Ciclo de charlas divulgativas "ContandoCiencia".

Susana Bayo

 

Ao longo dos próximos meses celabraranse na Casa da Cultura do concello de Fene diversas charlas de divulgación científica dentro do ciclo "ContandoCiencia". Ditas charlas están organizadas polo IES de Fene en colaboración co concello de Fene e, aínda que están incluídas dentro das actividades extraescolares do noso centro, estarán abertas a público en xeral. 

A primeira terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Fene o próximo mércores 12 de xaneiro, ás 19:30 e correrá a cargo de Susana Bayo, física especializada en atmósfera e investigadora no Ephyslab da UVIGO. A ponencia leva por título "A pelexa ciencia contra o cambio climático".