1º Bacharelato

IPAHE. Do mercado matinal na Fortezza de Siena á San Gimignano

 

Está claro que a relación entre as nacións e os seus símbolos é diversa. O caso de España coa súa bandera é especialmente curioso. Por iso cecais sexa noticia que para agasallar aos seus invitados españoles, os amigos do Liceo Galileo Galilei, fixeran ondear a bandera española na porta do instituto á beira das banderas italiana e europea.

 

Logo desta sorpresa referida ao protocolo metemonos de cheo no noso estudo .  A Vía de peregrinación francíxena que estamos a estudar non é simplemente unha rota cultural ou espiritual é tamén unha vía de intercambio material, comercial. Ten por isto tivo sentido a experiencia matinal de visitar o mercado que semanalmente se celebra na Fortezza Medicea de Siena. Coñecer os productos típicos e sentir a lingua da venda, do regateo, a invitación dos mercaderes á compra. 


Á tarde percorrido por unha das máis fermosas vilas desta ruta ao seu paso pola Toscana: San Gimignano.  Disfrutar do espectacular skyline "case-neoiorquino" da cidade das torres

No Duomo de San Gimignano os impresionantes frescos de Ghirlandaio e os Maiano entre outros importantes pintores.

 

Chegou aos nosos oídos....Amaia Tomé gañadora do Premio Minerva

Chegou aos nosos oídos....que Amaia Tomé, alumna de 1º BAC do noso IES,  acaba de facerse co primeiro premio na modalidade de narración do prestixioso premio Minerva na súa LXIV edición. O galardón foi concedido polo seu relato titulado "Clare e outras illas".

Os encargados de xulgar os textos narrativos foron o ensaísta e crítico Manuel Quintáns Suárez (como presidente), a tradutora e narradora Ánxela Gracián, o ensaísta e investigador Xurxo Martínez González, o profesor Alberto Muñiz Pascual e servidor, actuando como secretaria a tamén profesora Teresa González da Silva.

Amaia,  como o resto dos gañadores , alén das correspondentes dotacións económicas, serán galardoados cun diploma acreditativo e mais unha medalla de prata do certame durante a entrega de premios, que terá lugar o vindeiro mércores 6 de abril, ás 17:10h., no Salón de Actos do Colexio Manuel Peleteiro, nunha sesión solemne na que pronunciará unha conferencia maxistral o narrador e ensaísta Xosé Ramón Pena e que amenizarán os premiados coa lectura dun fragmento das súas creacións, adianto do que será publicado en breve nun volume editado polo propio centro.

 

Compre destacar  que non é ista a primeira distinción que recibe Amaia, quen o pasado ano se fixo co premio da Fundación Meninos , e  agasallanos coa súa grande actividade creativa en cantas iniciativas xurden no noso IES. 

 

REM Y GUNS & ROSES SCORPIONS 

el hombre tiene ELO STING refugios MOTÖRHEAD lejanos

AEROSMITH HIM de las miserias: KURT SLAYER U2 música, amor.

                                                           Amaia Tomé Tomé

 

Xincana para conmemorar o Día de Rosalía

imaxe de Sabela Arias

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES Francisco Aguiar en colaboración co do Concello de Betanzos organiza para o alumnado de 1º BAC unha xincana para conmemorar o 24 de febreiro o Día de Rosalía.

A actividade terá lugar no Polideportivo do Instituto en dúas quendas:  Na 2ª e 3ª hora participarán os alumnos e alumnas dos grupos A, B e C. Nas horas 5ª e 6ª serán os grupos D e E. 

Charla de José Ramón Leis Fidalgo. "Materiais do futuro que estamos a deseñar hoxe"

Os Departamentos de Orientación e de Tecnoloxía veñen de programar unha actividade que se incribe no programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC,  polo que se busca

achegar aos centros de secundaria o traballo innovador da universidade.

 

 

Trátase dunha conferencia  titulada “Os materiais do futuro que estamos a deseñar hoxe” a cargo do catedrático Dn. José Ramón Leis Fidalgo, do Departamento de Química Física da

USC (Universidade de Santiago de Compostela).

 

Participarán na conferencia os alumnos e alumnas de BAC 1º A, B e C. A charla terá lugar durante a 4º hora do vindeiro mércores 17 de febreiro

Dom Juan ou le Festin de Pierre. Sesión de teatro en francés. Luns 18 de xaneiro.

 O Departamento de Francés do IES Francisco Aguiar programa para o vindeiro luns 18 de xaneiro  a asistencia de alumnado de 4º de ESO e 1º BAC á representación teatral de Dom Juan ou le Festin de Pierre. 

A representación corre a cargo da compañía Eina d'scola e terá lugar no IES Crucero Baleares de Culleredo. 

A saída dende o noso instituto terá lugar ás 9h. e o regreso sobre as 12.30h.

 

DOM JUAN OU LE FESTIN DE PIERRE

LA PETITE COMÉDIE FRANÇAISE

Don Juan é un home engañador de mulleres, cuxos favores obtén mediante falsas promesas de casamento.

Escéptico, descarado, libertino e cunha eterna actitude de burla, utiliza ás personas á súa conveniencia, mesmo ao seu propio pai.

Cre que todo lle está permitido por ser quen é  e non lle teme a nada. Ri das advertencias que recibe para que abandone a súa conducta inmoral. Confía na súa boa estrela e coida que no último momento, chegará un crego,  confesará e poderá evitar á súa condenación eterna.

Pero finalmente e tras varias advertencias, o castigo chega coa aparición de “O Convidado de Pedra”, que tomando a Don Juan da man arrastrao ao abismo dos infernos.

