Días non lectivos curso 2022-23

Comunícase que os días non lectivos elixidos polo centro para o presente curso son o 9 de decembro de 2.022 e o 2 de maio de 2.023.

Volve Contandociencia

Organizado pola Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino do Concello de Fene, volve Contandociencia, un programa que botou andar o curso pasado e que retoma a súa actividade co obxectivo de achegar a ciencia á poboación en xeral. Aberto ao público en xeral, todas as conferencias terán lugar na Casa da Cultura, un xoves ao mes (agás en xaneiro e maio que serán un martes) e sempre ás 19:30 con entrada gratuíta.

O ciclo principiará o vindeiro xoves 22 de setembro co relatorio “A tecnoloxía na botadura: 50 anos do Arteaga” que correrá a cargo do enxeñeiro naval e oceánico Raúl Villa Caro. Licenciado en Mariña Civil (sección náutica) pola Universidade do País Vasco, capitán da mariña mercante, enxeñeiro técnico naval, enxeñeiro naval e oceánico, doutor en enxeñería naval e oceánica, Raúl Villa Caro é profesor asociado da Universidade da Coruña e imparte docencia na Escola Politécnica Superior e na Facultade de Ciencias do Traballo. A maiores da súa actividade docente e investigadora, reflectida en 150 publicacións repartidas entre libros, artigos en revistas científicas e relatorios en congresos, exerce a súa actividade profesional na Ingeniería de Construcciones de Buques (Arsenal de Ferrol) como xefe de enxeñería de plataforma.

O programa completo pódese consultar aquí

Inauguración do curso 2022 - 2023

O pasado 8 de setembro deron comezo as clases dun novo curso xa sen as restricións que tivemos nos dous anteriores por mor da pandemia e con moitas novidades, sobre todo nos cursos impares, xa que comeza a implantarse a LOMLOE. Para inaugurar este novo curso que mellor que contar con dous exalumnos e unha exalumna do centro que desenvolven a súa actividade profesional en sectores tan diferentes como a música, a investigación ou a empresa, para que sirvan de exemplo, motivación e inspiración ás novas xeracións que se están a formar.

Primeiro foi o turno do alumnado de ESO, que encheron o salón de actos Xaquín Marín de algarabía e tamén de nervos, sobre todo por parte do alumnado de 1º de ESO que comezan etapa e chegan por vez primeira ao centro. Foron recibidos polo director, Xoán Vázquez, e por Gisela Sanmartín, pandeireteira e compoñente do grupo Xirifeiras de Fene, ademais de exalumna do centro.

Mentres, ao salón de actos do edificio de ciclos formativos chegaba o alumnado de FP básica onde eran recibdos pola vicedirectora e o xefe de estudos de adultos, Santiago Varela, quen lles informou do desenvolvemento das ensinanzas que comezan, titulacións que recibirán e das posibiladades de continuar a súa formación nun ciclo medio e superior ou incorporarse ao mundo laboral.

A continuación o alumnado de bacharelato participaba nunha charla sobre especies invasoras e a súa influencia na perda de biodiversidade, impartida por Rubén Portela Carballeira, biólogo e exalumno do IES de Fene, que a pesar da súa xuventude conta cunha ampla experiencia investigadora en diferentes pasíses do mundo.

Por último recibimos tamén ao alumnado de ciclos medios. Neste caso participaron nunha sesión con Miguel Ameneiros Vilasánchez, exalumno do ciclo de instalacións frigoríficas, emprendedor e fundador da empresa Aerofri, que narrou ao alumndo a súa experiencia no noso centro e despois como traballador e empresario autónomo.

En resumo, unha mañá chea de actividades para coller folgos e comezar unha nova andaina académica.

         
             
         

Inicio do curso escolar 2022-23

Data, hora e lugar das presentacións.

 

Son todas o xoves día 8 de setembro.

10:30 h. ESO (1º e 2º ESO no salón de actos "Xaquín Marín", 3º e 4º irán directamente ás correspondentes aulas) e FP Básica (salón de actos edificio FP).

12:00 h. Bacharelato (salón de actos "Xaquín Marín") e 1º curso dos ciclos medios ordinario e dual (salón de actos edificio FP).

12:30 h. 2º cursos de ciclos medios (salón de actos de FP).

