Premio IDEA 2011 no IES de Fene

A Xunta galardoa un sistema de alerta para mergulladores ideado por dous alumnos e un profesor

As ideas brillantes non só bolen nos grandes centros de investigación e nos laboratorios das universidades máis prestixiosas. Proba delas son os gañadores dos Premios FP Idea 2011, cos que a Xunta pretende impulsar o espírito emprendedor dos alumnos de Formación Profesional, así como a posta en marcha de propostas innovadoras.

Na presente edición, o certame recoñeceu un total de nove proxectos, entre os cales figura un traballo realizado o curso pasado por dous alumnos do ciclo superior de Telecomunicacións e Sistemas Informáticos do instituto de Fene, Héctor Rodríguez e Jaime Montero, baixo a coordinación de Antonio González, un dos seus profesores. Os tres viaxaron o pasado luns a Santiago para recoller o galardón, que vén acompañado dunha interesante recompensa: 1.000 euros para Héctor e Jaime e unha tablet pecé para o seu mestre.

Ler a nova completa no xornal "La Voz de Galicia"