Actividades

Fallo do xurado do concurso de poesía

Logo das deliberacións pertinentes, o xurado do concurso de poesía determinou conceder os seguintes premios:

  -  1º premio (30 euros para material cultural, audiovisual ou deportivo): “Cidade” de Aldara López Teijeiro (3º ESO)

  -  2º premio (20 euros para material cultural, audiovisual ou deportivo): “Alzade as mans” de José Carlos García Vega (3º ESO)

  -  3º premio (15 euros para material cultural, audiovisual ou deportivo): “Tempus fugit” de Manuel Fachal Suárez (2º de bacharelato)

Parabéns aos que ven recoñecido o seu esforzo e ánimo aos  poetas que, de momento, permanecen no anonimato.

Unha canteira de grandes oradores despunta en Fene

 O IES de Fene está de noraboa grazas a estes catro alumnos Érika Diz, Borja Martínez, Adrián Oliveira e  Sara Jove e a súa profesora María Nogareda, que acadaron o premio ao mellor artículo na última edicion de Parlamento Xove, un programa da Dirección Xeral da Xuventude destinada a estudantes de Bacharelato

A profesora, María, transmítenos así o seu sentir:

Dende aquí quero destacar a súa capacidade de traballo, o seu esforzo, as horas empregadas nesta tarefa, incluidos períodos vacacionais e fins de semana, pero sobre todo á súa humildade e naturalidade.

Grazas, Érika, Borja, Sara e Oliveira, por proporcionarlle boa sona ao noso centro; sodes uns grandes embaixadores do mesmo!

Parabens!!!

 Ligazón á nova no xornal "La Voz de Galicia"

Fene lendo mulleres

O vindeiro xoves día 22 ás 14:00h. será retransmitida en Radio Fene (107.7 FM)  a participación do alumnado do noso centro no Maratón de Lectura "Fene lendo mulleres" celebrado o pasado día 8 de marzo. 

                            Podes escoitalo tamén on-line aquí, en Radiofusion

Visita de profesores do "Lycée Professionnel privé Jacques Raynaud" que participan co INSTITUTO no Programa Leonardo da Vinci

 Vista da entrada ao Lycée Jackes Aynaud
  Visualizar o mapa ampliado

Dentro do Programa Europeo Leonardo da Vinci Initial Vacational Trainig, no que participa o IES de Fene, terán lugar  durante os vindeiros días as reunións preparatorias do proxecto que se vai realizar. 

A execución do mesmo corre a cargo de profesores   e alumnos do Lycée Professionnel privée "Jackes Raynaud"  de Marseille (Francia) e do IES de FENE e partir do 25 de xaneiro estarán con nós, durante as xornadas preparatorias do mesmo, dous profesores do Lycée.

Alumnos do IES de Fene, do Ciclo Medio de mantemento e instalación de frío e climatización,  realizarán parte das prácticas do módulo de Formación en Centros de Traballo, neste proxecto de mobilidade  en colaboración co Lycée de Marsealla.

 O IES de FENE agarda que as xornadas preparatorias resulten todo un éxito  e que os profesores visitantes se sintan coma no seu propio Lycé.

AGRADECEMENTO DO POBO SAHARAUI

As autoridades saharauís, o Frente Polisario, a Organización do Maratón do Sahara e, sobre todo, o Pobo Saharauí queren agradecer as aportacións e doazóns  da comunidade educativa do IES de Fene.

Queren resaltar sobre todo, máis alá do valor das contribucións en moitos casos vitais, o espírito solidario manifestado nestes momentos de desánimo e abandono que está a padecer o problema saharauí.

E, por suposto, tamén desexan que esta colaboración continúe no futuro.

Ramón Vázquez

Ver estas e outras fotos nas Galerías:  Galería 1   -   Galería 2

Frouxeira

Rematando o inverno os alumnos de 1º de ESO foron de visita a un dos lugares máis transitados polas aves migratorias: a praia e a lagoa da Frouxeira en Valdoviño.

Aquí vos deixamos unhas fotos. Preme nelas para visualizalas con maior tamaño

Praia Descanso

Marcha polo rio Baa, xornadas de convivencia

O pasado venres 18 de xuño un grupo de rapaces e rapazas de 1º de ESO do noso centro e de 6º de Primaria do CEIP O  Ramo así como alguns profesores  participaron nunhas xornadas de convivencia organizadas pola Asociación Etnográfica da Natureza (Aetna),  Amigos do río Baa. Foron acompañados por persoas da Asociación que os levaron de marcha pola beira do Río Baa, en Maniños, pasando por pontes, fragas, regatos, un castro etc. Ao final da xornada, foron convidados pola Asociación a uns pinchos para repoñer enerxía.

Imaxes da xornada

Conferencia pronunciada por Vidal Romaní no IES de Fene: " Agardemos que nunca pase nada..."

