Ana Armenteros: tiven que esforzarme moito para escribir "Mais de noventa outonos"

Ana, gañadora do primeiro premio no Certame Poético 2010 organizado polo Deaprtamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística, estuda 3º de ESO no noso instituto. Fala paseniño e cun aire reflexivo, cecais froito da súa gran creatividade e imaxinación. Recoñece que escribir este poema lle supuxo un gran esforzo e en algun momento séntese en débeda coa nai "na miña casa hai moitos libros, a miña nai le moito". É consciente de que para escribir é preciso ser boa lectora

Equipo web: Cando comezaches a escribir?

Ana: Fai moito tempo escribía historias e cómics, pero parei. Pedíronme que escribira poesía para esta ocasion, e esforceime bastante, non foi doado escribir este poema. Aparte de consultar o dicionario tiven que recorrer a outros libros.

Equipo web: Que é o que mais che gusta facer agora?

Ana: Seguen gustándome mais o cómic e debuxar.

De momento non pensa na publicación dos seus debuxos e comics,  ten moitos gardados e alguns xa se perderon

Equipo web:  Que che gusta ler?

Ana: o meu tipo de lectura favorita é de misterio, debería ler mais porque me sería mais facil escribir

Equipo web:  En que te inspirache para escribir este poema?

Ana: Tiñamos que escribir sobre problemas sociais. Pensei nos problemas que teñen os vellos, que non os poden coidar e lévanos á residencia.

Equipo web:  Sobre que tratan os teus debuxos? 

Ana:  Gústame a aventura, polo tanto os debuxos tratan de aventuras, de seres estraños, algo fantástico, imaxinativo….

Equipo web:  Imaxina que atopas un lapis, poderías escribir unha historia a partir del?

Ana: Si, sobre as mans polas que pasou o lapis, que faría con ese lapis, pode ser un criminal ou terrorista que andaba planeando cousas… Sería unha novela negra, inventaría cousas de misterio

No futuro, aparte de debuxar e escribir no seu tempo de ocio, gustaríalle ter un traballo normal. 

 

MÁIS DE NOVENTA OUTONOS

Con máis de noventa outonos chora a vella,

semella un gran lirio a súa branca cabeza,

coma unha flor murcha abre a reixa.

Que paseniño camiña a pobre vella!

 

Mira sen ver as follas caídas e vellas

o novo outono que agora comeza.

Sóbese no coche que de alí a alonxa,

mentres que anguria unha congoxa.

 

Xa non voltará aos seus campos nin á súa aldea.

xa non voltará máis á súa vida aquela.

xa chegou o outono para ela.

 

Pero mantén a esperanza a pobre vella

que soña que voa cara á súa aldea

mentres tanto o outono chora por ela.