Obxectivos e contidos mínimos de Língua e LIteratura Galegas

CONTIDOS MÍNIMOS  Descarga o documento de contidos mínimos

1º ESO

Comunicación

• Lectura, recoñecemento e producción de textos correspondentes a diferentes tipoloxías: narración, descrición e diálogo.

Lingua e sociedade
• O feito plurilingüe e pluricultural do mundo.
• As orixes do galego: elementos constituíntes do léxico.
• A realidade lingüística de Galicia: o idioma galego no mapa lingüístico español.

Estudio da lingua
• Correspondencia entre sons e grafías.
• Regras básicas de acentuación e puntuación. A acentuación nas combinacións vocálicas (ditongo, tritongo e hiato).

Estructura da palabra. Clases de palabras: substantivo (flexión de
xénero e número), adxectivo (determinantes), pronome, verbo (estructura
e distinción regular/irregular), adverbio e preposición.
• Léxico: a
persoa (as partes do corpo, a saúde, a enfermidade, a vestimenta, os
alimentos e as bebidas, o lecer e as afeccións, a vivenda, os
sentimentos, a vida espiritual, etc.).

Literatura
• Peculiaridade da lingua literaria en relación con outros niveis da lingua.
• Recoñecemento das características dos xéneros literarios máis comúns: narrativa, lírica e dramática.

Lectura, comentario e resumo oral / escrito de textos breves (contos,
lendas, relatos...), tanto da tradición oral como de autores actuais.

2º DE ESO

ComunicaciónCaracterísticas
da comunicación oral e escrita.Lectura, recoñecemento e producción de
textos correspondentes a diferentes tipoloxías: argumentación e
exposición.
Lingua e sociedadeHistoria externa da lingua:
principais etapas.A realidade sociolingüística de Galicia: bilingüismo
e diglosia. As interferencias lingüísticas.Niveis de lingua: estándar,
coloquial, culto e científico-técnico.
Estudio da linguaOrtografía
dos grupos consonánticos.Propiedades do texto: adecuación, coherencia e
cohesión.Enunciado e oración. Tipos de oracións (segundo a actitude do
falante: enunciativas, interrogativas, imperativas...; segundo a
natureza do predicado: transitivas; intransitivas; activas, pasivas;
persoais e impersoais...).A oración simple e a frase. Funcións respecto
do núcleo “O” e do núcleo “F”: suxeito, predicado e outras funcións
sintácticas.Léxico: as relacións sociais (a antroponimia, a familia, a
actividade escolar, os empregos e as profesións, os transportes e as
viaxes, os medios de comunicación, as compras, os espectáculos,
etc.).Sinonimia e antonimia.
Literatura:

Principais
recursos estilísticos da lírica, da narrativa e da dramática.Relación
entre a literatura e o contexto histórico e persoal do autor: lectura e
comentario de textos de trobadores, literatura anónima e popular dos
Séculos Escuros, poetas do século XIX e narradores e dramaturgos do
século XX.

3º DE ESO

Comunicación

• Os medios de comunicación escritos: os xornais e outras publicacións periódicas.
• Análise das seccións e dos xéneros periodísticos.

Lingua e sociedade

• Historia interna da lingua: orixe do galego e a súa evolución.
• A normalización e a normativización lingüística do galego.

Estudio da lingua


Repaso das regras básicas de acentuación e de puntuación. A acentuación
diacrítica, das palabras compostas, da interrogación e da exclamación.

Clases de palabras: substantivo (flexión de xénero e número, tipos de
substantivos), adxectivo (determinantes), pronome, verbo (estructura,
distinción regular / irregular, formas non persoais, perífrases),
adverbio, preposición, conxunción e interxección
• Léxico: o
territorio e a natureza (a toponimia, a aldea e a cidade, países e
habitantes (os xentilicios); o clima, o campo, a montaña e o mar, as
árbores e as plantas, os animais vertebrados e invertebrados, etc.).
• Formación de palabras: derivación e composición.
• Polisemia e homonimia.
• Identificación de voces patrimoniais e de cultismos.

Literatura

• Características fundamentais dos períodos da literatura galega que se estudian neste curso.
• A lírica medieval: recoñecemento de diferentes tipos de cantigas.
• A decadencia e o rexurdimento da literatura galega: Rosalía de Castro, Curros e Pondal.
• Lectura e comentario de textos dos autores estudiados neste curso.

4º DE ESO

ComunicaciónOs medios de comunicación audiovisuais: análise das diferentes linguaxes específicas.
Lingua e sociedade
A situación actual do idioma galego: lexislación que regula o uso das
linguas oficiais de Galicia. Variedades xeográficas: principais
fenómenos lingüísticos que caracterizan as variedades dialectais do
galego.
Estudio da linguaMaiúsculas, abreviaturas, siglas e
acrónimos.A oración simple e composta. Funcións sintácticas na oración.
Oración composta: coordinación e subordinación. Tipos de oracións
coordinadas. Tipos de oracións subordinadas.Léxico: as institucións, as
tradicións e os costumes (a administración, o tempo, as estacións, as
tradicións, os acontecementos cíclicos: o magosto, o nadal, o entroido,
as romarías, etc.).Polisemia e homonimia.Identificación de neoloxismos
e préstamos.

Literatura Características fundamentais dos
períodos da literatura galega que se estudian neste curso. Principais
autores e tendencias literarias dos séculos XX e XXI. Comentario, entre
outros posibles, dun texto de Ramón Cabanillas, Castelao, Amado
Carballo, Celso Emilio Ferreiro, Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Pura
Vázquez, Neira Vilas, Carlos Casares e Méndez Ferrín.Tendencias actuais
da lírica, da narrativa e da dramática.

OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN ORAL (1º e 2º DE E.S.O.)Emisor e destinatario.Diálogo dual e plural (conversa presencial, conversa telefónica, etc. )

Narración (1ª e 3ª persoa)

Exposición.

Enunciado. A súa estructura (texto,parágrafo, oración, frase, palabra ) Entoación, pausas, acentuación.

Normas sociais: saúdos, tratamentos, cortesía, presentación, etc.

Informar, ordenar, preguntar, solicitar, etc...

Modalidade oracional enunciativa, interrogativa, exclamativa e imperativa.

1º CURSO DE BACHARELATO

Lingua e sociedadeA
comunicación: elementos. Intención comunicativa. Funcións da linguaxe.
O signo lingüístico: significado e significante. A dobre articulación
do signo lingüístico.Historia externa da lingua (dende a Idade Media ao
século XX): os contextos sociolingüísticos.Historia interna da lingua:
aspectos pertinentes para a comprensión dos textos.Linguas en contacto:
as interferencias lingüísticas.A norma estándar e as variedades
xeográficas e sociais da lingua galega.Programas, seccións e
características da lingua nos medios de comunicación de masas.
Estudio da lingua

O
fonema: fonemas vocálicos e fonemas consonánticos. O sistema fonolóxico
do galego. Os alófonos. A sílaba. Os trazos suprasegmentais: acento e
entoación.Clases de palabras: o substantivo; o pronome persoal; as
palabras adnominais (adxectivo, artigo, demostrativos, posesivos,
cuantificadores). Forma e funcións.Clases de palabras. As formas do
verbo: as conxugacións; as perífrases verbais. O tempo e o modo. O
adverbio, a preposición e a conxunción.Lexicoloxía: estructura do
léxico. A renovación léxica: formación de palabras e préstamos; léxico
patrimonial e cultismos; as terminoloxías específicas.A competencia
lexical: prácticas de enriquecemento do uso do léxico e da fraseoloxía.
LiteraturaCaracterísticas
xerais da lingua literaria: xéneros e recursos estilísticos.A
literatura como creación cultural e como expresión da realidade
histórica e social.A literatura galega na historia (principais
etapas).Idade Media: marco histórico e cultural. - A lírica medieval:
lectura, análise e comentario de cantigas representativas.
- A
prosa medieval: lectura e análise de fragmentos.Séculos XVI, XVII e
XVIII: marco histórico e cultural. - Literatura de tradición oral e
literatura de autor: lectura e análise de texto representativos.
-
Autores da Ilustración: lectura e análise de fragmentos.Século XIX:
marco histórico e cultural do Rexurdimento. - Autores da primeira
metade do século XIX: características xerais.
- Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Lectura e comentario de textos.
- A prosa do século XIX: autores e características.
- O teatro galego: orixes. O teatro do século XIX: autores e características.

