Ciclos formativos

'Sin humor non hai amor' nova campaña e escaparate do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

Achégase o 14 de febreiro, e o alumnado do ciclo superior volta a sorprendernos cunha fantástica campaña de marketing. Trátase dun photocall-concurso de San Valentín, onde o alumnado de todos os cursos pode posar e, tras a exposición pública nos taboleiros das fotografías, un xurado imparcial escollerá as gañadoras.

Animádevos a participar nesta simpática iniciativa, e lembrade, o amor está no aire!!

sin humor no hay amor photocall

O reto dos 5 € do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

Este venres 18 de xaneiro, a partir das 11:15, o alumnado do Ciclo Superior de Vendas e Espazos Comerciais tén pensado realizar 'O reto dos 5€' no centro e a súa contorna.

Con só 5€ e 1 semana, o grupo de 1º do Ciclo Superior divídese en 4 equipos para desenvolver un pequeno plan de marketing ao longo de 3 horas.

el reto de los 5 euros

Este reto está inspirado nun diseño da Universidade de Stanford e parte do módulo de Políticas de Marketing.

Visita do alumnado do Ciclo Superior de Vendas e Espazos Comerciais á GaliciaSkills2018

Galicia Skills 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o V Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2018, tras o éxito conseguido nas anteriores edicións e referendado polos nosos competidores nas edicións dos campionatos estatais SpainSkills e a presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais WorldSkills e EuroSkills.

O alumnado do Ciclo de Vendas e Espazos Comerciais asistirá o vindeiro mércores 28 de novembro.

Visita do alumnado do Ciclo Superior de Vendas e Espazos Comerciais á GaliciaSkills2018

28/11/2018 07:45
Etc/GMT+1

Galicia Skills 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o V Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2018, tras o éxito conseguido nas anteriores edicións e referendado polos nosos competidores nas edicións dos campionatos estatais SpainSkills e a presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais WorldSkills e EuroSkills.

O alumnado do Ciclo de Vendas e Espazos Comerciais asistirá o vindeiro mércores 28 de novembro.

Novo escaparate do alumnado do Ciclo Superior de Vendas e Espazos Comerciais

Doutra volta o alumnado do Ciclo Superior nos sorprende cun novo escaparate. O resultado e unha proposta terrorífica para un negocio de venta de ordenadores, móviles e informática en xeral. Esta proposta nos serve tamén para anticipar esta vindeira ponte festiva na que, ademáis do día de todos os santos, o 2 de novembro é non lectivo por libre disposición do centro.

Escaparate Halloween Samaín

 

PREMIO a JOSÉ ÁNGEL VARELA LOBEIRAS NO CONCURSO "COMERCIO CON TALENTO"

Estamos de noraboa pola concesión a José Ángel Varela Lobeiras, alumno do noso Ciclo Superior,  dun dos premios "Comercio con Talento" .

 

Tres alumnos do Ciclo Superior de Xestión de Verndas e Espazos comerciais veñen de participar nun concurso convocado pola Xunta de Galicia, "Comercios con Talento".

Trátase dunha convocatoria no que os participantes tiñan que facer un proxecto para potenciar a innovación no comercio, así como impulsar o emprendemento en materia de comercio entre os xoves. 

 

 Os nosos alumnos tiveron que realizar unha pesquisa pola súa comarca co obxecto de seleccionar un comercio “con talento”.Nas tarefa de búsqueda do “comercio con talento”, os alumnos estiveron baixo a supervisión e control da súa profesora Carmen Mato. Cada alumno tiña, finalmente que elaborar un proxecto sobre o comercio elixido. 

 

Os nosos tres alumnos participantes foron: Astrid Alejandra Funes Palacios, cun proxecto sobro o bar de tapas ONZE(enlace) ;  Carlos Manuel Enriquez Gómez traballou sobrfe o Burguer "La Pepita"(enlace). Finalmente José Ángel Varela Lobeiras resultou premiado co seu proxectyo sobre a Libraría Biblos de Betanzos(enlace)

 

 

IIº FESTIVAL DE ABRAZOS. 28.V.2018.Ciclo Superior

 

 IIº "Festival dos Abrazos"

Esta actividade, organizada polo alumnado e profesorado do Ciclo Superior, consistiu en repartir abrazos e bos sentimentos entre o alumnado do IES Francisco Aguiar, sempre con respecto e agarimo.


Os alumnos tiveron que organizar unha campaña de promoción polo centro e nas redes sociais, poñendo en práctica os coñecementos dos módulos do primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión de vendas e espazos comerciais, e o día 28 de maio celebrouse o Festival, onde tiveron que  repartir abrazos ás persoas que así o quixeran, respectando os espazos privados e os tempos de docencia, anunciando as vantaxes dos seus abrazos respecto aos do outro equipo.


Para controlar que os abrazos se dan ben e como debe ser, durante a súa celebración unha persoa do equipo contrario foi de "carabina" no outro equipo para certificar cantos abrazos se deron e que, realmente, se deron co cariño debido.

,

O Ciclo Superior vivista o Polígono de Bergondo

 

Como cada ano, os alumnos do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, visitaron, o pasado día 22, o Polígono Industrial de Bergondo, onde foron recibidos polo adxunto á dirección da asociación de empresarios do citado polígono, e querido exalumno, Antón Pacín.

 

No transcurso da xornada, os alumnos de 1º curso, visitaron as impresionantes instalacións da empresa Coreti, líder no sector da etiquetaxe comercial en Galicia. Así mesmo, na sede da devandita asociación de empresarios, recibiron unha interesante charla da man da súa Xerente, Ángeles Santos, acompañada da orientadora laboral do concello de Abegondo, Isabel Carro.

Grazas pola sempre cordial acollida.

 

Nova proposta "escaparática"do alumnado do Ciclo, para que veas!

Xa son varias veces que nos sorprenden do mesmo xeito.

Cando menos o agardamos... un ir e vir frenético dos alumnos e alumnas do ciclo baixo a coordinación da súa activa profesora, Sol Seoane.  

Unhas veces para montar un creativo árbore de Nadal, outras para instalar un orixinal escaparate de antroido...

agora (con mensaxe subliminal incluido) o seu escaparate de primaveira , para que vexas!

Non podemos menos  que alabar o traballo de docente e alumnado que con tan precarios medios fan un traballo tan meritorio e de calidade que, dende logo,  temos que agradecer dende o instituto.

En suma, alguén dubida que a Formación Profesional é unha boa alternativa formativa para os nosos xóvenes?  

De ser así convidamoslles á Xornada de Orientación do IES Francisco Aguiar diste ano ( 10 marzo 10,30) onde o aprezado Ex profesor do noso Ciclo, Victoriano Rodríguez, volverá a defender esta opción formativa. 

O Ciclo Superior segue coas visitas de empresas: Arenal e El Progreso de Lugo

Unha vez máis neste curso,  as profesoras Carmen Mato e Sol Seoane programan unha saída do alumnado dos dous cursos do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, para coñecer, de primeira man, empresas punteiras perto de nos. 

O xoves 18 de xaneiro, durante toda a mañá, o alumnado terá ocasión de visitar as instalacións en Lugo de Perfumerías Arenal e as liñas de impresión do diario El Progreso de Lugo.

Agardamos, como vén sendo habitual neste curso, a súa crónica da visita. 

Distribuir contido