Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Libros recomendados para Economía (dispoñibles na Biblioteca do centro)

Obelix y compañía de René Goscinny y Albert Uderzo

Obélix e Compañía é unha obra mestra dos cómics, da saga de aventuras de Astérix creada por René Goscinny (en labores de guión) e Albert Uderzo (no debuxo). Foi escrita en 1976 e é lectura recomendada para os estudantes de Marketing, Relacións Laborais, Ciencias Políticas e similares.

Nesta ocasión, Xulio César, busca un método revolucionario non baseado na violencia para destruír á tan molesta aldea gala. Require pois os servizos dun novo estudante de Económicas chamado Cayo Coyuntural, que propón introducilos no capitalismo para convertelos en seres decadentes e sedentarios, como os cónsules dos que se rodea o propio César. Así comeza a aventura.

O emprego da linguaxe dos negocios (con uso do infinitivo e frases como "nos chamamos e falamos"), o personaxe de Cayo Coyuntural, segundo din, inspirado en Jacques Chirac, e o uso dun atuendo tan ostentoso como ridículo por parte dos novos ricos, converten a Obélix e Compañía nunha das máis brillantes e sen dúbida máis divertidas metáforas sobre o capitalismo e o funcionamento dos mercados.

(Dispoñible na Biblioteca do centro)


Breve historia de la euforia financiera de J. K. Galbraith

Revisión das crises máis relevantes da historia, desde a tulipomanía do século XVII ata o crack de 1987 e subliña as características que comparten as burbullas financeiras, co propósito de extraer leccións válidas para o futuro.

Agora, en plena crise financeira, a súa lectura cobra máis sentido se cabe. Sobre todo, porque pon de manifesto que a situación actual posúe moitas similitudes con outros episodios sufridos nos últimos séculos.

John Kenneth Galbraith, economista progresista, seguidor de Keynes, asesor do partido demócrata (dos presidentes Roosevelt, Truman, Kennedy e Clinton) e escritor prolífico. Os seus exitosos libros divulgativos estiveron sempre nas listas de best-sellers pois aborda as cuestións económicas cunha linguaxe accesible.

(Dispoñible na Biblioteca do centro)


El mercado y la globalización de José Luis Sampedro

José Luis Sampedro, catedrático de Estrutura Económica e membro da RAE,  explícanos por que non funciona o capitalismo e o impacto que tivo no noso mundo a chamada globalización.

O libro serve para explicar como funcionan os mercados cunha linguaxe sinxela e entendible para  todos os públicos. Analiza os cambios que o mundo sufriu tras a caída do muro de Berlín e o derrubamento soviético, que derivaron na denominada globalización.

(Dispoñible na Biblioteca do centro)


El viaje de Narayan de Jordi Sierra i Fabra

Conto que serve para explicar a importancia dos microcréditos como instrumento de loita conta a pobreza, favorecendo o desenvolvemento económico, a creación de microempresas e a axuda a mulleres. Editado pola Obra Social La Caixa.

(Dispoñible na Biblioteca do centro)


 

La crisis ninja y otros misterios de la economia actual de Leopoldo Abadia

Leopoldo Abadía é un ex profesor de Política de Empresa do IESE nacido en Zaragoza e residente en Barcelona e que deixou o ensino hai 15 anos para dedicarse á consultoría. Nunha tarde de domingo escribiu o artigo e distribuíuno entre os seus empregados por correo electrónico. Ao cabo duns días, “a crise ninja'' era obxecto de apaixonados debates en foros de Internet.

Abadía, aconsellado polo seu fillo Gonzalo, puxo en marcha o seu propio blog, que recibiu máis de 165.000 visitas, entre elas de Xapón, Nixeria e ata de Burundi. A editorial Espasa ofreceulle publicar o libro baseado no artigo. Así aparece La crisis ninja y otros misterios de la economia actual que está xa na sexta edición, e subindo, en parte porque o seu autor entrou no circuíto mediático da man do programa televisivo de Buenafuente.

Leopoldo Abadía propúxose que todos entendamos que pasou e por que nos atopamos actualmente nesta crise que non sabemos cando rematará. Así, que dunha forma moi amena, moi entendible e con exemplos empeza por describirnos o proceso que nos trouxo ata esta crise, chegando á conclusión de que estamos neste punto por unha mestura entre o excesivo diñeiro prestado a xente que realmente non podía devolvelo, a falta de moral dos bancos e a inocencia de outros que parecía non se decatar de nada.

