Ciclos formativos

CS Márketing e Publicidade

CARACTERISTICAS DO/A PROFESIONAL DE MARKETING E PUBLICIDADE

Esta profesión está experimentando un aumento de popularidade nos últimos anos, entre outras razóns grazas á súa relación directa co ámbito dixital.

Se es unha persoa proactiva, con iniciativa, con capacidade de análise e síntese, se te defendes ben na comunicación e se es versátil e con capacidade para traballar en equipo, este é o teu ciclo.

Ademais, tamén debes estar ó día das novidades do cambiante mundo do márketing e a publicidade, xa que este ámbito laboral esixe constante renovación.


Por último, tamén é importante o dominio de idiomas, sobre todo o inglés.

 Imaxe de  muneebfarman Pixabay.

QUE VAS APRENDER?

  • Examinar iniciativas emprendedoras e oportunidades de negocio.
  • Organizar eventos de márketing e comunicación.
  • Preparar o contido do material publicitario a partir dunha idea creativa e unha boa estrutura da mensaxe. 
  • Realizar o material publicitario con ferramentas de deseño gráfico e audiovisual.   
  • Construír páxinas web atractivas e eficientes.
  • Elaborar un plan de márketing e un plan de medios de comunicación.
  • Avaliar a calidade do servizo e propoñer melloras para aumentar o nivel de satisfacción do cliente
  • Elaborar un plan de investigación que contribúa na toma de decisión na empresa. 
  • Definir e deseñar os plans para formar a un equipo de traballo de campo.
  • Executar accións para lanzar un produto e mellorar o posicionamento da marca.   

FICHATÉCNICA

 

Máis información: Acceso ó currículo

PLAN DE ESTUDIOS

1º CURSO

2º CURSO

Módulo

Horas

Módulo

Horas

 

Inglés

160

Atención á clientela e ás persoas consumidores e usuarias

87

 

Investigación comercial

132

Deseño e elaboración de material de comunicación

141

 

Márketing dixital

187

Formación en centros de traballo

384

 

Políticas de márketing

187

Lanzamento de produtos e servizos

105

 

Xestión económica e financeira da empresa

187

Medios e soportes de comunicación

87

 

Formación e orientación laboral

107

Proxecto de márketing e publicidade

26

 

 

 

Relacións públicas e organización de eventos de márketing

105

 

 

 

Traballo de campo na investigación comercial

105

 

 

  Estes módulos desenvolveranse: 

  • Potenciando as exposicións orais.
  • Fomentando o traballo colaborativo a mediante a creación de grupos de traballo.
  • Traballando en cooperación co profesorado.
  • Desenvolvendo a creatividade e o pensamento lateral.
  • Fomentando  o uso de TICs.
  • Desenvolvendo competencias dixitais: WordPress, Canva, Trelllo, Shopify…

 

CANDO REMATES OS ESTUDOS, EN QUE PODES TRABALLAR?

 

 EN QUE TIPOS DE EMPRESAS PODES TRABALLAR?

  • Departamentos de márketing, comunicación e gabinetes de prensa calquera empresa ou organización.       
  • Empresas de comunicación, axencias de publicidade e eventos.
  • Empresas, organizacións e institutos de investigación de mercado e opinión pública.
  • Asociacións, institucións, organismos e organizacións non gobernamentais (ONG).
  • Tamén é moi habitual o traballo como autónomo coa túa propia carteira de clientes. 

 E, QUE PODES ESTUDIAR DESPOIS?

  • Calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Ademáis, para no caso do CS de Xestión de Vendas e Espazos comerciais da acceso directo ó segundo curso.
  • Calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario ten limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo. As persoas que se gradúan nun ciclo formativo de grao superior poden obter a validación de créditos universitarios ECTS.

SE DECIDES CURSAR UN GRAO UNIVERSITARIO, TÉS ALGÚN RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS?

Actualmente, en Galicia o ciclo de Marketing e Publicidade ten recoñecidos os seguintes:

GRAO UNIVERSITARIO

CRÉDITOS

Xornalismo

Dirección e xestión pública

Administración e dirección de empresas

Ciencia política e da administración

Doble: Administración e Dirección de empresa e Dereito

Traballo social

Comunicación audiovisual

Educación social

Pedagoxía

Dereito

Relacións laboráis e recursos humanos

Empresa e tecnoloxia

Socioloxía

Xestión dixital de información e comunicación

Xestión industrial da moda

Comercio

Publicidade e relacións públicas

Traducción e interpretación

42

36

34,5

33

30

30

30

30

30

30

30

30

30

30

30

30

30

30

CALES SON OS REQUISITOS PARA ACCEDER?

 

  • Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE.
  • Título universitario.
  • Título de técnico superior ou de técnico especialista.
  • COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes.
  • BUP.
  • Título de técnico.
  • Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.
  • Tamén poderán acceder as persoas que superasen a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

 

 

Escaparates en miniatura

 Os nosos estudantes do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais estiveron a traballar na creación de maquetas de escaparates.

