Orientación

Obradoiros de Igualdade de xénero. "Chute" de enerxía... e realidade con Natalia Vázquez Pita

Grazas á desinteresada i entusiasta colaboración da nosa "ex"  Natalia Vázquez Pita, Terapeuta Ocupacional i experta en coeducación e violencia de xénero, o alumnado de 1º BAC participará a partir do martes 14 de febreiro nun obradoiro sobre igualdade de xénero. 

Natalia foi impulsora, coa Asociación Xuvenil Brigantium, dunha novidosa e interesante proposta no pasado verán. A dita Asociación Xuvenil Brigantium convocou o concurso "Un debuxo no ceo pola igualdade de xénero" para ser representado no Globo de San Roque, Betanzos 2016. Esta iniciativa estivo enmarcada dentro do programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, participación e voluntariado da Xunta de Galicia, entidade coa que Natalia participa activamente. 

As dúas sesións que Natalia dirixirá con cada grupo  terán lugar os vindeiros días 14 e 21 (cos grupos B e D),   e 15 e 22 (cos grupos A e C) do presente mes de febreiro.

Polo que coñecemos os obradoiros serán un "chute" de enerxía (Natalia a asegura co seu sorriso e o entusiasmo da súa palabra ) pero tamén de realidade ( e ás veces moi dura )

 

DI K NON

Pola aceptación do alumnado, pola emoción vivida, pola intensidade da experiencia ta só poderemos cualificar como un éxito,a nosa colaboración coa UTE do Centro Penitenciario de Teixeiro.

O martes 10 tivo lugar a visita ao noso instituto. Logo dunha alegórica representación e o visionado dunha presentación audiovisual, a narración das experiencias dos participantes na UTE do Centro Penitenciario de Teixeiro foi un estímulo que moveu corazóns e cabezas para rexeitar a droga.A rolda de preguntas completou unha impresionante experiencia que emocionou a máis de un.

 

O xoves 12 de xaneiro,  os alumnos e alumnas de 4ª A e os voluntarios da biblioteca doutros cursos devolveron a visita coñecendo de preto o Centro Penitenciario, as instalacións, a vida alí...

Por tanto, dende o instituto tan só nos resta agradecer:

Grazas aos funcionarios que fixeron posible tan impresionante vivencia ( especialmente a Cristina)

e aos profesores que a impulsaron e fixeron posible ( Emilio e Xosé Luis)

Grazas aos reclusos pola sinceridade e cercanía.

Grazas ao noso alumnado pola receptividade e respecto.

 

 

 

 

 

DI K NON !

Un ano máis o IES Francisco Aguiar participará nun programa de prevención de drogradicción  en colaboración coa UTE do Centro Penitenciario de Teixeiro .

O martes 10 recibiremos a visita dun grupo da dita UTE que representarán e falarán co alumnado. O xoves 12 serán os alumnos de 4º A e parte de B os que visiten o Centro Penitenciario.

ÁGORA XOVE. Xornada de Educación non formal. Venres 28 de outubro

A partir das 18 horas, no Espazo Xove de Betanzos,  os rapaces e rapazas de 4º da ESO e 1º de BAC participantes no programa de Correspondentes 3.0 fomos convidados a participar o 28 de Outubro nunha Xornada de Ágora Xove que analizará o tema do voluntariado.

O programa apetecible: voluntariados en ámbitos moi diversos ( dende a ecoloxía á inmigración,. dependencia...), reencontro coa Directora Xeral ( que o anoa pasado visitou o noso instituto);  e sobre todo, contacto con outros voluntarios para compartir experiencias e ilusións

18:00 PRESENTACIÓN ÁGORA XOVE. 

18:15 INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: O voluntariado como expresión de compromiso social.


18:30 MESA REDONDA: Voluntariado e educación non formal: competencias clave desenvolvidas no ámbito da acción voluntaria.

ESFERA EDUCATIVA – Ana Vázquez Rodríguez, membro do Grupo de Investigación Esculca da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
ESFERA SOCIAL - Mercedes Casanova Díaz, presidenta provincial de Cruz Vermella en A Coruña.

19:15 DESCANSO

19:30 ACTIVIDADES SIMULTÁNEAS.

