveron fantásticos. 

É de agradecer a presenza de público de Fene e non eran só pais e nais, que tamén había, como non podía ser menos. Alégrame que se valore a Tecnoloxía cando é creativa, colaborativa e incorpora outras disciplinas. Agora mesmo está nacendo un proxecto europeo, STEM, que sinala que as novas mentes pensantes serán como Leonardo da Vinci, artistas, pensadores, enxeñeiros e máis. 

Para rematar, gustaríame indicar que estamos nunha nova etapa; hai pouco comezaron as tecnoloxías da información e todo o software que se creou  en torno a elas fíxose indispensable  para manexarse na sociedade  actual (quen vive agora sen o seu smartphone ou sen o seu portátil?), pois agora estamos ante un novo cambio, que se cabe será máis rápido e vainos a pillar a todos: a robótica,  a impresión 3D e moitas máis cousas que polo momento resúltannos  imposibles de imaxinar. Como non corramos moi rápido perderemos o tren e logo os frikis van ser outros.

Manuel  Couceiro, profesor de Tecnoloxía

 

O pasado sábado 20 de febreiro o IES de Fene participou por primeira vez na First Lego League, e, aínda que a competición comezou con algúns problemas técnicos que fixo que se posicionase de xeito tímido nas puntuacións, os alumnos de 4º de ESO e de 1º de bacharelato, coordinados polo profesor Manuel Couceiro, lograron remontar a situación ata o punto de que gañaron o premio  Gabadi, ao emprendemento; seguramente avalado pola defensa coherente e razoada que fixeron dos proxectos.

Parabéns a tod@s, alumn@s e, por suposto, tamén ao profesor; ao final tantas tardes de traballo despois das clases víronse compensadas por este recoñecemento. pero lembrade que o mellor premio é todo o que aprendéchedes ao longo da preparación de todos os proxectos. 

Por último, agradecer á ANPA a súa colaboración co financiamento da inscripción do grupo neste concurso promovendo así todas as iniciativas que van xurdindo.

María Nogareda, directora

 
Distribuir contido