Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Marzo 21, 2022 »
LunMarMérXovVenSábDom
21
Start: 21/03/2022 09:15
End: 21/03/2022 12:15

O luns 21 de marzo o alumnado de E4C/D que cursa a materia de Educación Plástica e Audiovisual acudirá á exposición de Peter Lindbergh, na Coruña, xunto ao alumnado do Ciclo de Vendas e Procesos Comerciais.

El testamento de Peter Lindbergh recala en A Coruña | Cultura | EL PAÍS

Start: 21/03/2022 09:45
End: 21/03/2022 11:25

O día 21 de marzo o alumnado de 4º de ESO acudirá a un concerto de Aldaolado, na aula cultural Xulio Cuns.

Aldaolado - Wikipedia, a enciclopedia libre

22
Start: 22/03/2022 16:00
End: 22/03/2022 16:00

O vindeiro martes 22, entre as 18 e as 20 horas reúnese o Club de Ciencia, para realizar un obradoiro de iniciación á Astronomía.

astronomia2.png

23
Start: 23/03/2022 06:45
End: 23/03/2022 12:15

O día 23 de marzo o alumnado de E4A e E4D sairá fóra do instituto para realizar unha andaina polo Monte do Gato.

BIC en el Monte do Gato - Lugar de la vida

all day
    

 Os pasados días 14,17 e 18 de marzo o Departamento de Xeografía e Historia, en colaboración con Afundación-Abanca, e coordinado pola súa profesora Teresa Bellón, retomou co alumnado de 4º de ESO os encontros cos maiores de Betanzos. Este ano a temática escollida é a emigración. Realizáronse catro encontros de dúas sesións cada un (un encontro por cada grupo de 4º). Nos encontros, as emigrantes retornadas compartiron cos estudantes a súa experiencia vital. Xa na rolda de preguntas descubrimos como algúns dos nosos alumnos eran portadores de historias non menos interesantes neste ámbito. Todo isto terá continuidade nun segundo encontro a finais do mes de abril no que os estudantes tras unha pequena investigación na súa contorna máis próximo serán os protagonistas.

Start: 23/03/2022 12:23

 

 

 

 

O martes 1 de marzo, a nosa (ex) alumna, Elena Fernández Cagiao, era unha das 51 mulleres que subía ao estrado a recoller o diploma que premiaba aos 85 mellores alumnos que, rematando o seu grao durante o curso 2019-2020, mereceron o premio de fin de carreira.

Na noticia da Redacción de La Voz de Galicia sinalan que «El conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, destacó la combinación de «talento, traballo e esforzo» de los galardonados y afirmó que representan «a excelencia das nosas universidades públicas».

Parabéns a Elena, a súa familia e a todos os docentes que, no seu momento, estimularon o seu desexo de superación.

 

La Voz de Galicia, 1 de marzo de 2022

Start: 23/03/2022 19:20

 


   A pareidolia é un fenómeno psicolóxico onde un estímulo vago e aleatorio (habitualmente unha imaxe) é percibido erróneamente como unha forma reconocible. O Departamento de Educación Plástica e Visual con José Manuel Rey Bao traballou este concepto un curso máis, coma sempre, con resultados divertidos e sorprendentes.

 

O código QR ou esta ligazón levan a selección dos mellores traballos #03-2022.

 

 
24
25
Start: 25/03/2022 06:45
End: 25/03/2022 12:15

 

 O día 25 de marzo o alumnado de E4B e E4C sairá fóra do instituto para realizar unha andaina polo Monte do Gato.

 

BIC en el Monte do Gato - Lugar de la vida

Start: 25/03/2022 09:00
End: 25/03/2022 12:00

O vindeiro venres 25 de marzo a fotógrafa voltará ao instituto para realizar as fotos da orla que non se puideron realizar o pasado día 10 de marzo.

Estará no instituto desde as 11 até as 14.

 

26
27
Start: 27/03/2022 18:29

 

25ª Semana

[1ª sesión]
 
Toda a luz que non entra pola fiestra pode chegar das palabras, anxos e rosas, de Medos Romero e Gabriel García Márquez.

 

Distribuir contido