Inicio do curso escolar 2022-23

Data, hora e lugar das presentacións.

 

Son todas o xoves día 8 de setembro.

10:30 h. ESO (1º e 2º ESO no salón de actos "Xaquín Marín", 3º e 4º irán directamente ás correspondentes aulas) e FP Básica (salón de actos edificio FP).

12:00 h. Bacharelato (salón de actos "Xaquín Marín") e 1º curso dos ciclos medios ordinario e dual (salón de actos edificio FP).

12:30 h. 2º cursos de ciclos medios (salón de actos de FP).

16:15 h. Ciclo Medio Modular (salón de actos de FP).

Con motivo do inicio de curso desenvolveranse diferentes actividades como a actuación da pandeireteira Gisela Sanmartín e as charla do biólogo Rubén Portela Carballeira e o emprendedor Miguel Ameneiros Vilasánchez, todos eles exalumnos do IES de Fene.

Ese día o transporte escolar (ESO)  deixará o alumnado no centro ás 10:30 h. e recollerao ás 12:00 h. O transporte metropolitano terá o horario habitual.

O venres día 9 de setembro comezarán as clases no horario habitual.

 

Mes de agosto

Durante o mes de agosto este centro permanecerá pechado.

Mentres tanto, atendémoslle no seguinte enderezo electrónico: ies.fene@edu.xunta.gal

 

O IES de Fene en #CanalFPGalicia.tv

Vídeo presentación do IES de Fene no #CanalFPGalicia.tv

Lista completa de vídeos do IES FENE premer aquí

Continúa a matriculación nos ciclos da FP

Cheques de material escolar

Infórmase que todos os alumnos e alumnas da ESO que teñen concedida a axuda para material escolar, poden pasar a retirar o correspondente cheque na oficina de ESO-Bacharelato en horario de 9:00 a 13:30 horas. Poden consultar nos taboleiros do centro se lle foi concedida dita axuda.

Horario de oficina mes de xullo

Infórmase que durante o mes de xullo, o horario de oficina será de 9:00 a 13:30 horas.

Entrevista en Radio Fene a Mónica Sarmiento e Inés Piñeiro

Entrevista en Radio Fene a dúas profesoras do departamento de Instalacións e Mantemento, Mónica Sarmiento e Inés Piñeiro acerca do proxecto de innovación que se entá a desenvolver no centro, Invernadoiro 4.0

 

 

 

 

 

 

Información dos ciclos formativos que se poden cursar na comarca de Ferrol

Publicación no Dario de Ferrol na que se proporciona información acerca da oferta formativa de ciclos de Formación Profesional que se poden cursar na comarca e na que se menciona ao IES de Fene

Especial FP en La Voz de Galicia sobre FP na comarca de Ferrol

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Matrícula para o curso 2022/23 ESO e Bacharelato

                         CALENDARIO PREFERENTE

Horario: Anotaremos na parte posterior do sobre da matrícula a hora asignada de forma individual (para cambiala, chamar por teléfono). Os sobres e impresos pódense recoller na conserxaría do centro.

3º e 4º ESO       28 de xuño
1º e 2º ESO       29 de xuño
1º Bacharelato       30 de xuño
2º Bacharelato       1 de xullo

 

Documentación para o alumnado que veña de fóra do centro:

1.- Sobre e impreso oficial de matrícula debidamente cubertos (facilítanse na conserxería ).

2.- Aboar 1,12 euros do seguro escolar no momento de realizar a matrícula (están exentos os maiores de 28 anos e os de 1º e 2º de ESO).

 O alumnado de 1º de ESO ten que traer fotocopia da tarxeta sanitaria.

3.- Fotocopia do DNI.
4.- Dúas fotografías tamaño carné, co nome e apelidos ao dorso.
5.- Fotocopia do título requirido ou certificación académica, segundo o caso. Non é preciso no caso do alumnado que proveña dos centros adscritos (Os Casais e O Ramo).
6.- Formulario/rexistro de patoloxías

 

                        Documentación para o alumnado do centro:

1.- Sobre e impreso oficial de matrícula debidamente cubertos (facilítanse na conserxería)
2.- Aboar 1,12 euros do seguro escolar no momento de realizar a matrícula (están exentos os maiores de 28 anos e os de 1º e 2º de ESO).
3.- Unha fotografía tamaño carné, co nome e apelidos ao dorso.
4.- Formulario/rexistro de patoloxías

 

*** Os pais/nais que desexen formar parte da ANPA cubrirán o impreso correspondente.

Entrega de boletíns de notas ESO e Bacharelato

A entrega de boletíns de notas dos grupos de ESO e Bacharelato terá lugar o luns 27 de xuño ás 12:00h. na aula correspondente a cada grupo.

Admisión e matrícula a Formación Profesional 2022/23

Prema aquí para acceder á información sobre os prazos do proceso de admisión en FP.

Representación da obra #2Pilgrims

O pasado martes 24 de maio, co gallo de conmemorar o Día das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar no noso centro coa compañía Redrum Teatro presentando a obra #2pilgrims e na que participou o alumnado de 3º e 4º de ESO.

Trátase dunha obra cunha forte carga didáctica dirixida ao público adolescente e na que, utilizando o Camiño de Santiago como fío condutor, toca temas como o feminismo, a igualdade, novas masculinidades e as redes sociais.

Unha vez máis agradecemos ao departamento de Igualdade do Concello de Fene a posibilidade de ofertar ao noso alumnado unha actividade tan importante na sociedade actual.

Acceso á guía didáctica

Acceso á web de REDRUM TEATRO

Acceso á noticia na prensa

 

Calendario exames convocatoria extraordinaria Bacharelato, FP Básica e ESA

Prema aquí para consultar o calendario de exámenes.

FP Dual no IES de Fene e na comarca para o vindeiro curso

O pasado sábado, a oferta de FP Dual da comarca foi obxecto dun artigo de Beatriz Antón Viscasillas na edición de Ferrol de La Voz de Galicia, e o IES de Fene foi un dos centros educativos que apareceu na noticia, na que se menciona o Ciclo medio de Instalacións de produción de calor que ofertamos en modalidade Dual completa para o vindeiro curso.

Descarga do articulo en .pdf

Acceso á publicacion do departamento de Mantemento en Facebook

Tamén foi publicado un monográfico en Ferrol360 sobre a oferta dos dous novos ciclos de FP Dual completa no IES de Fene, Electromecánica de vehículos automóviles e de Instalacións de producción de calor asi como FP Dual ordinaria en Soldadura:

Acceso ao monográfico sobre o IES de Fene en Ferrol360

 

Distribuir contido