Orientación

Convocatoria axudas STEMweek

A Consellería de Educación convoca a STEMweek, actividades formativas STEM en lingua inglesa, (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

quendasstem

O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, Burgo-Acea de Ama, s/n, Culleredo 15670), en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.

En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 horas e sairá o sábado entre as 12.00 e as 13.30 horas. As familias ou titores legais dos menores serán os responsables de levar e recoller o alumnado ata o lugar de realización da actividade, e os gastos que isto ocasione serán a cargo deles. O resto das actividades será gratuíto para o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas.

Persoas beneficiarias e requisitos:
a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na Comunidade Autónoma de Galicia. 
b) Ter superadas todas as materias no curso 2016/17. De ser adxudicada unha praza obxecto desta convocatoria a un/unha alumno/a de 4º de ESO que non teña superadas todas as materias do curso 2017/18, deberá renunciar a ela. 
c) Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de 6 na materia de inglés.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario ED504G dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
prazo estará aberto ata o 12 de xullo de 2018
Máis información no DOG do 12 de xuño de 2018 e en www.edu.xunta.es 
Enderezo electrónico: stemweek@edu.xunta.es

ABAU 2018(selectividade)Calendario. Ponderacións...

ABAU: Proba de avaliación do bacharelato para o acceso á Universidade

Calendario da proba de acceso á Universidade: http://ciug.gal/PDF/cartelcalendario2018.pdf

Parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e das materias de opción da proba: http://ciug.gal/PDF/novataboapond18.pdf

A realización dos exercicios da ABAU serán o 12, 13 e 14 de xuño de 2018. Haberá unha convocatoria extraordinaria o 12, 13 e 14 de setembro de 2018

Un blogue interesante do IES A Sardiñeira para aclarar dúbidas: https://monicadizorienta.blogspot.com.es/

Derradeira sesión do programa Suprime o Control

O martes 20 de febreiro puxemos fin ás sesións co alumnado do Programa para a Prevención da Violencia de Xénero que durante tres martes realizaron os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO.

Próximamente convidaremos tamñen aos pais e nais a participar nunha nova sesión de traballo sobre este tema tan importante.

Cuarta e derradeira cos cuartos

Completamos nesta semana  o noso percorrido de charlas sobre Prevención de Condutas Aditivas do psicólogo Juan Carlos Prados polos diversos cursos da ESO.  

Nesta cuarta e derradeira semana serán os alumnos e alumnas de cuarto  da ESO os que traballarán estes contidos entre os días 5 e 7 de febreiro.

Plan Municipal de Prevención de Condutas Aditivas:alcohol e tabaco.

Terceira semana diste ano na que recibimos a Juan Carlos Prado.

Desta volta para falar sobre condutas aditivas relacionadas con drogas legais (especialmente alcohol e tabaco) ao alumnado de 2º da ESO.

Orientaline. Un servizo do Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación pon a disposición de todo o alumnado do IES Francisco Aguiar unha páxina con información actualizada sobre estudos e saídas profesionais: Orientaline (enlace)

Suprime o Control. Programa Socioeducativo de Prevención da Violencia de Xénero

Durante os martes, días 30 de xaneiro, 6 e 20 de febreiro, os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO terán ocasión de participar no Programa de Prevención da Violencia de Xénero que promove a Deputación Provincial, baixo o título Suprime o Contro(enlace)  

Ao longo destas tres sesións cada un dos grupos de 3º e 4º reflexionarán e traballarán sobre a construcción de identidades igualitarias; o fortalecemento da intelixencia emocional e resolución de conflitos; e identificación e prevención da violencia de xénero; e a desmitificación do amor romántico.

Para achegarse a estes temas fomentarase unha aprendizaxe cooperativa e participativa que empregará as TIC's como ferramenta indispensable. 

Como remate proporase a realización de microrrelatos que servirán para a realización dunha curtametraxe como a que agora presentamos froito do traballo dos alumnos e alumnas do CPI Fonte_Díaz de Touro,  no ano pasado.

A curta está gravada no propio centro, dirixida por Sergio Louzao Alonso e protagonizada por Rocío Sanín Fontenla e Xián Barreiro, coa colaboración do resto do alumnado de 3º da ESO e do profesorado.

Metamorfose (VOS) from DELOGA on Vimeo.

Os vapores do ferro de pasar, o xabrón de fregar os pratos, o mango da vasoira. Deixa de estudar; non fai falla que traballes…

Xestos de cariño detrás de miradas celosas e golpes detrás de sorrisos falsos.

Ela xa estaba farta de todo iso; quería ser libre; suprimir o control total; ser forte e voar de novo.

E sabedes que?

Fíxoo.

Entón recoñeceuse de novo diante do espello.”

Sergio Louzao Alonso

Distribuir contido