Orientación

Seundo día das VI Xornadas de Atención á Diversidade

Logo da intensa xornada inaugural das xornadas o venres á tarde as VI Xornadas chegan ao seu punto culminate no sábado 3 de xuño.

Tempo de escoitar propostas prácticas, estratexias para camiñar nas nosas escolas cara a igualdade e a coeducación.

María Sánchez Manteiga e Begoña Centorira Bello, ambas ligadas por diversos motivos  ao Aguiar, falaran da súa experiencia no IES de Curtis: "E ti, sabes ler...publicidade?

 

Para definir o concepto de coeducación, Marian Moreno Llaneza, amosará experiencias, recursos e estratexias que levan a igualdade á aula.

"Bruxas, princesas e outras mulleres"  é o título da presentación que abrirá a tarde do sábado. Nela, a ilustradora Noemí López, fara un percorrido polas representacións graficas da muller, especialmente na literatura de ficción.

Tamén pola tarde a experiencia clásica das xornadas na sección "incluidos para incluir" a cargo da asociación ARELAS  e Cristina Palacios

Quen quere ser feminista?" é o tñitulo da disertación de Carmen Gutiérrez de la Cueva coa que se pechara a parrte máis teórica das xornadas antes de dar paso ao boche final cun agardado concerto da cantautora Sofía Espiñeira.

 

2.VI.2017. Dan comezo as VI Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade

O venres 2 de xuño, ás 17.00, dan comezo  as VI Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade.

Abrira as mesmas a nosa compañeira, orientadora no Vales, Lucía Ruiz que presentará as Xornadas como unha etapa máis "dunha longa viaxe na procura dunha escola de cores"

Pouco máis tarde Erick Pescador disertará sobre Masculinidades e Diversidade. E Marian López e Ana María Pérez axudarannos a tomar terra coa súa experiencia no CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol.

O remate festivo e relaxante da xornada virá da man de Quico Cadaval co seu monólogo "Fantasmas Familiares"

 

VI Xornadas de formación e sensibilización sobre atención á Diversidade

Parece mentira, pero xa imos pola VIª. En uns días Betanzos volverá a constituirse nun referente do compromiso do sistema educativo coa Atención á Diversidade.

Este ano EDUCAR EN IGUALDADE E COEDUCACIÓN serán os eixos de reflexión das Xornadas, no empeño de facer un ensino que loite contra a desigualdade por motivo de sexos.

 (consultar neste enlace o programa, e intervencións)

Plan Municipal de Prevencion de Condutas adictivas. Alcohol e Tabaco

 

 

Un ano máis, os días 12 e 18 do mes de maio, e coa colaboración do Concello de Betanzos, o psicólogo Juan Carlos Prados  diríxese ao noso alumnado de 1º e 2º da ESO para falar de prevención de condutas adictivas. 

Este ano os centros de interese serán o alcohol e o tabaco. 

CHARLA DE ORIENTACIÓN PARA ALUMNADO DE 4º DA ESO

O Departamento de Orientación, coa orientadora Mar García,  e o profesor do Ciclo Superior, Victoriano Rodriguez, organiza para o alumnado de 4º da ESO unha sesión informativa sobre as posibilidades de estudo ao remate do ensino secundario obrigatorio.

A charla terá lugar na 5ª hora  no noso Salón de Actos o xoves 11 de maio. 

Cartas de Amor. Obradoiro de Prevención da Violencia de Xénero.

 

Os  vindeiros 21 e 22 de marzo, coa colaboración do Concello de Betanzos, terá lugar no noso Instituto unha interesante actividade.

A partir da exposición que se atopa no Edificio Liceo, titulada "Cartas de Amor", Gloria Serrato traballará co alumnado de 3º de ESO unha serie de aspectos de educación afectiva e sexual que pretenden ser un antídoto contra a violencia de xénero.

O día 21 entre a 3ª e 4ª hora será o grupo D que aborde estes temas. O día 22 en sucesivas quendas de dúas horas serán o resto dos grupos de 3º da ESO os que traballarán os contidos dista exposición. 


 

 

 

 

Sábado 11 de marzo. Xornada de orientación para alumnado e familias ( imos pola IIIª)

 

O Bacharelato é un momento de importantes decisións no relativo aos futuros estudos ou saídas profesionais.

 O panorama educativo constantemente cambiante que estamos a vivir non facilita a toma de decisións aos interesados e ás súas familias

A nosa convocatoria

 . Convidamos ao alumnado de 2º BAC que este ano rematará estudos de secundaria pero tamén ao de 1º BAC para que poida tomar decisións con maior perspectiva.

 . Convidamos ao alumnado, pero tamén ás familias, convencidos de que nunha decisión así compre sumar puntos de vista.

 . Convidamos fóra do horario lectivo para favorecer a asistencia tanto das familias como dos colaboradores/as.

 . Convidamos non tanto a unhas charlas teóricas canto a un encontro con persoas que estudaron ou estudan aquilo no que podemos estar interesados/as.

 . Convidamos non porque dispoñamos dun grande presuposto económico, senón porque atesouramos o inmenso capital humano dun Instituto de máis de medio século. Contaremos como colaboradores con ex-alumnos/as do IES Francisco Aguiar.

 

 

Segunda sesión dos talleres de igualdade

Os vindeiros 21 e 22 de febreiro o alumnado de 1º BAC completará a súa participación no Talleres de Igualdade que están realizando coa nosa ex alumna, a Terapeuta Ocupacional, Natalia V. Pita.

 

Distribuir contido