Actividades
Representación da obra #2Pilgrims
Enviado por admin o Xov, 16/06/2022 - 13:31O pasado martes 24 de maio, co gallo de conmemorar o Día das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar no noso centro coa compañía Redrum Teatro presentando a obra #2pilgrims e na que participou o alumnado de 3º e 4º de ESO.
Trátase dunha obra cunha forte carga didáctica dirixida ao público adolescente e na que, utilizando o Camiño de Santiago como fío condutor, toca temas como o feminismo, a igualdade, novas masculinidades e as redes sociais.
Unha vez máis agradecemos ao departamento de Igualdade do Concello de Fene a posibilidade de ofertar ao noso alumnado unha actividade tan importante na sociedade actual.
Homenaxe a Xaquín Marín
Enviado por admin o Ven, 13/05/2022 - 12:24O pasado venres, 6 de maio, no IES de Fene vivimos un deses momentos que gardaremos na nosa memoria para sempre. Tivemos o pracer de contar coa presenza do ilustrador e humorista gráfico Xaquín Marín, para renderlle unha humilde homenaxe poñendo o seu nome a un dos salóns de actos do noso centro.
O acto comezou co descubrimento dunha placa realizada polo ceramista Francisco Pérez Porto e a inauguración dun mural pintado por alumnado de Debuxo Artístico baixo a guía da profesora Luisa Parada. Unha vez dentro do xa Salón de Actos Xaquín Marín, viñeron as intervencións do director do centro, Xoán Vázquez, a presidenta do Club de Prensa de Ferrol,Xulia Díaz e o propio Xaquín Marín quen expresou o seu emocionado agradecemento pola homenaxe. Como broche o grupo de música Arredemo, xunto coa profesora Bárbara Mourelo agasallounos cunha maravillosa actuación.
Ao acto asistiron autoridades locais, a coordinadora do Museo do Humor de Fene, Almudena Marcos, os ceramistas Francisco Pérez Porto e Carme Romero Díaz así como representantes do alumnado, profesorado e familias.
Desde este día un novo espazo do centro pasa a levar o nome dun persoeiro do noso pobo, neste caso Xaquín Marín, xunto coa biblioteca O Segrel do Penedo, en recordo de Xosé María Pérez Parallé, e a aula de Música, Daniel Bellón.
Espectáculo "Bravas" de Isabel Risco no IES de Fene
Enviado por admin o Ven, 04/02/2022 - 14:52O pasado luns 24 de xaneiro tivo lugar no salón de actos do IES de Fene a representación do espectáculo "Bravas" de Isabel Risco. Nel participou o alumnado de 1º de bacharelato que acudiu en dúas quendas para cumprir co protocolo sanitario para facer fronte á covid-19.
A actividade foi posible grazas á colaboración da concellería de Servizos Sociais e enmárcase dentro das organizadas polo concello de Fene ao redor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Dende o IES de Fene e a comisión de igualdade queremos agradecer aos servizos sociais de Fene a labor que desenvolven neste senso e a posibilidade de poder disfrutar deste espectáculo.
Ler a noticia publicada en La Voz de Galicia
25 de Novembro día contra a violencia de xénero
Enviado por admin o Ven, 17/12/2021 - 15:38Se non podes visualizar o vídeo, preme aquí
HIPERBARIC CHALLENGE - 2º posto na carreira do 22 de xuño en Burgos
Enviado por admin o Sáb, 27/07/2019 - 19:16Alumnos e profesores do IES de Fene, dos ciclos de Automoción e Soldadura, viaxaron a Burgos o pasado mes de xuño para participar na carreira de vehículos de inercia Hiperbaric Challenge celebrada o día 22 de xuño nesta cidade. O vehículo co que participaron foi posto a punto nos propios talleres polo alumnado e profesorado implicado, e acadaron o segundo posto na clasificacioón, sendo esta a primeira vez que participan
Para o desenvolvemento do proxecto, contaron cunha subvención do CONCELLO DE FENE para os gastos de viaxe e aloxamento, así como coa colaboración de empresas patrocinadoras: ORTEGAL OIL de Fene, COMASA de Fene, DIRESA de Narón, FERPA de Viveiro, NORTE AGROFORESTAL de A Capela, JOYPA de Pontedeume e outras
Unha horta no IES de Fene - FP Básica
Enviado por admin o Mér, 05/06/2019 - 14:28O noso alumnado de 1° de FP Básica coa súa profesora Laura Viñas Mayo están a traballar nun novo proxecto, a hortiña do IES de Fene... Parabéns!!!!!! #orgulloFPB E grazas ao noso profesor, Daniel, pola súa implicación
SUPRime o ConTRoL - Martes 14 de maio
Enviado por admin o Lun, 06/05/2019 - 06:46
O vindeiro martes 14 de maio ás 18:00 horas termos unha charla dirixida ás famlias no Salón de Actos de FP, no IES de Fene, na que falaremos sobre a prevención da violencia de xénero, dentro dun programa socioeducativo levado a cabo pola Deputación de A Coruña: SUPRime o ConTRoL
Agardamos as familias do noso alumnado!!
