Ciclos formativos

O ciclo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais visita Pull&Bear

No programa formativo do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, que se imparte no noso instituto, xoga un papel fundamental o coñecemento "in situ" de empresas. Por tal motivo o noso alumnado de 1º curso visitou o xoves 19 de xaneiro de 2017 as instalacións en Narón de Pull&Bear. Unha marca que basea boa parte do seu éxito na loxística ao conseguir  poñer novas prendas en cada unha das tendas duas veces por semana. 

A planta, de 180 metros de largo por 80 de ancho e con máis de 29.000 metros cuadrados, xestiona toda o referente a esta marca en máis de 950 tiendas e 71 paises, tanto nos mercados español, europeo e doutros continentes, como América e Asia. As instalacións que visitarán os nosos alumnos e alumnas son ecoeficientes (gasto de auga, enerxía...) e por iso conta co certificado 'Leed Gold', que establece aqueles aspectos que deben cumplir unhas instalacions como éstas para poderen ser consideradas ecoeficientes.

Xornadas de Formación co Consorcio As Mariñas.( 26 e 28.IX.2016)

Os pasados días 26 e 28 de setembro o Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espacios Comerciais que se imparte no IES Francisco Aguiar renovou unha fructífera colaboración co Consorcio As Mariñas(enlace). Nesta ocasión participando nunhas xornadas de formación que tiveron lugar no noso instituto: 

      26/09  - Habilidades sociais para o emprego e o emprendemento. De 12:30 a 14:15
      28/09  -
 Redes sociais para o emprego e o emprendemento y 
Elaboración do plan de empresa. De 12:00 a 14:15.

CALENDARIO DE PROBAS LIBRES DO CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING

 

CALENDARIO DE EXAMES PARA AS PROBAS LIBRES

DO  CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING:

 

 

Día 06 de xuño ás 09:00h : Políticas de Márketing

Día 07 de xuño ás 09:00h : Investigación Comercial

Día 08 de xuño ás 09:00h : Aplicacións Informáticas

Día 09 de xuño ás 09:00h : Xestión da Compravenda

Día 10 de xuño ás 09:00h : Loxística Comercial

Día 13 de xuño ás 09:00h : Márketing en P. de Venda

Día 20 de xuño ás 10:00h : Inglés

 

 

 

Betanzos, 26 de maio de 2016

VISITA DO ALUMNADO DO CICLO A GADISA. 3.V.2016

"Visita do Alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais a GADISA"

 

O martes 3 de maio,   alumnado e profesorado realizaron unha visita didáctica as instalación de GADISA, empresa ubicado en Betanzos no polígono de Piadela.

 

A visita consistiu nunha charla sobre a estrutura e organización da empresa polo departamento de RRHH. Así mesmo a responsable de Márketing Dixital e ex-alumna do ciclo comentou as características neste ámbito.

 

Seguidamente percorreron as instalacións.

 

Visita do alumnado do Ciclo á Cooperativa FEIRACO

O martes 19 de abril de 2016 os alumnos da Superior Xestión de Vendas e Espazos Comerciais iniciaron o seu programa de visitas didácticas cunha visita a FEIRACO.

 

Na visita coñeceron a comercialización dos seus produtos, a problemática do sector lácteo, percorreron á fábrica e seguidamente asistiron a unha charla sobre o emprendemento cooperativo no ámbito rural.

28 maio. Saída didáctica do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia

Será preciso aclarar de entrada que non...que non é que precisen "refinarse"? Que se trata tan só dunha visita didáctica con meros intereses académicos....?

O certo é que profesorado e alumnado do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotecnia completaron o xoves 28 de maio  a serie de visitas a empresas punteiras da nosa comarca (Inditex, Gadisa...) cun interesante percorrido pola refinería (de petróleo) sita en Arteixo.

Visita do alumnado do Ciclo Superior a GADISA-Piadela

     O xoves 7 de maio o alumnado do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia retoma o seu programa de visitas didácticas  deste curso ( recentemente iniciado coa visita a INDITEX-Arteixo).

     Desta volta percorreran as veciñas instalacións  que a grande empresa de distribución GADISA, ten en Piadela.

11 de marzo 2015. Visita do alumnado do Ciclo Superior a Vegalsa en Sigüeiro

O mércores 11 de marzo, alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia desprazaranse pola tarde  para visitar as instalacións que a empresa distribuidora Vegalsa ten en Sigüeiro.

 

Chegou aos nosos oídos....os negocios de ex alumnos do Ciclo Superior de Comercialización

Chegou aos nosos oídos... que alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia comezan a abrirse paso cos seus negocios.

Recentemente soubemos de Víctor Benavides, ex do Aguiar, que acaba de abrir unha franquicia na Coruña, na rúa Andrés Gaos 35, dedicada a roupa de home CELOPMAN.

Por certo, que preparando esta noticia atopámonos tamén na festa de inaugación do negocio a outra ex-alumna,  Nuria Edreira López (olládea lucindo amplo e contaxioso sorriso na imaxe da dereita)

Tamén tivemos coñecemento da andaina empresarial de Cristina Fuentes. Fai uns anos afincouse en Monforte de Lemos e alí co seu marido administran o Grupo Bodegueiro "Prior de Pantón".

 Dende a "zona nobre" do IES Francisco Aguiar (polos mal informados chamadas "porquerizas") desexamos o maior dos éxitos comerciais ao alumnado do Ciclo e, nesta ocasión, especialmente a Víctor e Cristina.

Elaborar un Plan de Empresa Cooperativo.

Ocórresevos cousa máis elegante que servir nunha celebración suculentas lonchas de xamón serrano.  Imaxinades un xantar máis suculento e delicado que un rico fuet. Sodes capaces de pensar na gastronomía popular e culta do noso país sen a aportación de quen todo se aproveita, mesmo os andares.

Pois daquela entenderedes que por pura constatación histórica chamemos a unha parte do noso instituto "as porquerizas"... pero tamén entenderedes que todos no centro saibamos que tras ese nome agáchase a auténtica "zona nobre" do Aguiar (suculenta como o xamón, delicada como o fuet,  imprescindible como todo o que ven do porco)

Pois en tan privilexiado espazo tivo lugar o martes 28 de outubro unha interesante charla. O profesorado do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia en colaboración co Consorcio das Mariñas  organizou unha sesión de traballo para presentar  ao alumnado "como elaborar un plan de empresa cooperativo"

Distribuir contido