Orientación

Charla de Orientación para 4º de ESO

22/04/2022 07:35
22/04/2022 09:15
Etc/GMT+2

A Orientadora oferece o venres unha charla sobre saídas académicas e profesionais ao alumnado de 4º de ESO.

Orientación Académica para 4º ESO

03/05/2021 06:45
03/05/2021 07:35
Etc/GMT+2

 

O vindeiro 3 de maio, ás 8:45, os catro grupos de 4º de ESO participarán nunha actividade de orientación ás 8:45, acompañados polos seus e súas titoras.

A actividade consistirá nunha conferencia telemática impartida polo Equipo de Orientación Específica da Consellaría de Educación.

Orientación educativa, una pieza clave en los centros escolares

Guia de estudos superiores da Voz de Galicia 2021/2022

A continuación recomendamos a web publicada pola Voz de Galicia coas titulacións que se poden estudiar na nosa comunidade. Preme na imaxe para acceder e navegar pola info.

guia voz

Amparo, Departamento de Orientación

ENCONTROS VIRTUAIS NA USC

USCO Departamento de Orientación achega unha información que pode ser de interese para o alumnado de 2º BAC.

A USC acaba de presentar un sistema de videoconferencias con información sobre as distintas titulacións.

Estes encontros virtuais terán lugar os días 23, 24 e 25 de marzo. Para poder acceder a eles tedes que ir á web

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

clicar na tiutlación ou tiulacións que vos poidan interesar e acceder nas horas que propón esa web para esas titulacións pinchando en acceder á videoconferencia.

encontros USC

Amparo

Vídeo explicativo ABAU 2021

Para que o alumnado de 2º de Bacharelato se manteña informado sobre as súas próximas ABAU, déixovos o vídeo explicativo que publicou a CIUG dentro das súas instruccións (accesible tamén aquí)

Amparo, depto de Orientación

Información académica UDC para o vindeiro curso 2021-22

Ligámosvos aquí a web da UDC (Universidade da Coruña) onde o alumnado de Bacharelato podedes investigar e descubrir os vosos estudos futuros. 

Preme na imaxe para acceder á web.

Non deixes de visitala!!!

info UDC

 

Para máis información, non dubides visitar o departamento de Orientación. 

Amparo

Guía de Estudos Superiores de A Voz de Galicia

ENLACE DE ESPECIAL INTERÉS PARA O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO. preme na imaxe para acceder ao suplemento de 'La Voz de Galicia'

gia de estudos

ABAU 2020

 

 

 

 

Na web da CIUG están a a disposición dos alumnos os seguintes documentos dos que deixamos ligazón nesta entrada:

Atención!!! Novidade: Publicación do Protocolo Covid-19!!!

[00] Protocolo ABAU 2020: Normas de acceso ao centro e á aula, norma de distribución e permanencia na aula e normas de prevención COVID-19.

[01] Convocatoria ordinaria para as ABAU 2020

[02] Resumo explicativo da Convocatoria ordinaria, e

[03] Instrucións para o alumnado coas indicacións precisas actualizadas referidas aos protocolos sanitarios que esixe esta crise povocada polo Covid-19.

 

Sede da comisión delegada para a realización da ABAU para o alumnado do IES Francisco Aguiar:

C.D.06A

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus de Elviña.

CP: 15071 – A Coruña

 

Calendario exames ABAU Xullo 2020

Ponderación exames ABAU 2020

PAGO TELEMÁTICO de taxas de ABAU e expedición do título

horario abau

 

Para realizar os exames, o alumnado deberá levar consigo:

  • DNI ou documento identificativo: pasaporte, permiso de residencia etc.
  • Resgardo de Matrícula e xustificante de pago
  • Bolígrafo ou pluma de tinta indeleble azul ou negra.

Material axeitado para realizar o exercicio correspondente á materia de Debuxo técnico II e Deseño, así como o dicionario de latín-español ou grego-español e unha calculadora (véxanse as indicacións no documento instruccións ABAU).

No momento da presentación, o tribunal asignaralle un posto de exame a cada alumno/a.

 

ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA O CURSO 2020/21

orientación

Podedes descargar as versións optimizadas para imprimir ou visualizar as presentación en liña.

Descarga en pdf: Pautas de Orientación para o alumnado de 2º ESO

 

Descarga en pdf: Pautas de Orientación para o alumnado de 4º ESO

Visualización online: a pantalla completa

Descarga en pdf:  Pautas de Orientación  para o alumnado de 3º ESO

Descarga en pdf: Pautas de Orientación para o alumnado de 1º BAC 

Visualización online: a pantalla completa

 

 

Distribuir contido