Actividades do mes de xaneiro

Durante o mes de xaneiro no IES de Fene desenvolvéronse diversas actividades tanto de orientación académica como sobre a utilización das novas tecnoloxías.

  • O día 10 estivo con nós Francisco Deive, subdirector da Escola de Recursos Enerxéticos e Mineiros da Universidade de Vigo. Francisco charlou co alumnado de 1º e 2º de bacharelato da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía sobre o abano de empregabilidade das enxeñarías e en concreto da enxeñaría de minas e enerxía e animou sobre todo ás rapazas a cursar estudos STEM xa que as mulleres teñen moito que aportar neste tipo de graos e aínda son minoría.
  • O día 16 todo o alumnado da ESO participou nos obradoiros dirixidos por especialistas da asociación ALAR Galicia, sobre o novo espazo dixital, as novas tecnoloxías e os seus riscos.
  • Por último o 18 foi o alumnado de 1º de FP básica xunto a 4º ESO os que participaron nunha formación sobre a violencia machista dentro do novo entorno dixital. Este obradoiro correu a cargo de persoal de Pantallas Amigas e nel colaborou o concello de Fene. Deixamos o enlace á páxina web de Pantallas Amigas onde podedes atopar moitos recursos para traballar sobre todo o relacionado co entorno dixital.

Enlace á web de Pantallas Amigas

   
 Charla de Francisco Deive  Charla de ALAR Galicia sobre o novo entorno dixital Charla de pantallas Amigas
AdxuntoTamaño
IMG_20240110_113655.jpg26.03 KB
IMG_20240116_103507.jpg34.56 KB
IMG_20240118_112023.jpg38.08 KB