Música

Deaprtamento de Música

O departamento está formado por 1 profesora. As materias que se imparten son as correspondentes ós seguintes estudios:

2º ESO 3º ESO
• Música • Música
4º ESO 1º BACHARELATO
• Música • Música I
2º BACHARELATO  
• Historia da música

Musiqueando 2024

O pasado 25 de abril as clases de Música volveron saír á rúa pola celebración coñecida como Musiqueando, que reivindica a importancia das ensinanzas de Música na educación secundaria. Nesta ocasión as actuacións desenvolvéronse no salón de plenos do concello de Fene que como ven sendo habitual colabora con IES de Fene cedendo as instalacións e axudándonos no desprazamento.

Deixamos un pequeno vídeo como mostra desta actividade e felicitamos ao alumnado e á súa profesora Bárbara polo marabilloso traballo desenvolvido.

 

Festival A Mocidade coa Lingua

Un ano máis o grupo do IES de Fene, Arredemo, participou no festival A Mocidade coa Lingua organizado, como en anteriores ocasións, pola Coordenadora de Equipas de Dinamización da Lingua Galega. Nesta ocasión estiveron acompañados cos xilófonos do grupo de alumnos e alumnas de 2º de bacharelato e dirixidos, como de acostume, pola profesora de música Bárbara Mourelo. Noraboa ao grupo completo pola súa actuación.

Día Internacional da Paz

O pasado 30 de xaneiro o alumnado de Música de 1º de bacharelato, dirixidos pola súa profesora, Bárbara, ofrecéronnos un pequeno concerto para conmemorar o Día Internacional para a Paz e a Non Violencia, onde o tema estrela foi Imagine. Entre as intérpretes tamén estiveron alumnas de 4º ESO e a nosa compañeira de Filosofía, Navia.

 

 

Musiqueando 2023

O pasado xoves 27 de abril celebrouse en todo o país o festival Musiqueando. Esta iniciativa pretende dar visibilidade á música que se fai nas escolas e para iso o alumnado sae á rúa a tocar.

No caso do IES de Fene levamos xa bastantes anos participando nesta iniciativa da man da profesora Bárbara Mourelo e contando sempre coa colaboración do concello de Fene.

Este ano  o alumnado de 2º e 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato baixaron desde o instituto ata a praza do concello para mostrar aos veciños que se achegaron a velos ou que simplemente pasaban por alí, o que aprenden nas clases de Música.

Foi unha mañá marabillosa que encheu de ledicia o centro do concello de Fene.

Enlace á nova no xornal Diario de Ferrol

"Musiqueando" en Fene

 

"MUSIQUEANDO" EN FENE

O pasado xoves 26 de abril, o alumnado de música do IES de Fene saiu á rúa a tocar e amosar todo o que levan aprendido neste curso; aquí vos deixamos un resumo do día!

 

Distribuir contido