BIBLIOTECA HUMANA. Contacto directo con voluntarios dos distintos ámbitos da acción voluntaria.

1. Voluntariado no ámbito xuvenil: representante da Asociación Xuvenil Brigantium.
2. Voluntariado no ámbito ambiental: representante da Fundación Fragas do Mandeo.
3. Voluntariado no ámbito europeo: representante do Concello de A Baña.
4. Voluntariado no ámbito da intervención social: representante de Cáritas Interparroquial de Betanzos.
5. Voluntariado no ámbito da inmigración: representante de Cruz Vermella Betanzos.
6. Voluntariado no ámbito da dependencia: representante de ASPACE.
7. Voluntariado no ámbito da violencia de xénero: representante da Asociación Mirabal.
8. Voluntariado no ámbito da protección dos animais: representante da Asociación Gatocán.

FOCUS GROUP. Retos e desafíos no ámbito do voluntariado.

20:30 CLAUSURA: Cecilia Vázquez Suárez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

 

Os resultados agardamos que fructíferos. Xa contaremos.

De 23 vacas en Crendes a mestre en Alemaña

     O luns 24 de outubro pasou polo Aguiar un rapaz . E dicimos rapaz porque, aínda que había 28 anos que deixara as nosas aulas,  o aspecto, a vitalidade e simpatía das que fixo gala foron as propias dun rapaz.

     Estivo connosco unha persoa que se recordou a si mesma, cando estaba no noso instituto, como o rapaz dunha aldea de Crendes cuxos pais tiñan 23 vacas. Daquela na súa aldea había máis vacas que persoas, hoxe hai máis persoas que vacas ("Times there are changing" diría Roberto Z.) Un rapaz que quería cambiar cousas malia non saber como, algo que é normal que ocorra aos xoves.

     Este rapaz de aldea lembrou que daquela só él e outro do Concello puideron ir á Universidade da Coruña,  cando hoxe son máis de cen os que cursan estudos universitarios. Daquela os 28 Kms que separaban a aldea da Universidade eran todo un mundo, físico e de mentalidade.

     Hoxe non podemos pensar en termos tan estreitos. O luns o rapaz ao que nos referimos traía os seus apuntamentos nunha carpeta da Universidade de Heidelberg. Nela podíase ler o lema deste prestixioso centro educativo: "Semper apertus".  Universidade é internacionalización, non ter medo en facer a nosa vida en lugares lonxanos abrindo as mentes a outras formas de vivir e pensar...pero sen perder nunca a memoria de onde vimos e cal son as nosas raices ( comezando pola lingua nai) Por certo, de aquí unha derivada, aínda que o rapaz fose de letras: é indispensable formarse en idiomas. Os mellores?  Os que mellor se adapten ao que che interesa estudiar ou formarte. Con só 8 (!) poderíamos comunicarnos e traballar na inmensa maioría de paises do mundo.

     Falaba este rapaz ao alumnado de 2º de BAC, de responsabilidade social. Recibimos da sociedade moito e debemos devolvelo en forma de propostas para mellorar, cada día, o mundo no que vivimos.

     O éxito non é recoñecemento fácil,  senón realización personal e compromiso social.

     O rapaz de aldea, de raices campesiñas, que falou connosco o pasado luns,  referiuse a unha cultura do esforzo. Falou de leis educativas en España i en Alemaña. Defendeu algún xeito de avaliación ao remate de determinadas etapas educativas pero poñendo dúas condicións: que non sexan un obstáculo que peche portas senón que que as alternativas sexan sempre dignas para as persoas; e que sexa un sistema flexible que permita reintegrarse ao camiño, cecais abandonado noutras circunstancias. O modelo alemán ten aspectos positivos neste senso.

Falou o luns no IES "Francisco Aguiar" un rapaz que estudou nas súas aulas, e que ao dicir dos seus pais,  hoxendía é "mestre en Alemaña".

Falou cos nosos alumnos de 2º de BAC o Vicerreitor da Universidade de Heidelberg, Óscar Loureda.

Grazas! 

 

CONFERENCIA NO AGUIAR DO PROFESOR ÓSCAR LOUREDA LAMAS

O vindeiro luns 24 de outubro, a partir das 9,30h. , o Salón de Actos do IES Francisco Aguiar será testemuña dun reencontro.

