Certame poético no IES de Fene

O departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística do IES de Fene veñen de organizar o Certame Poético 2010 no que participaron numerosos estudantes deste centro. En días pasados reunironse as persoas que compoñen o xurado, dous alumnos de Bacharelato, Tamara e Miguel, dous profesores, Jose Luis e Miguel Anxo e unha representante de Radio Fene para seleccionar os mellores poemas presentados a concurso. O seu fallo foi o seguinte: 1º premio para Ana Armenteros, alumna de 3º de ESO polo seu poema Mais de noventa outonos, 2º premio para Marta Vázquez polo poema O último segundo, de 2º de ESO, e dous Accesit para Silvia Iglesias de 1º de ESO polo poema Eu son e Graciela Feal de 3º de ESO polo poema O camiño das ledicias.

 

 

 1º Premio: Ana Armenteros. de 3º de ESO  2º Premio: Marta Vázquez, de 2º de ESO
 MÁIS DE NOVENTA OUTONOS

Con máis de noventa outonos chora a vella,
semella un gran lirio a súa branca cabeza,
coma unha flor murcha abre a reixa.
Que paseniño camiña a pobre vella!

Mira sen ver as follas caídas e vellas
do novo outono que agora comeza.
Sóbese no coche que de alí a alonxa,
mentres que anguria unha congoxa.

Xa non voltará aos seus campos nin á súa aldea.
Xa non voltará máis á súa vida aquela.
Xa chegou o outono para ela.

Pero mantén a esperanza a pobre vella
Que soña que voa cara á súa aldea
E mentres tanto o outono chora por ela

 
O ÚLTIMO SEGUNDO

Reflexos vermellos tinguen a auga da lagoa,
O olor a óxido flota no aire,
O sangue esparéxese polo chan,
Como un río que corre ata a desembocadura.

E xunto un olmo tendido sobre os pétalos
Caídos das mapoulas, un corpo desángrase lentamente,
Cunha daga cravada no corazón, inmaterial pero presente,
E outra, a que máis lle doeu, na fronte.

Os raios dun sol primaveral caen sobre os seus cabelos,
E o home bota un último suspiro,
E cruza a porta.
(pluma azul)


 

 

 Accesit: Silvia Iglesias, de 1º de ESO
Accesit: Graciela Feal,  de 3º de ESO 

EU SON

Eu son o universo,
A xente nacida.

Unha caracola,
Unha vida perdida.

Eu son un peixiño,
A vela encendida.

Un barquiño no mar,
Toda a auga bebida.

Eu son unha folla,
O vento que a leva.

A boneca antiga,
A mellor amiga
.

O CAMIÑO DAS LEDICIAS

Nun mundo de tolos, que soñou un neno?
soñou cun mundo algo máis levadeiro
sen armas, sen fogos, sen paro, nin medo.

Un mundo sen loita, algo preguiceiro
no que as casas foran de caramelo
como por obra dalgún feiticeiro
.

Un mundo perfecto, de moitos irmáns
sen muros, nin rabia, por encantamento
no que se rexen  polo entendemento
políticos, reis e todos os cidadáns.

Mais este soño é un soño de nenos
un soño sen base, nin orden, nin feito
cheo de desexos para os pequenos
para que sexan libres dalgún xeit
o