Apertura do centro durante o Nadal

Durante o período de Nadal a oficina do centro permanecerá aberta  os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 9:00 a 13:30.

Bo Nadal e feliz ano.

Segunda charla do ciclo ContandoCiencia

O vindeiro xoves 14 de decembro, ás 19:30 no salón de actos da Casa da Cultura de Fene contaremos coa presenza de Inés Sánchez Sellero, doutora en Medicina e Cirurxía, que tratará o tema "Sumisión química: máis aló dos titulares de prensa".

Inés Sánchez Sellero é profesora titular da área de Toxicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela desde 1999. e investigadora do Instituto de Ciencias Forenses da USC.

Este ciclo de charlas está organizado pola biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene e conta coa colaboración do concello.

Acto en contra da violencia cara ás mulleres

O pasado venres 24 de novembro conmemoramos o Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres no IES de Fene. Alumnado e profesorado reunímonos nas pistas para decir NON a calquera tipo de violencia machista. Soou música, léronse poemas e portáronse pancartas en prol da eliminación da violencia contra a muller. Ademais uns días antes o alumnado da ESO aproveitou para facer bolboretas e confeccionar un mural espectacular no hall de saída ás pistas.

   
         
   

Teatro na Casa da Cultura

O pasado 13 de novembro o alumnado de 1º e 2º da ESO acudiu á casa da Cultura de Fene para presenciar a representación "Mozas nas redes" protagonizada pola actriz Estívaliz Veiga. A obra con formato de monólogo xira en torno aos perígos que presentan as redes sociais para os mozos e mozas. Abríanse así as actividades do 25N, data na que se conmemora a eliminación da violencia contra as mulleres, organizada pola concellería de Igualdade e Servizos Sociais do concello á que agradecemos o convite.

 
   
 

Apertura do ciclo contandoCiencia

Este próximo xoves 16 de novembro dará comezo a 3ª edición do ciclo contandoCiencia. A charla inaugural, que leva por título "Do corazón da materia ao interior das estrelas", terá lugar ás 19:30 no salón de actos da casa da cultura de Fene e correrá a cargo do doutor en Física pola USC Héctor Álvarez Pol.

A carreira científica de Álvarez Pol ten relación coa análise de detectores de partículas e reaccións nucleares así como as súas dinámicas e o desenvolvemento de estruturas computacionais para a simulación e análise dos resultados destes experimentos.

Pódese consultar máis información nos seguintes enderezos.

ContandoCiencia

Fenecidadán

Xornadas dedicadas ás familias e as adicións do Concello de Fene

Toda a información premendo na seguinte ligazón.

Subvencións ás familias do Concello de Fene

Na seguinte ligazón poderá vostede atopar información sobre o programa.

 

Unha noite na biblioteca

A noite do 27 de outubro o alumnado de 2º da ESO quedou a durmir na biblioteca do centro O Segrel do Penedo. Pasárono estupendamente pintando cabazas e monstros, desfilando nun concurso de disfraces e ata xogaron a verdade ou reto, xogo no que a rapazada mostrou unha grande valentía desenvolvendo os retos máis tenebrosos que poidades imaxinar. Despois de cear e xa máis entrada a madrugada contaron lendas e historias de medo e viron unha película espeluznante.

Unha noite inesquecible.

           

Participación en GaliciaSkills 2023

Os días 25, 26 e 27 de outubro tivo lugar en Silleda o evento GaliciaSkills 2023. Trátase dun campionato práctico no que alumnado de Formación Profesional de centros galegos de 24 modalidades mostran as súas destrezas e habilidades realizando diferentes probas. Os gañadores participarán no SpaisnSkills en Madrid en abril de 2024. O IES de Fene estivo representado polo alumno do ciclo dual de Instalacións de Calor, Abel Chao, titorizado pola profesora Inés Piñeiro. Abel alzouse coa medalla de prata na modalidade de Fontanaría e Calefacción.

Parabéns a ámbolos dous!!

             

Volve o ciclo de relatorios Contando Ciencia

Toda a información na web do Concello de Fene. Prema aquí:

Días propios non docentes

O pasado 14 de setembro o Consello Escolar aprobou coma días propios non lectivos do centro para o presente curso os seguintes: 13 de outubro de 2.023 e 20 de maio de 2.024.

Acto de recoñecemento a Salvamento Marítimo de Fene

A base de Salvamento Marítimo de Fene recibiu unha Mención de Honra por parte da Organización Marítima Internacional con motivo do complexo rescate realizado o 2 de agosto de 2022 a 14 millas das Illas Sisargas. Por ese motivo o concello de Fene quere recoñecer o seu labor organizando unha homenaxe o próximo sábado 30 de setembro no paseo marítimo de San Valentín a partir das 10:30 da mañá. Haberá exposición e visita a distintas embarcacións de Salvamento Marítimo, exhibición canina do Tercio Norte, simulación de rescate na praia de San Valentín, chocolatada e moitas máis actividades.

Poden consultar toda a información na presentación que se adxunta a esta publicación e á que poden acceder desde o enlace.

Presentación elaborada por Daniel Martínez

Vídeo do rescate

Inicio do curso 2023-2024

 

As presentacións da ESO, bacharelato e CM ordinario e dual serán o luns día 11 de setembro, no seguinte horario

  • 10:30 h. ESO (1º e 2º ESO no salón de actos "Xaquín Marín", 3º e 4º irán directamente ás correspondentes aulas) e FP Básica (salón de actos edificio FP).
  • 12:00 h. Bacharelato (salón de actos "Xaquín Marín") e 1º CM (salón de actos edificio FP).
  • 12:30 h. 2º CM ordinario e dual (salón de actos de FP).

O martes 12 ás 16:15 h será a presentación e comezo das clases do CM modular no salón de actos de FP. 

Con motivo do inicio de curso desenvolveranse diferentes actividades; contaremos coa presenza de Uxía Doval, exalumna do IES de Fene e compoñente do grupo Xirifeiras, e desenvolveranse charlas a cargo de Pedro Cruzado, vicepresidente da asociación Betula, e do responsable da empresa Automoción Vilar do Colo, Francisco Fernández Mascaró, tamén exalumno do IES de Fene.

Ese día o transporte escolar (ESO)  deixará o alumnado no centro ás 10:30 h. e recollerao ás 12:00 h.

O martes día 12 de setembro comezarán as clases no horario habitual.

 

Exames finais setembro ciclos FP Dual

 

Mes de agosto

Durante o mes de agosto este centro permanecerá pechado.

Mentres tanto, atendémoslle no seguinte enderezo electrónico: ies.fene@edu.xunta.gal

Distribuir contido