 

 

Retorna ao noso instituto, para impartir unha conferencia ao alumnado de 2º BAC, un antigo alumno, Óscar Loureda Lamas. Nela dirixirase aos nosos alumnos de último curso de Bacharelato nunha charla que levará por título: "Todo o que queres saber da Universidade e nunca te atreviches a preguntar: estudar, formarse, traballar, crear unha sociedade de coñecemento".

Óscar Loureda é doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña e Catedrático de Teoría da tradución, Lingua Española e Lingüística Xeral na Universidade de Heidelberg ( Alemaña). Nela dirixíu o Instituto de Tradución e fundou o Centro de Estudos de Iberoamérica. Actualmente é Vicerreitor de Calidade e Desenvolvemento na dita Universidade. Autor de máis dun cento de publicacións e autor e editor dunha ducia de obras. Óscar é, sen dúbida, un dos filólogos máis destacados no estudo da Lingüística de texto, a tipoloxía textual ou a etnolingüística. 

 O noso ex alumno é ademáis membro do xurado dos Premios Princesa de Asturias de Ciencias Sociais que se entregarán na vindeira fin de semana.

 

 

Para o Aguiar é unha grande honra contar coa súa presencia

e constatar o cariño que aínda garda polo seu antigo instituto.

 

Premios á convocatoria Quérote + 2015-2016

Como consecuencia da participación do noso Instituto no Programa Quérote +  convocouse entre o alumnado do IES Francisco Aguiar un  concurso de textos para reflexionar sobre a imaxe corporal e a influencia dos medios de comunicación neste tema. 

O punto de partida para os participantes foi o visionado do seguinte vídeo: "Doll Face"

 

Os textos premiados foron:

1. "Non persigas o inalcanzable, o mellor está ao teu lado... es ti mesmo"  (Alén Gómez 1º ESO)

 

 

2. O rap de Pedro Sosa (1º ESO)

No te copies de los demás, no.

No te pido que seas como yo.

Sé tu mismo, solo vive

o acabarás más odiado que 

Justin Bieber

 

No te pierdas, el camino sigue.

No te sientas como ninguna rata

Come patatas pues la gordura no mata

Seguirás vivo...

mientras tu corazón lata

V Xornadas de Atención á Diversidade

O venres 6 de maio darán comezo no Edificio Liceo de Betanzos,  as V  Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade cun programa centrado en motivación, educación emocional e prevención do acoso(enlace) que se extenderá ata o seguinte día 7 de maio

Encargouse ao noso Instituto a presentación nestas V Xornadas  dun pequeno traballo audiovisual realizado co noso alumnado. Concretamente fixémolo sobre a educación das emocións e o resultado é o seguinte video (inspirado nun video tailandés)

 

PARABÉNS ÁS PROFES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN (idearon e dirixiron)

E AOS ALUMNOS E ALUMNAS QUE CON TANTO ENTUSIASMO SE PRESTARON A ESTE TRABALLO

3 e 4 de maio. Obradoiro de Bebidas Saudables

Un ano máis o Concello de Betanzos danos a posibilidade de que os nosos alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO poidan participar nun Obradoiro de Bebidas Saudables , que terá lugar durante os días 3 e 4 de maio. 

O plantexamento da actividade nolo explican os chicos de "Oxígeno.Ocio Educativo" que imparten este Obradoiro:

 

 

"Hoxendía moitos xóvenes entenden o ocio e pasalo ben unido inseparablemente coas bebidas alcohólicas. Indubidablemente esa asociación é errónea, a diversión non debe asociarse ao alcohol. É necesario ensinar alternativas para romper esa asociación e crear hábitos de consumo saudables.

 

O Obradoiro de Bebidas Saudables de Oxígeno é un programa de Educación para a Saúde dirixido a alumnos/as de ESO (Secundaria) co obxectivo de previr o consumo e abuso de bebidas alcohólicas e proporcionarlles alternativas saudables .

 

O obradoiro consta de diferentes tipos de actividades para a consecución dos obxectivos propostos: charlas, obradoiros prácticos de preparación de bebidas saudables, dinámicas e coloquios."

Distribuir contido