Deportes, Música, Alumnado

Premio extraordinario de Bacharelato no IES de Fene: Miguel Paz

O ex-alumno do centro Miguel Paz Prieto obtivo na convocatoria de este ano o Premio Extraordinario de Bacharelato, quedando en 8º lugar dos 19 premios outorgados.

Participaron 313 alumnos e alumnas que cursaron 2º de Bacharelato no pasado curso académico en centros educativos de Galicia.  Os requisitos para participar eran entre outros ter obtido no conxunto dos dous cursos de bacharelato unha nota media ou superior a 8,75 puntos.

Os estudantes tiveron que realizar varias probas: un análise e comentario dun texto de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario, unha proba con cuestions de caracter cultural ou lingüistico na lingua estranxeira cursada, e outra proba relacionada cunha materias propia da modalidade cursada no bacharelato.

Parabéns Miguel!!

 

 

Distribuir contido