Cheques material escolar

Infórmase que todos os alumnos e alumnas da ESO que teñen concedida a axuda para material escolar, poden pasar a retirar o correspondente cheque na oficina de ESO-Bacharelato en horario de 9:30 a 13:30 horas. Poden consultar nos taboleiros do centro se lle foi concedida dita axuda.

Bolsa de emprego do IES de Fene (xuño 2023)

Pode consultar aquí os perfís dispoñibles. Se vostede está interesado en contratar algún perfil, contacte co centro no seguinte enderezo electrónico para enviar o currículum correspondente: ies.fene@edu.xunta.gal

Horario de verán

Mañá xoves 22 de xuño o centro comeza o horario de verán. Será de 8 a 14 horas, ata o 31 de xullo.

Mocidade Activa

O Concello de Fene presenta o programa de verán Mocidade Activa. Máis info na web do concello premendo aquí


 

Pode descargar aquí a ficha de inscrición.

Entrega de boletíns de notas

A entrega de boletíns de notas para todos os niveis (ESO, Bacharelato, ciclos medios e básicos) será o venres 23 de xuño ás 10:30 h. por parte do titor ou titora na correspondente aula.

Matrícula ESO e Bacharelato curso 2023-24

Pódese consultar a información sobre o proceso de matrícula pinchando aquí

Datas e horario dos exames da convocatoria extraordinaria de bacharelato

Accede á información desde aquí

Datas e horarios exames xuño FP: Alumnado con PD e probas libres

Alumnado con PD: pinchar aquí

Probas libres: pinchar aquí

Visita a ASPANEPS

O pasado 31 de maio, o alumnado de 1º curso de ciclo medio de Soldadura visitaron o centro ocupacional de ASPANEPS, en Fene. Trátase dun centro para persoas adultas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento no que dispoñen de talleres de serigrafía, artesanía creativa, xardiñaría, compostaxe e reciclaxe de plásticos.

En canto á reciclaxe de plásticos, seleccionan o tipo de plástico (neste caso eran tapóns de botellas), tritúranos, e fundíndoos, elaboran novos produtos plásticos a través do uso de maquinaria especializada.

Con motivo da toma de conciencia sobre o exceso da utilización de plásticos e a importancia da reciclaxe, decidiuse incluír parte deste plástico reciclado nun compoñente útil do coche de inercia que está a construír o alumnado de Soldadura para a participación no “X desafío educativo Hiperbaric Challenge”. Este compoñente será o volante, que estará construído con aceiro e plástico reciclado.

Queremos agradecer a atención e o trato recibido polo persoal do centro ASPANEPS e felicitalos polo marabilloso labor que levan a cabo.

Gradación 2º de bacharelato

O pasado venres 19 de maio tivo lugar o acto de gradación do alumnado da promoción 2021-2023 de bacharelato, que rematou este ano a súa última etapa no IES de Fene.  Foi un acto moi emotivo no que participaron, ademais dos propios protagonistas, as familias, profesorado, dirección e concello coa presenza do alcalde Juventino Trigo. As intervencións dos delegados, titores, alcalde e director do centro estiveron cheos de risas, recordos e bos desexos para todo o alumnado e foron moi aplaudidas. Estas intervencións remataron coa lectura do poema inédito de María Lado “Graduación” a cargo de Sonia Gómez, titora de 2º de bacharelato A, co acompañamento musical de Sara, alumna do mesmo grupo. O acto finalizou coa entrega de orlas e recordos do seu paso polo centro.

A comunidade do IES de Fene deséxalles moita sorte nas probas de acceso á universidade, que se están a desenvolver estes días, así como na nova etapa que van a comezar.