2º CURSO DE BACHARELATO

Lingua e sociedade

Historia
externa da lingua (o século XX e XXI): os contextos sociolingüísticos.A
normalización lingüística: a diversidade plurilingüe e pluricultural de
España.Bilingüismo e diglosia: análise dos aspectos sociolingüísticos e
psicosociais que configuran a situación actual do idioma.Análise da
presencia do galego nos medios de comunicación de masas escritos e
audiovisuais.
Estudio da lingua

Revisión dos conceptos
básicos de fonética, fonoloxía, morfoloxía e lexicoloxía.A semántica: o
estudio do significado. O campo semántico. As relacións semánticas. Os
cambios semánticos.Propiedades do texto: procedementos de adecuación
(intención, relación emisor-receptor...), coherencia (progresión da
información, tema e rema...) e cohesión (elipse, sinónimos...). A
estructura do texto: marcadores e conectores; os signos de puntuación.
Tipos de textos: as súas características.Enunciado e oración; tipos.
Oración simple e oración composta. Constituíntes da oración: a frase;
tipos de frases. A oración simple; as funcións sintácticas na oración.
Coordinación e subordinación de unidades. A oración composta: tipos.A
competencia lexical: prácticas de enriquecemento do uso do léxico e da
fraseoloxía.
Literatura

A literatura galega nos
séculos XX e XXI: marco histórico e cultural. Etapas.Noriega Varela e
Ramón Cabanillas: análise e comentario de poemas representativos.Os
movementos de vangarda: análise e comentario de poemas de Manuel
Antonio e doutros poetas vangardistas.A Xeración Nós: lectura e análise
de textos de Castelao, Otero Pedrayo e Vicente Risco.O teatro das
Irmandades (Cabanillas), das Vangardas (Dieste) e da Xeración Nós.A
literatura galega no exilio: autores (Blanco-Amor, Luís Seoane, Lorenzo
Varela...) e obras.Tendencias da lírica na segunda metade do século XX:
Celso Emilio Ferreiro, Aquilino Iglesia Alvariño e Uxío Novoneyra.
Grupos de poetas.Tendencias da narrativa galega de posguerra: lectura
de textos de Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole e Xohana Torres.Tendencias do
teatro galego de posguerra: lectura de fragmentos de Cunqueiro,
Blanco-Amor e Carballo Calero.Os modelos narrativos de finais do século
XX: Neira Vilas, Mª Xosé Queizán, Méndez Ferrín e Carlos
Casares.Tendencias actuais da lírica, da narrativa, da dramática e da
ensaística.

EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ALUMNOS (ESPA)

O currículo dividese en dous módulos:

MÓDULO 3: A comunicación literaria.
MÓDULO 4: A comunicación persoal e profesional.

MÓDULO 3: A COMUNICACIÓN LITERARIA

Este
módulo desenvólvese no primeiro cuatrimestre do curso, dende outubro
ata xaneiro en el estúdiase a literatura como sistema especial de
comunicación e como forma de acceso ao coñecemento.

CONTIDOS

Especificidade
da situación comunicativa na Literatura.A linguaxe literaria. A obra
literaria como producto social e cultural.O discurso literario: texto e
contexto. Intención comunicativa. O espacio e o tempo. Autor e
lector.As formas literarias nas literaturas galega e española.A
narrativa. Argumento e tema. Narrador e autor. Personaxes, espacio e
tempo. Texto dramático e posta en escena. A lírica. O poema e a
estrofa. Tema e estructura. Figuras retúricas máis significativas.Obras
de especial relevancia nas literaturas galega e española.

3. MÓDULO 4: A COMUNICACIÓN PERSOAL E PROFESIONAL

Desenvólvese no segundo cuatrimestre do curso.

CONTIDOS

A
carta persoal e a carta comercial.Os impresos: Tipos: oficiais e
particulares. Finalidade.O currículum vítae.Os anuncios. Emisor,
finalidade e canle.A enquisa e a entrevista.Niveis e rexistros
lingüísticos.