Conferencia pronunciada por Vidal Romaní no IES de Fene: " Agardemos que nunca pase nada..."

Endesa cede o lago que se está a formar na antiga mina de lignito de As Pontes á Xunta de Galicia. Esgotado o carbón, deixan a tódolos galegos o problema, unha lagoa de auga contaminada con riscos xeolóxicos serios. O profesor Vidal Romaní comezou a súa disertación coas anteriores afirmacións.

O descoñecemento da Ciencia en xeral, neste caso da Xeoloxía, é unha eiva para os cidadáns á hora de tomar decisións que lles afectan, e á hora de esixir tanto das Administracións públicas como da empresa solucións adecuadas e seguras para a poboación e o medio ambiente no intre de abordar o problema  derivado da fin da explotación da mina de lignito.

Segundo o profesor Vidal Romaní, esta mina está situada nunha  falla activa. A mina formouse como consecuencia da actividade da falla. Está documentada unha serie histórica de sismos nesta zona, que abarca dende case un século antes de Cristo ata a actualidade

Que ocorrerá en caso de sismo?

A profundidade da neolagóa de As Pontes en 2012, ou ainda antes, atinxirá cando menos os 200m. A presión xerada por éste enchido pódese  calcular nunhas 20 veces a presión atmosférica. No caso de movemento da falla de As Pontes a presión hidrostática reducirá á metade o peso do macizo rochoso incrementando as posibilidades de movemento.

A desaparición do recheo de sedimentos e a sua substitución por auga suprimiu o freo que inicialmente había contra o movemento da falla.Agora, un movemento do macizo rochoso o que vai mover é só auga. O desprazamento da auga proucirá un tsunami local na lagóa.

A saída da auga, cando o enchido da lagóa remate non ten outro camiño que a canle do Eume ou os arredores da antigua mina (a Vila de As Pontes).

As augas da neolagóa  debido ao elevado contido en sulfuros tanto nas rochas (lousas piritíferas), como nos propios sedimentos da mina teñen un pH extremadamente acedo con un forte impacto nas fontes de auga doce. A drenaxe da mina foi desviada durante 30 anos ao encoro de A Capela. No fondo do vaso do encoro están acumuladas todas as lamas tóxicas que saían coas augas de drenaxe.

No caso de que o tsunami tivera lugar todas estas lamas tóxicas remexidas poa descarga sairían cara o mar a través das Fragas do Eume.

 

Que se podería facer?

Deter o proceso de enchido de auga impedindo que a profundidade chegue, como se ten previsto, aos 200 m. Tal vez con 30m abondaría.

Encher parcialmente o oco da mina con pedra caliza co fin de corrixir o pH acedo das augas.

Construir unha canle que permita o desagüe cara o Eume controlando os valores do pH das augas que drenen a través del.
A Xunta de Galicia non debe acetar o traspaso das competencias hasta que isto sexa totalmente garantido.

A cesión á Xunta debe ser de todos os terréos afectados pola explotación da mina incluidas as escombreiras rexeneradas cos seus bosques.

Instalarmos unha rede de sismógrafos que permita controlar a actividade sísmica da zona.


Como en principio semella que non se van realizar estas actuacións, o risco existe e polo momento a única esperanza que temos é que non pase nada...

 

A conferencia foi un éxito entre o alumnado, que estivo atento e interesado durante toda a intervención de Vidal Romaní e participaron activamente na mesma preguntado ao conferenciante moitas cuestións ao final da súa intervención. A opinión maioritaria resumese na frase que dixo un alumno: Nunca pensei que esto fose capaz de facer tanto mal