 

 

O IES de Fene participa no Hiperbaric Challenge

O alumnado do ciclo medio de Soldadura están a traballar na construción dun vehículo de inercia para participar na X edición de Hiperbaric Challenge que se desenvolveu durante o curso 2022-2023, e que llega ao seu fin o sábado 10 de xuño coa celebración da carreira de inercia en Burgos. Todos os equipos participantes porán a proba o deseño dos seus coches durante varias quendas a través do circuíto urbán que percorre a baixada do castelo ata o centro da cidade.
O desafío consiste en deseñar e construír un coche de inercia, dacordo aos requerimentos da Federación de Deportes de Inercia. Ademáis, o alumnado debe elaborar un proxecto que deberán defender ante un xurado de expertos/as e no cal non só se valorará a parte técnica, senón tamén os aspectos sociais, de marketing e de xestión. A presentación destes proxectos terá lugar o venres 9 de xuño nas instalacións da empresa organizadora, Hiperbaric, en Burgos.

 

Xornada de deporte adaptado no IES de Fene

Este pasado mércores 24 de maio, o departamento de Educación Física do IES de Fene desenvolveu co seu alumnado unha xornada de deporte adaptado. Nesta xornada participou o club de baloncesto en cadeira de rodas Abeconsa Basketmi de Ferrol, que veu ao centro co material necesario para a práctica deste deporte.. Contamos coa axuda dos deportistas do equipo que lles explicaron ao noso alumnado as regras e pequenas diferencias co baloncesto que se xoga de pé e xogaron xunto a eles. 

Foi unha xornada moi emocionante e didáctica na que o alumnado puido comprobar o que supón ese cambio de perspectiva.

Agradecemos ao equipo a sua disposición para que a rapazada puidera participar nesta actividade.

 

Actividades Letras Galegas 2023

Neste ano no que se homenaxea a figura de Francisco Fernández del Riego tivemos ocasión de colaborar con dúas das sociedades culturais do concello que nos invitaron a celebrar de forma conxunta esta data. O sábado 13 un grupo de rapaces e rapazas de 1º de bacharelato do noso centro acompañados polo seu profesor de Lingua e Literatura Galega e director do centro, Xoán Vázquez, fixeron unha presentación sobre a figura do autor homenaxeado. Na presentación, que leva por título "Fernández del Riego desde a perspectiva do alumnado do IES de Fene", móstrase un percorrido pola vida do escritor homenaxeado desde a súa infancia e mocidade, os seus anos universitarios, a participación forzosa na contenda civil ou a época como guionista da BBC ata a presidencia da Real Academia Galega. Durante a presentación tamén leron algunha das cartas que o autor intercambiou con Paz Andrade ou Cunqueiro así como un fragmento do libro de viaxes "Galicia".

O martes 16 pola tarde desenvolveuse esta actividade no CPS de San Valentín. O alumnado deu a coñecer a figura de Fernández del Riego a todos aqueles que se achegaron ata a sociedade cultural.

Tamén o martes pola tarde pero, nesta ocasión no noso centro, o alumnado de ESO participou nunha xornada lúdica e cultural para celebrar as nosas letras. Desenvolvéronse diversas actividades como unha xincana, proxección audiovisual, xogos de mesa e ata un minitorneo de baloncesto.

Podedes descargar algunha das actividades nos seguintes enlaces:

Xincana

As cousas de don Paco

Agradecemos á Liga de Amigos de Barallobre e ao CPS de San Valentín a súa invitación e desexamos que sexa a primeira de moitas outras colaboracións.

Imaxe de Galicia Aberta

Xornada de emprendemento FPEmpresa

O pasado luns celebrouse no salón de actos do edificio A un relatorio sobre o mundo do emprendemento. Dito relatorio está integrado dentro do programa da Consellería de Educación Eduinspira, o cal trata de achegar ao alumnado o mundo do emprendemento e que así o poidan ter presente como unha saída profesional. Os relatores foron Eliana Oliveros (autónoma dedicada a impartir diferentes cursos de formación), Hugo Fraga (empresario do sector do marketing dixital) e Ángeles Santos (responsable de recursos humanos de Genessal Energy, do sector enerxía). Foi dirixido ao alumnado dos primeiros cursos dos ciclos medios.

Reunión coas familias no Concello de Fene

Interesados/as encher o formulario que se pode descargar aquí e enviar ao enderezo electrónico que aparece no pé do documento.

Distribuir contido