Visita de docentes galeses e polacos

Hoxe día 5 de xuño recibimos no IES de Fene a visita dun grupo de docentes polacos e galeses, acompañados por algúns membros do CFR de Ferrol e directores de colexios e institutos da zona. Con todos eles o noso centro participa nun proxecto Erasmus+ , coordinado aquí polo CFR de Ferrol, no que se aborda a temática STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics). Os visitantes puideron observar en directo os traballos de robótica que se desenvolven no centro e tamén coas impresoras 3D, todo levado a cabo no departamento de Tecnoloxía con alumnado de 1º de bacharelato. Tamén se fixo unha demostración co kart que está a ser construído nos talleres de automocíon, labor no que participa alumnado de FP Básica.