16:15 h. Ciclo Medio Modular (salón de actos de FP).

Con motivo do inicio de curso desenvolveranse diferentes actividades como a actuación da pandeireteira Gisela Sanmartín e as charla do biólogo Rubén Portela Carballeira e o emprendedor Miguel Ameneiros Vilasánchez, todos eles exalumnos do IES de Fene.

Ese día o transporte escolar (ESO)  deixará o alumnado no centro ás 10:30 h. e recollerao ás 12:00 h. O transporte metropolitano terá o horario habitual.

O venres día 9 de setembro comezarán as clases no horario habitual.

 

Mes de agosto

Durante o mes de agosto este centro permanecerá pechado.

Mentres tanto, atendémoslle no seguinte enderezo electrónico: ies.fene@edu.xunta.gal

 

O IES de Fene en #CanalFPGalicia.tv

Vídeo presentación do IES de Fene no #CanalFPGalicia.tv

Lista completa de vídeos do IES FENE premer aquí

Continúa a matriculación nos ciclos da FP

Cheques de material escolar

Infórmase que todos os alumnos e alumnas da ESO que teñen concedida a axuda para material escolar, poden pasar a retirar o correspondente cheque na oficina de ESO-Bacharelato en horario de 9:00 a 13:30 horas. Poden consultar nos taboleiros do centro se lle foi concedida dita axuda.

Horario de oficina mes de xullo

Infórmase que durante o mes de xullo, o horario de oficina será de 9:00 a 13:30 horas.

Entrevista en Radio Fene a Mónica Sarmiento e Inés Piñeiro

Entrevista en Radio Fene a dúas profesoras do departamento de Instalacións e Mantemento, Mónica Sarmiento e Inés Piñeiro acerca do proxecto de innovación que se entá a desenvolver no centro, Invernadoiro 4.0

 

 

 

 

 

 

Información dos ciclos formativos que se poden cursar na comarca de Ferrol

Publicación no Dario de Ferrol na que se proporciona información acerca da oferta formativa de ciclos de Formación Profesional que se poden cursar na comarca e na que se menciona ao IES de Fene

Especial FP en La Voz de Galicia sobre FP na comarca de Ferrol

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Matrícula para o curso 2022/23 ESO e Bacharelato

                         CALENDARIO PREFERENTE

Horario: Anotaremos na parte posterior do sobre da matrícula a hora asignada de forma individual (para cambiala, chamar por teléfono). Os sobres e impresos pódense recoller na conserxaría do centro.

3º e 4º ESO       28 de xuño
1º e 2º ESO       29 de xuño
1º Bacharelato       30 de xuño
2º Bacharelato       1 de xullo

 

Documentación para o alumnado que veña de fóra do centro:

1.- Sobre e impreso oficial de matrícula debidamente cubertos (facilítanse na conserxería ).

2.- Aboar 1,12 euros do seguro escolar no momento de realizar a matrícula (están exentos os maiores de 28 anos e os de 1º e 2º de ESO).

 O alumnado de 1º de ESO ten que traer fotocopia da tarxeta sanitaria.

3.- Fotocopia do DNI.
4.- Dúas fotografías tamaño carné, co nome e apelidos ao dorso.
5.- Fotocopia do título requirido ou certificación académica, segundo o caso. Non é preciso no caso do alumnado que proveña dos centros adscritos (Os Casais e O Ramo).
6.- Formulario/rexistro de patoloxías

 

                        Documentación para o alumnado do centro:

1.- Sobre e impreso oficial de matrícula debidamente cubertos (facilítanse na conserxería)
2.- Aboar 1,12 euros do seguro escolar no momento de realizar a matrícula (están exentos os maiores de 28 anos e os de 1º e 2º de ESO).
3.- Unha fotografía tamaño carné, co nome e apelidos ao dorso.
4.- Formulario/rexistro de patoloxías

 

*** Os pais/nais que desexen formar parte da ANPA cubrirán o impreso correspondente.

Entrega de boletíns de notas ESO e Bacharelato

A entrega de boletíns de notas dos grupos de ESO e Bacharelato terá lugar o luns 27 de xuño ás 12:00h. na aula correspondente a cada grupo.

Admisión e matrícula a Formación Profesional 2022/23

Prema aquí para acceder á información sobre os prazos do proceso de admisión en FP.

Distribuir contido