HIPERBARIC CHALLENGE - Desafío solidario
Enviado por admin o Lun, 26/11/2018 - 12:06O alumnado dos ciclos medios de soldadura e auto do IES de Fene están a participar no desafío Hiperbaric Challenge, deseño, prototipo e construción de coches de inercia, pero sempre dende unha perspectiva socialmente responsable, e hoxe presentaron dúas iniciativas que imos comezar este luns 26 de novembro e ata o día 18 de decembro son as seguintes:
☺️Unha campaña de recollida de xoguetes destinados a nenos e nenas de ata 14 anos. Os produtos que se entreguen deben reunir boas condicións de hixiene e de estado, ademais de ser seguros. Na medida do posible, que sexan sostibles e que non consuman pilas.
☺️Unha campaña de recollida de alimentos principalmente non perecedeiros para o seu reparto ás persoas máis necesitadas.
Esperamos a vosa colaboración
SÚMASTE Á INERCIA DO HIPERBARIC CHALLENGE DO IES DE FENE?
Concurso EnFene-Nino
Enviado por admin o Lun, 27/11/2017 - 05:10Presentamos as bases de dous concursos:
Concurso de deseño do LOGOTIPO do proxecto de igualdade do IES de Fene: #enFeneNino para alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO e Formación Profesional Básica
Concurso de CURTAMETRAXES do proxecto de igualdade do IES de Fene: #enFeneNino para alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO. Cámara...acción!
OS BENXAMÍNS DO INSTITUTO VISITAN CANTABRIA
Enviado por admin o Dom, 18/06/2017 - 19:23O alumnado de 1º ESO realizou a súa viaxe de fin de curso os días 12, 13 e 14 de xuño.
O primeiro día deron un paseo pola praia das Catedrais e visitaron El Capricho de Gaudí en Comillas, para finalmente instalarse en Santillana del Mar. Un día despois, estiveron no Parque de Cabárceno e fixeron unha visita ao Museo Marítimo de Santander. Xa de regreso, o día 14, tiveron tempo para adentrarse nunha mina e visitar o Museo da Minería de El Entrego-Langreo, así como para dar un paseo pola vila de Ribadeo.
Pasárono realmente ben, pero o mellor desa viaxe foi a sensación que ían deixando ao seu paso, xa que por onde pasaban foron felicitándonos polo bo comportamento que tiñan (cousa, por outra parte, habitual no alumnado deste instituto). Ás veces só reciben os reproches ás súas condutas, por iso, de cando en vez, tamén hai que felicitalos: parabéns, rapaces e rapazas!!
Visita ao IES de Fene de Cristina Otero Correa do proxecto Vura Music Project
Enviado por admin o Lun, 15/05/2017 - 11:45
O pasado venres 12 de Maio os alumnos de 3º ESO do IES acudiron á charla de Cristina Otero Correa, clarinetista e colaboradora voluntaria no proxecto Vura Music Project, un proxecto de desarrollo e integración social a través da educación musical.
Cristina falounos do proxecto, crear e manter unha escola de música en Moyo ( Uganda) para os mais novos, e falounos de África… e trasladounos alí durante un anaquiño de tempo, entre as súas xentes, os seus costumes e as súas necesidades. E vimos fotografías, preguntamos, reflexionamos e compartimos ideas. Grazas Cristina por axudarnos, como tí dis, a ir mais alá do que ven os nosos ollos.
Simulacro de incendio no IES
Enviado por admin o Mér, 29/03/2017 - 19:10O pasado venres 17 de marzo tivo lugar un simulacro de incendio no IES no que participou Protección Civil, o concello de Fene e unha unidade de bombeiros. Todas as persoas presentes no centro desalozaron as distintas dependencias para reunirse na zona de parking do edificio de ESO - Bac. A partir dos fallos detectados nesta experiencia faranse novas postas a punto para mellorar o plan de evacuación
Unidade Cinolóxica do Tercio Norte no IES de Fene
Enviado por admin o Mér, 22/03/2017 - 17:20O pasado venres 17 de marzo tivo lugar no IES de Fene unha exhibición por parte da Unidade Cinolóxica do Tercio Norte de Ferrol na que participaron cans especializados na detección de drogas, explosivos e na seguridade. A esta actividade aistiron todos os estudantes do centro así como profesorado que disfrutaron coa exhibición
(Se non ves o vídeo, preme aquí)
Carreira solidaria no IES de Fene
Enviado por admin o Mar, 31/01/2017 - 11:28O pasado 30 de xaneiro, dia da Paz, tivo lugar nas pistas próximas ao IES de Fene unha carreira solidaria protagonizada polo alumnado do IES de Fene para recadar fondos para axuda aos refuxiados coa ONG "Proactiva Open Arms". Nos dous recreos, os rapaces lograban un euro dos seus respectivos patrocinadores por cada volta á pista. Algúns/Algunhas rapaces/rapazas lograron dar ata 12 voltas á pista, e tamén se conseguiran previamente ata 12 patrocinadores. Organizada polo grupo da biblioteca do centro, foi unha carreira moi concorrida co 43% do alumnado da ESO participante na que se recadou entre 1100-1200 euros con este fin solidario de axuda aos refuxiados
O IES de Fene na competición Galicia Skills, en Silleda
Enviado por admin o Xov, 01/12/2016 - 06:15Estes días está a celebrarse en Silleda a competición Galicia Skills na que estudantes de Formación Profesional demostran as súas habilidades profesionais e compiten entre eles para acadar o mellor posto. Do IES de Fene, Iván, un estudante do ciclo de Frío, e Jheray, o seu profesor, están a dar o mellor de si mesmos nestas xornadas que reunen o máis representativo da FP galega
Ligazón á nova na web da CRTVG