Novo éxito dos Robots do Pazo na FLL

Onte tivo lugar a X edición da First Lego League Galicia, competición que busca espertar novas vocacións científicas e que aquí en Galicia organiza a Universidade da Coruña. Como ven sendo habitual o IES de Fene contou con representación no certame, o equipo Os Robots do Pazo, con alumnado de todos os cursos da ESO, que igualaron os premios acadados na pasada edición, 1º premio Xunta de Galicia ao Proxecto de Innovación e nominación para o National Innovation Award.

O concurso trata diferentes temáticas e nesta ocasión era #Masterpiece, baseada na búsqueda de solucións para crear e mostrar a arte. O equipo do IES de Fene presentou un proxecto científico que leva por título Tocando as Meninas que trata de achegar a arte ás persoas invidentes. Este grupo de alumnado e profesorado que pertence ao club de ciencia ConcienciaFene, investigou e traballou diferentes aspectos e técnicas para que persoas con diversidade funcional poidan disfrutar da arte. Para isto fixeron unha visita ao barrio de Canido onde puideron contemplar de primeira man os murais que versionan as Meninas impulsadoas por Eduardo Hermida, que tamén apoiou o traballo da rapazada. Contaron tamén coa colaboración da ONCE cuxa sede da Coruña tamén visitaron.

Parabéns ao equipo polo traballo realizado e ao profesorado pola súa labor e compromiso.

 

Acceso á noticia no xornal dixital Ferrol 360

AdxuntoTamaño
IMG_20240302_181202.jpg32.13 KB