Endesa cede o lago que se está a formar na antiga mina de lignito de As Pontes á Xunta de Galicia. Esgotado o carbón, deixan a tódolos galegos o problema, unha lagoa de auga contaminada con riscos xeolóxicos serios. O profesor Vidal Romaní comezou a súa disertación coas anteriores afirmacións.

O descoñecemento da Ciencia en xeral, neste caso da Xeoloxía, é unha eiva para os cidadáns á hora de tomar decisións que lles afectan, e á hora de esixir tanto das Administracións públicas como da empresa solucións adecuadas e seguras para a poboación e o medio ambiente no intre de abordar o problema  derivado da fin da explotación da mina de lignito.

Segundo o profesor Vidal Romaní, esta mina está situada nunha  falla activa. A mina formouse como consecuencia da actividade da falla. Está documentada unha serie histórica de sismos nesta zona, que abarca dende case un século antes de Cristo ata a actualidade

Que ocorrerá en caso de sismo?

A profundidade da neolagóa de As Pontes en 2012, ou ainda antes, atinxirá cando menos os 200m. A presión xerada por éste enchido pódese  calcular nunhas 20 veces a presión atmosférica. No caso de movemento da falla de As Pontes a presión hidrostática reducirá á metade o peso do macizo rochoso incrementando as posibilidades de movemento.

A desaparición do recheo de sedimentos e a sua substitución por auga suprimiu o freo que inicialmente había contra o movemento da falla.Agora, un movemento do macizo rochoso o que vai mover é só auga. O desprazamento da auga proucirá un tsunami local na lagóa.

A saída da auga, cando o enchido da lagóa remate non ten outro camiño que a canle do Eume ou os arredores da antigua mina (a Vila de As Pontes).

As augas da neolagóa  debido ao elevado contido en sulfuros tanto nas rochas (lousas piritíferas), como nos propios sedimentos da mina teñen un pH extremadamente acedo con un forte impacto nas fontes de auga doce. A drenaxe da mina foi desviada durante 30 anos ao encoro de A Capela. No fondo do vaso do encoro están acumuladas todas as lamas tóxicas que saían coas augas de drenaxe.

No caso de que o tsunami tivera lugar todas estas lamas tóxicas remexidas poa descarga sairían cara o mar a través das Fragas do Eume.

Que se podería facer?

Deter o proceso de enchido de auga impedindo que a profundidade chegue, como se ten previsto, aos 200 m. Tal vez con 30m abondaría.

Encher parcialmente o oco da mina con pedra caliza co fin de corrixir o pH acedo das augas.

Construir unha canle que permita o desagüe cara o Eume controlando os valores do pH das augas que drenen a través del.
A Xunta de Galicia non debe acetar o traspaso das competencias hasta que isto sexa totalmente garantido.

A cesión á Xunta debe ser de todos os terréos afectados pola explotación da mina incluidas as escombreiras rexeneradas cos seus bosques.

Instalarmos unha rede de sismógrafos que permita controlar a actividade sísmica da zona.

Como en principio semella que non se van realizar estas actuacións, o risco existe e polo momento a única esperanza que temos é que non pase nada...

A conferencia foi un éxito entre o alumnado, que estivo atento e interesado durante toda a intervención de Vidal Romaní e participaron activamente na mesma preguntado ao conferenciante moitas cuestións ao final da súa intervención. A opinión maioritaria resumese na frase que dixo un alumno: Nunca pensei que esto fose capaz de facer tanto mal

Chámallecomoqueiras

O venres 9 de abril o alumnado de 3ºA da ESO recibiu unha charla de asesoramento e formación a cargo de Xoán e Vero, dous membros da produtora Mr. Misto Films que están organizando o concurso de vídeos “Chámalle como queiras”, en colaboración coa Deputación da Coruña. A través deste concurso dirixido na súa modalidade A a mozos e mozas de 12 a 17 anos, procúrase promocionar un lugar das comarcas de Ferrol, Ortegal e Eume.

A sesión de hora e media serviu para que o noso alumnado observase exemplos de videos realizados con poucos recursos e para que puidesen decatarse dos pasos que se deben ir dando, desde a elaboración dun guión literario ata a creación de personaxes ou de historias cunha sólida estrutura.

As bases do concurso poden consultarse na páxina www.chamallecomoqueiras.com

Visita a Santiago

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

O luns 9 de novembro o departamento de Lingua e literatura castelá organizou unha visita a Santiago co alumnado de 3º PDC, 4º de ESO e 1º de bacharelato.

No teatro principal asistiron á representación da obra “Generación del 27”, de Guillermo Frazer, que lles pareceu espectacular.

Visitaron a catedral e os arredores, fixeron tamén un percorrido guiado ao pazo de Fonseca e viron ademais unha exposición de cunchas.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Distribuir contido