Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Dinamización de Igualdade

Mulleres nos deportes

Durante este curso desde o Fontexería tamén quixemos darlle visibilidade e impulso á presenza das mulleres nos deportes. 

365 días argallando

Ademais das diferentes actividades organizadas desde o centro en maternia de igualdade, este curso contamos con varias propostas incluídas no Plan Proxecta "365 Días de Respecto e Igualdade". 

Obradoiros Pantallas amigas

Estes obradoiros programáronse para todos os cursos da ESO en formato videoconferencia. Por mor disto, este ano houbo numerosas dificultades técnicas que impediron que se desenvolveran con normalidade, se ben en esencia saíron adiante. 

Diverxería

Agora que remata o curso facemos memoria do que foi a Semana Cultural desde ano. Desta volta estivo especialmente centrada na diversidade, tal e como se aprecia no seu título, Diverxería, e tamén no cartel que deseñou a alumna de 1º de Bacharelato Ana García. 

 

 

Mulleres nas Letras

Desde as materias de Lingua Galega e Lingua Castelá e desde Dinamización de Igualdade traballamos a prol da visibilización das mulleres escritoras, tanto ao longo da historia coma na actualidade. 

As referentes

Dende Lingua Galega, para as que xa non están houbo conmemoracións: Rosalía de Castro no Día de Rosalía, Luz Pozo Garza no Día das Galegas nas Letras e Xela Arias no Día das Letras Galegas. 

Velaquí o vídeo resumo do traballo realizado arredor do Día de Rosalía: Rosalía.

Obradoiros de Fademur

Ao longo do curso, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR) desenvolveu unha serie de obradoiros para promover a igualdade e a loitar contra a violencia de xénero. Foron un total de 14 obradoiros distribuídos en 3 intervencións. A primeira tivo lugar en decembro con alumando de 1º ESO, a segunda en marzo con alumnado de 3º ESO e a terceira en xuño con alumnado de 2º ESO. 

Filme "Sufraxistas"

Neste curso, o alumnado de 1º de Bacharelato de Historia do Mundo Contemporáneo traballou e reflexionou sobre o movemento feminista a partir da película “Sufraxistas”, que mostra a loita das mulleres inglesas de comezos do século XX por acadar o dereito ao voto.

Xeografía das mulleres

Aquí deixamos unha mostra da actividade realizada co alumnado de 3ºESO durante a Semana Cultural, “A Xeografía das mulleres”, coordinada polo equipo de Dinamización de Igualdade e o Departamento de Xeografía e Historia. Nela, os alumnos e alumnas traballaron a xeografía mundial desde unha perspectiva feminista, plasmando os datos de organismos oficiais sobre a situación das mulleres no mundo sobre mapas, que foron expostos despois no centro.

Fontexería con orgullo!

En xuño celebramos o MES DO ORGULLO! Entre outras iniciativas, tivemos un encontro literario-musical arredor do libro 22 segundos no que participaron Eva Mejuto e Eric Dopazo (Un rapá transquilo). 

Pincha nos anexos para ver as imaxes.

Campaña do 8 de marzo

Velaquí un pequeno resumo das actividades desenvolvidas este ano arredor do 8M. 

Palabras pola igualdade

25N - Quítalle a máscara á violencia de xénero

Velaquí unha mostra da exposición fotográfica "Quítalle a máscara á violencia de xénero", actividade realizada polo equipo de Dinamización de Igualdade do IES Plurilingüe Fontexería arredor do 25N. Premede na ligazón para ver o resultado e nos anexos para ver algúns materiais. E grazas á xente que participou!

https://youtu.be/iLKfB9H86UM

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut