Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 12/02/2024).
A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Máis información no enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42358

Proceso Admisión curso 2024-2025

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS FORON ADMITIDAS

Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

Para renunciar a unha solicitude de admisión ordinaria anterior (do 1 ao 20 de marzo) terá que presentar unha nova solicitude ED550B en prazo na que terá que cubrir os datos que aparecen no recadro “Supostos específicos”

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

Mais información

Vacantes para admisión

Reserva de praza para o curso 2024-2025

Todas as solicitudes de reserva presentadas foron admitidas

Ábrese o o prazo de reserva para o curso 24-25 ao alumnado dos centros adscritos de primaria e secundaria. O prazo vai desde o 15 de xaneiro ao 5 de febrero ata as 23:59h

Enlace para cubrir a solicitude on-line

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Pódese consultar a documentación para a presentación no seguinte enlace

Instrucións xerais admisión para o curso 24-25

 

 

Protocolo que regula o uso dos móbiles nos centros de ensino

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2024

A Xunta de Galicia vén de publicar o protocolo para regular o uso dos móbiles nos centros educativos durante o tempo de lecer, a través do que se amplía á totalidade da xornada escolar a limitación do uso de teléfonos e dispositivos electrónicos que xa estaba vixente no interior das aulas desde 2015 en todos os centros sostidos con fondos públicos de Galicia. 

Enlace

 

Bo Nadal 2023

Enlace ao video

A comunidade educativa do IES Ferro Couselo deséxavos Felices Festas

 

Navegando polo Universo

O alumnado de 2° de ESO participou onte 20 de decembro na actividade 'Navegando polo Universo' da man de Íñigo de la Quadra-Salcedo

No interior do seu planetario móbil, unha cúpula semiesférica de cinco metros de diámetro que consta dun proxector de última xeración, realizamos unha viaxe a través do cosmos. Ademáis de contemplar a nosa galaxia, a Vía Láctea, puidemos observar a estrela polar, a Osa Maior, os movementos dos corpos do Sistema Solar, achegarnos á superficie do Sol e mesmo á cara oculta da Lúa. 

Grandes figuras do mundo da ciencia e da astronomía, como Eratóstenes, Ptolomeo, Copérnico Galileo ou Newton, tiveron tamén o seu protagonismo nesta fantástica sesión coa que rematamos as actividades de 2023 do proxecto 'Un camiño  de Santiago cheo de vida' .

Velaquí unha breve reportaxe fotográfica da xornada:

 

Encontros literarios

Encontros literarios do primeiro trimestre

Neste primeiro trimestre do curso, as profesoras de lingua castelá partiparon co seu alumnado en encontros literarios coas autoras Alba Cid, Rosa Huertas, Alba Guzmán e Mónica Rodríguez.
No blog da BiblioFerro podedes acceder a información máis detallada destas actividades e tamén a algunha imaxe.
 

Aula Newton

O alumnado de física e química de 4º de ESO, acompañado dos profesores Rafael Nóvoa e Ana Reboiro, acudiu o pasado 30 de novembro á Aula Newton situada no Parque Tecnolóxico de Galicia para realizar a actividade Volando con números: unha aventura aérea.

Nesta actividade os estudantes recibiron una misión do Centro Integrado de Atención a Emerxencias da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que consistiu en colaborar na observación de diversas ubicacións de Ourense e Pontevedra para axudar a establecer as prioridades das misións de rescate.

O alumnado tivo que facer uso da física e das matemáticas para elaborar un plan de voo co que manexar correctamente un simulador aéreo. 

Medir distancias entre localidades, interpretar a escala dun mapa, estimar os tempos de voo e indicar o rumbo a seguir foron algunhas das tarefas que a tripulación tivo que realizar para completar de forma exitosa a misión. 

Deixamos aquí unhas imaxes da xornada.

 

25 de novembro

A programación do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres ten como lema Encarar TODAS as formas de violencia de xénero.

Con este lema, a Concellería de Igualdade do Concello de Ourense desenvolverá diferentes propostas, como Escape Room e contacontos para alumnado de Primaria e Secundaria, unha exposición fotográfica e un curso de autodefensa.

Días 20, 21 e 22 de novembro.

· Escape Room contra a Violencia de Xénero: Rexeita o maltrato, nos IES Ferro Couselo, O Couto e Prieto Nespereira. Dinamiza: Territorio Comanche.

Coa axuda do videoclip da canción "PICANME OS OLLOS" da artista galega Guadi Galego & Depedro, o noso alumnado reflexionou sobre a necesidade de actuar ante as situacións de violencia ou inxustizas para construir o futuro que queremos.
Tomando como referencia a letra da canción , uniron todos os espazos do centro educativo, mostrando o seu compromiso en contra da Violencia de Xénero. #25N#aFERRateanOnviolencia

Ligazón ao video

 

 

Exposición AstrónomAs

Esta historia comezou hai miles de anos, cando as nosAs antepasadAs miraron cara o ceo e observaron o Sol, a Lúa e as estrelas. Durante anos, outras mulleres seguiron observando o universo facendo interesantes e importantes descubrimentos. 

Vas iniciar unha viaxe da man destas mulleres que te levará a descubrir moitos dos misterios da Astronomía que elas desvelaron con bravurAAlegría e Afán. 

Con este texto comeza a exposición virtual AstrónomAs, centrada en máis de trescentas mulleres dedicadas ao estudo da Astronomía e da Astrofísica e que traballan nalgún dos catorce temas arredor dos que se estrutura a mostra, entre eles, os cúmulos estelares, a física de astropartículas e a cosmoloxía. 

Estes días podemos visitar nos corredores do instituto o formato físico imprimible desta exposición, que xorde como unha continuación de Con A de AstrónomAs nacida no Ano Internacional da Astronomía 2009 e que percorreu durante doce anos museos e centros educativos de todo o país. 

A renovación daquela existosa mostra foi realizada por un equipo interdisciplinar de profesionais de diferentes ámbitos, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Sociedade Española de Astronomía (SEA). 

Con esta exposición continuamos as actividades do proxecto Camiño de Santiago cheo de vida, no que participan as profesoras Ana López, Salud Gago, Ana Reboiro e María José González, xunto con profesorado de centros de Almería, Tenerife e Murcia. 

Este curso, no noso instituto, ademais de traballar co alumnado aspectos do patrimonio histórico, cultural e natural das vilas polas que transcorre o Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Ourense, realizaremos varias actividades arredor da astronomía e do Camiño das estrelas

Nesta ocasión, o alumnado de 2º e de 3º de ESO resolveu un tríptico-cuestionario sobre a exposición AstrónomAs. Tivo que ler polo miúdo e seleccionar a información dos paneis, redactar correctamente as respostas e tamén indagar no formato virtual da exposición.

Velaquí unha mostra da actividade:

 

Distribuir contido