Coa finalidade de darle un enfoque sostible ao proxecto e fomentar a conciencia ambiental e responsabilidade social, na elaboración das maquetas, utilizaron materiais reciclados que combinaron con técnicas de deseño innovadoras, demostrando a súa creatividade e habilidade para traballar con recursos limitados.

Rematadas as maquetas presentáronse nunha exposición dentro das instalacións do instituto. Estes “pequenos escaparates” representan, de xeito atractivo, productos e servizos de diversos sectores, e cada un deles amosa, ademáis, unha pequena historia única.

Noraboa ós alumnos e alumnas polo seu compromiso e dedicación neste proxecto e á profesora polo apoio e orientación durante o proceso de creación.

 

Visita ao centro loxístico de PULL&BEAR

O pasado venres 3 de febreiro, o alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais visitou o centro loxístico da empresa téxtil Pull&Bear, pertencente ó grupo Inditex, situado no Polígono industrial Rio do Pozo de Narón.

Nun percorrido de cerca de catro  horas, guiado de xeito moi ameno por Marta e Laura, tivemos a oportunidade de coñecer as particularidades e requirimentos loxísticos dunha actividade comercial permanentemente conectada coas máis  de 900 tendas que a firma ten en todo o  mundo.

Comezamos a visita na área de aprovisionamento, recepción e expedición de mercancías, nave completamente robotizada e dotada de alta tecnoloxía. Continuamos polas oficinas centrais, ubicadas nunha moderna e ecoeficiente edificación, que alberga as áreas de administración, deseño e patronaxe, marketing e comunicación. Tamén visitamos a tenda piloto onde se determinan as implatacións de produtos, departamento de e-commerce e plató de fotografía e gravación. 

A actividade foi moi aproveitada polo alumnado que tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento dunha das maiores empresas galegas, con gran presenza internacional.

Visita ás instalacións loxísticas de "Pull and Bear", en Narón

03/02/2023 07:30
03/02/2023 12:15
Etc/GMT+2

O alumnado de Ciclo Formativo realizará unha visita formativa ás instalacións de Inditex, no Polígono de Narón, complementada cunha visita á exposición de fotogorafía "Mujer y Danza", en Pontedeume.

Bolsas da FUAC para titulados/as

08/02/2023 11:00
08/02/2023 12:00
Etc/GMT+2

O 8 de febreiro Laura Suárez Calvelo, da FUAc, visitará o centro para dar a coñecer ao alumnado que remata este curso as oportunidades de emprego que oferece a FUAC a través das dúas bolsas.

TALLER “FONTES DE FINANCIAMENTO DA EMPRESA”

Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora adxunta da área de Educación Superior da obra social Abanca, impartiu o taller sobre fontes de financiamento na empresa dentro do programa de educación financeira de Afundación.

Compartiu co alumnado do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais as tres decisións clave para unha empresa: os recursos, en que se invisten e quen os xestionan, así como as alternativas de financiamento da empresa e os seus custos.

Mención especial foi a conta de resultados como xeradora de recursos financeiros e a obtención de beneficios como medio de supervivencia da empresa, non como un fin en si mesmo.

Agradecemos a oportunidade de acceder á información e ó saber facer da entidade.

Charla sobre financiamento bancario. Ciclo Formativo

20/12/2022 10:35
20/12/2022 12:15
Etc/GMT+2

O día 20 o alumnado de Ciclo formativo recibirá unha charla sobre xestión económica e financeira na empresa, a cargo de Carlota Sánchez Puga, coordinadorta adxunta da área de Educación Superior, de Abanca.

EROSKI: IMPLANTACIÓN DO PRODUTO NO PUNTO DE VENDA

O 22 de novembro, por segundo ano consecutivo, Eroski Betanzos brindou ós alumnos e alumnas do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais a oportunidade de coñecer, de primeira man, o modelo de implantación do produtos nas diferentes seccións do hipermercado.

Ó longo da visita acompañounos o encargado do establecemento, quen analizou a metodoloxía de distribución dos productos nos lineais, as promocións temporais e a organización loxística.

Brindounos a oportunidade de comprobar a realidade das técnicas de xestión e implantación do surtido, a organización do almacén e de analizar o sistema de solución de problemas de abastecemento ou escesos de stock.

Agradecemos o tempo e a atención a Adolfo Silva, encargado de tenda e a Eva Capelete do derpartamento de Relacións Sociais e Prevención.

Visita ao supermercado Mercadona, en Betanzos

29/11/2022 14:00
Etc/GMT+2

O alumnado de ciclo visita o hipermecado Mercadona para coñecer, nun caso real, a distribución de seccións e reparto de lineais do estabelecemento de venda, así como da organización do almacén, da man do responsábel do supermercado.

Visita á sección de hipermercado de Eroski

22/11/2022 14:15
22/11/2022 16:30
Etc/GMT+2

O alumnado de ciclo visita o hipermercado Eroski para coñecer un caso real dunha política de implantación de produtos dentro dos lineais, así como a planificación e preparación de campañas de promoción como o Black Friday.

Distribuir contido