Charla de Jorge Mira no IES de Fene

O pasado xoves, 5 de maio, visitou o noso centro o catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira (@JorgeMiraUSC), para impartir unha charla organizada pola biblioteca O Segrel do Penedo en colaboración co club de ciencia ConCienciaFene.

"A que altura está o ceo?". Con esta pregunta comezaba unha viaxe apaixoante por diferentes fitos da física dende que o grego Eratóstenes concluiu que a Terra era redonda, os cálculos para determinar a distancia entre a Lúa e a Terra ou entre esta e o Sol ata a teoría da Relatividade e os descubrimentos máis recentes. En resumo unha sesión emocionante e amena que atrapou tanto ao alumnado de 4º de ESO e 2º de bacharelato que algún incluso tomaba notas.

Así dá gusto aprender!

 

Títulos

Comunícase que xa poden pasar a recoller os títulos académicos polas oficinas do centro todos aqueles e aquelas que remataron os seus estudos no IES Fene nos anos 2.019 e 2.020.

Ciclo ContandoCiencia

ContandoCiencia

A cuarta charla do ciclo ContandoCiencia, organizado pola Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene en colaboración co concello de Fene, tráenos desta vez ao inmunólogo e membro do departamento de Inmunoxenética do Hospital Clínico de Santiago, José Gómez Rial. A conferencia, que leva por título "A viaxe da vacina fronte a Covid 19 no teu corpo", terá lugar o próximo mércores 27 de abril ás 19:30 na Casa da Cultura de Fene. A entrada será libre ata completar aforo.

 

 

Listaxes admisión

Infórmase que se poden consultar nos taboleiros do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido en ESO e Bacharelato para o vindeiro curso 2022-23.

Vacacións de Semana Santa

Durante os días 11, 12, 13 e 18 de abril o centro permanecerá pechado.

Pode empregar o enderezo ies.fene@edu.xunta.gal para calquera consulta.

Jorge Mira en ContandoCiencia

Sobre o “Cambio estacional de hora e fuso horario de España” falará o vindeiro mércores, 16 de marzo, a partir das 19.30 horas, o físico e catedrático de electromagnetismo Jorge Mira na Casa da Cultura de Fene. A actividade encádrase no ciclo de divulgación científica ContandoCiencia que organiza a Biblioteca do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene. Entrada libre e de balde até completar o aforo. 

Admisión alumnado

Instrucións para solicitar a admisión na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Vacacións de Entroido

Durante os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo o centro permanecerá pechado.

Pode empregar o enderezo ies.fene@edu.xunta.gal para calquera consulta.

 

2ª charla do ciclo contandoCIENCIA

 Borja Tosar    Continuamos co ciclo de charlas contandoCIENCIA organizado pola biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene en colaboración coa Concellería de Ensino do concello de Fene. Este próximo mércores, 16 de febreiro, ás 19:30, no salón de actos da casa da cultura de Fene, Borja Tosar, astrofísico e divulgador científico impartirá a charla "Vacacións marcianas".

     Borja Tosar é astrónomo e piloto. Estudou o Máster en Astronomía e Astrofísica e máis tarde o Master en Comunicación Cientifica na Universidade Internacional de Valencia e disfruta coa divulgación científica. Colabora co Planetario da Coruña onde fai as postais planetarias, unha charla mensual moi informal sobre actualidade astronómica. Tamén fala de astronomía en  Efervesciencia na Radio  Galega, en Onda Cero Coruña e teclea algo en La Voz de Galicia e no portal de ciencia OpenMind.

Animádevos!!

Espectáculo "Bravas" de Isabel Risco no IES de Fene

O pasado luns 24 de xaneiro tivo lugar no salón de actos do IES de Fene a representación do espectáculo "Bravas" de Isabel Risco. Nel participou o alumnado de 1º de bacharelato que acudiu en dúas quendas para cumprir co protocolo sanitario para facer fronte á covid-19.

A actividade foi posible grazas á colaboración da concellería de Servizos Sociais e enmárcase dentro das organizadas polo concello de Fene ao redor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Dende o IES de Fene e a comisión de igualdade queremos agradecer aos servizos sociais de Fene a labor que desenvolven neste senso e a posibilidade de poder disfrutar deste espectáculo.

 

Ler a noticia publicada en La Voz de Galicia

Comezo das clases no 4º curso da ESA

Este xoves 3 de febreiro ás 16:15 horas terá lugar o comezo das clases de 4º curso da ESA.

 

Será a presentación na aula 25-A (edificio FP).

Ciclo de charlas divulgativas "ContandoCiencia".

Susana Bayo

 

Ao longo dos próximos meses celabraranse na Casa da Cultura do concello de Fene diversas charlas de divulgación científica dentro do ciclo "ContandoCiencia". Ditas charlas están organizadas polo IES de Fene en colaboración co concello de Fene e, aínda que están incluídas dentro das actividades extraescolares do noso centro, estarán abertas a público en xeral. 

A primeira terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Fene o próximo mércores 12 de xaneiro, ás 19:30 e correrá a cargo de Susana Bayo, física especializada en atmósfera e investigadora no Ephyslab da UVIGO. A ponencia leva por título "A pelexa ciencia contra o cambio climático". 

 

Apertura do centro nas vacacións de Nadal

Durante as vacacións de Nadal, o centro abrirá os seguintes días no horario indicado:

22, 27, 28 e 29 de decembro  e 3 e 4 de xaneiro de 10 a 13 horas.

Felices festas a tod@s!!!

BO NADAL!

Os alumnos e as alumnas do Departamento de Francés desexan a tod@s un Bo Nadal e un Feliz Ano 2022. JOYEUX NOËL!! . Se non visualizas o video, preme aquí

25 de Novembro día contra a violencia de xénero

Se non podes visualizar o vídeo, preme aquí

Distribuir contido