VI Concurso de postres do Entroido

Os equipos de dinamización lingüística e da biblioteca do IES de Fene convocan novamente este concurso de postres de Entroido que se rexerá polas seguintes

BASES:

-Poderán participar todas aquelas persoas que pertenzan á comunidade educativa do IES de Fene.

-Os postres deberán ter unha consistencia suficiente como para poder ser repartidos en man (non valen tipo “natillas”). Entregaranse o venres día 17 de febreiro na biblioteca do centro antes do inicio das clases ás 8,25.

-O xurado estará composto por persoal designado polos equipos mencionados anteriormente e ditaminarán de forma inapelable.

-O xurado reunirase a facer a degustación no primeiro recreo na Biblioteca do Centro.

-O fallo do concurso darase a coñecer no segundo recreo.

-Concederanse os premios que o xurado estime conveniente e, tendo en conta as datas do concurso, eses premios poderán axustarse ao evento en cuestión.

-Todos os postres que se presenten ao concurso serán postos á venda posteriormente  a un módico prezo. 

-A recadación será para algunha causa solidaria que se determinará  no seu día.