O de chamar a esta crise, ninja, ten a súa explicación. Vén das hipotecas que se daban a un tipo de cliente determinado: No Income, No Job, no Assets. Ou o que é o mesmo, sen ingresos fixos, sen traballo e sen propiedades.

(Dispoñible na Biblioteca do centro)


El principio de Dilbert de Scott Adams

Lectura obrigatoria ou recomendada nalgúns cursos de xestión e MBA. O principio de Dilbert alude a unha observación satírica dos anos 1990 que afirma que as compañías tenden a ascender sistematicamente os seus empregados menos competentes a cargos directivos para limitar así a cantidade de dano que son capaces de provocar.

O termo foi acuñado por Scott Adams, un graduado MBA da Universidade de Berkeley e creador da tira cómica Dilbert no Wall Street Journal.

(Dispoñible na Biblioteca do centro)


¿Quién se ha llevado mi queso? de Spencer Johnson

Trátase dunha fábula sobre o cambio que ten lugar nun labirinto onde catro divertidos personaxes buscan "queixo".

O queixo é unha metáfora do que un quere ter na vida: un traballo, unha relación amorosa, diñeiro, unha gran casa, saúde, recoñecemento, ou unha actividade como correr ou xogar ao fútbol. Cada un ten a súa propia idea do que é o queixo, e vai tras el porque cre que o fai feliz.

Charlie Jones, locutor da cadea NBC, confesou que ler ¿Quién se ha llevado mi queso? salvou a súa carreira cando o seu xefe lle dixo que terá que deixar de comentar as probas de atletismo nas Olimpíadas para encargarse das retransmisións de natación e saltos, dos que nada sabía. Para el foi frustante e enfadouse, pero despois de ler¿Quién se ha llevado mi queso?  cambiou de actitude. Advertiu que o único que acontecera era que o seu xefe "lle movera o queixo", e se adaptou.

Toda empresa que aspire non solo a sobrevivir senón a ser competitiva debe estar a cambiar constantemente. Móvennos o "queso" sin parar. Mentres que no pasado se valoraban empregados leais, hoxe necesítanse persoas flexibles ás que non asusten os cambios.

(Dispoñible na Biblioteca do centro)


Robinson Crusoe de Daniel Defoe

Publicada en 1719 é considerada a primeira novela inglesa.

O argumento é moi coñecido: a ficticia autobiografía dun náufrago inglés que pasa 28 anos na afastada e desarta illa da Desesperación.

Emprégase frecuentemente para explicar a teoría da producción e da elección do consumidor nun modelo económico sinxelo no que non hai comercio, diñero nin prezos.


O marabilloso Mago de Oz de Lyman Frank Baum

Narra as aventuras de Dorothy, unha rapaza orfa que vive en Kansas cos seus tíos e o seu can Totó. Durante un tornado Totó pérdese e Dorothy ten que buscalo, polo que non chega atempo de entrar no refuxio e se ten que esconder na súa casa, que é arrancada do chan pola forza dos ventos. Así chegan á terra de Oz.

Cando a súa casa cae do ceo faino sobre a Bruxa mala do Leste e a mata. Dorothy queda cos seus máxicos zapatos de prata. Para poder volver a Kansas, Dorothy debe pedir axuda ao Mago de Oz, que vive na Cidade Esmeralda á que se chega por un camiño de ladrillos de ouro. No camiño Dorothy atopa a compañía do Espantallo, o Home de Folla de lata e o León covarde, que tamén queren ir ver o Mago.

Moito historiadores, economistas e estudosos han tratado de explicar as posibles orixes e o significado do libro. Aínda que a maioría non cren que teña ningún significado político, Krugman e Obstfeld o toman como unha alegoría da loita política e económica entre os partidarios do patrón ouro e os do bimetalismo en Estados Unidos a fins do século XIX. Así, a estrada de ladrillos amarelos é a falsa promesa do ouro, Kansas o estado agrícola endebedado, os zapatos de prata o camiño de volta á casa, e Oz, a medida de peso do ouro (oz. = onza). O Espantallo (que acompaña a Dorothy para pedirlle ao mago un cerebro para pensar) representaría os agricultores. O Home de folla de lata atopa a Dorothy cando esta o axuda a aceitar as súas articulacións, que o tiveron paralizado durante un ano na mesma posición e quere perdirlle ao Mago un corazón de verdade para poder ter sensibilidade e representaría á forza obreira.
Por último, o León covarde (que representaría ao capital) vive de comer pequenos ratos pois ten medo todo o tempo e busca o Mago para pedirlle valor.

Como curiosidade, o libro atópase en dominio público en Estados Unidos dende 1956.



Iniciar sesión: Acceso
book | by Dr. Radut