Baseado na personaxe que aparece en “O burlador de Sevilla” de Tirso de Molina,

Molière presenta, neste  Don Juan, o seu propio punto de vista sobre a personaxe.



"O SANGUE FAI RUÍDO". Crónica do club de lectura 1º BAC por Amaia Tomé

  "O SANGUE FAI RUÍDO"
O pasado xoves 19 un  grupo de alumnos de Bacharelato e os seus profesores de Lingua  xuntáronse  nos sillóns da biblioteca do Centro  co gallo de celebrar a primeria reunión do club de lectura do presente curso. Neste amistoso encontro déusenos a oportunidade de dialogar sobre a obra que nos fora emprestada: Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal; peza dramática galardoada no ano 2005 co XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais. 
   Os temas dos que máis conversamos durante esta xuntanza foron a amizade forxada polos personaxes principais, Fernando e Pantaleón, nunha sala de diálise dun hospital. A pesar de que os dous homes procedían de mundos completamente distintos (un deles sen recursos e adicto a substancias estimulantes, e o outro do alta sociedade corrupta) atópanse con que ambos son enfermos terminais á espera dun transplante de ril, obrigados a facerse mutua compaña.
 
   Co paso dos días van aflorando novos pensamentos nas súas mentes, e novas curiosidades sobre aspectos cotiáns aos que a vida nos lles dera oportunidade de prestar atención.
 
   Outro dos asuntos máis debatidos na biblioteca foi o pesimismo narrativo, xa que en toda a obra se nos  trasmite un sentimento negativo e escuro da sociedade na que vivimos hoxe en día. Ademais, a través da figura de Fernando, o autor consegue crear acertadamente unha necesidade de compaixón e empatía que ningún dos outros personaxes acada en toda a trama.
 
   Co fin da reunión puidemos disfrutar dunhas deliciosas lambetadas acompañadas dunha nova proposta de lectura: A casa de Mango Street,  que estamos desexosos de comezar a ler.
Amaia Tomé
 
 

Charla sobre o Banco de Alimentos. 24 novembro 2015

 

O 24 de novembro o alumnado de ESO 4º e BAC 1º mudará o labor academico habitual por unha chamada á solidariedade.


Voluntarios do Banco de Alimentos Rías Altas proporán ao noso alumnado unha acción solidaria colaborando coa Grande Recollida de Alimentos que terá lugar nos supermercados da nosa cidade entre os días 27 e 28 de novembro. Non é ista primeira vez que o Aguiar participa nesta inciativa, e agardamos que desta volta sexa co mesmo compromiso e participación que noutras ocasións.

 

Anatomía Aplicada...¡ e tanto !

Aquela mañá do 3 de novembro ela foi quen de chamar a atención de todo o mundo. A profesora do pelo rizo e pasos máis que lixeiros percorreu os andeis do instituto portando unha neveira das que se usan para ir  á praia no verán. Ben certo que o atuendo, unha bata branca de laboratorio,  non suxería tal uso.

Non é, por tanto,  extrano que Chus Santamariña tivese que respostar máis dunha vez  á pregunta polo contido da citada neveira. 

Non eran, non,  bebidas refrescantes ou xeados para aliviar o veraniño de San Martiño;  nin tampouco unha provisión de marisco en oferta (¡máis quixesemos!) ...tratábase do material para a práctica que faría esa mañá co alumnado de Anatomia Aplicada de 1º BAC: a articulación dunha das extremidades dunha vaca...rótulas, meniscos e todas esas cousas !

O laboratorio de Ciencias Naturais  foi testigo esa mañá dunha disección máis que profesional e dunha atención inusitada por parte do alumnado.

Como semella suxerirnos Nerea co mellor dos seus sorrisos:   ¡ anímaste, foi divertido!

NOTA:

A profesora Chus Santamariña quere deixar aquí constancia do seu grande agradecemento ao personal de carnicería do Eroski. Elas prepararon a peza coa que logo se traballou no laboratorio, tarefa ista que, tendo en conta as dimensións "do bicho",  foi ben custosa. Porén, o resultado didáctico foi máis que satisfactorio.

Soñan os alumnos e alumnas do Aguiar con robots segueliñas? (preguntounos PH.K Dick)

     A mañá do 5 de noviembre comezou cedo para dúas alumnas e un alumno de Bacharelato e un profesor do IES Francisco Aguiar: Gala Sofía(1ºC), Manuel(1ºC) e Icía (2ºA), xunto co profesor Neira. Convocados ás 8.30 na parada fronte ao instituto tomaban autobús de liña rumbo ao Museo Domus de A Coruña. 

A OSHWDem 2015 (1) quentaba motores cunha competición de "segue_liñas" para equipos de estudantes de segundo ciclo de ESO e  Bacharelato co obxectivo de promover o interese  polas tecnoloxías libres e a robótica entre a xuventude galega.

     O equipo do "Francisco Aguiar" que participou neste concurso acadou ,finalmente, o segundo posto na categoría libre. Pero o que máis sorprendeu foi o premio especial á máquina mais orixinal. Valoránbase con este recoñecemento dous aspectos: o material de construcción e aspectos da programación. Polo que respecta ao material do que estaba feito o robot, recoñecíase que, a diferencia dos demais (que eran de plastico), a máquina que presentaba o equipo do Aguiar era de madeira (dende a taboa ata as rodas) e realizada artesanalmente con material de reciclaxe. Polo que se refire á programación destacouse que estivese deseñada para que, se saía do circuito,  volvese ao mesmo (outro detalle que so usou este grupo). 

     A sala do concurso chea de xente e de competidores, montones de nervios, un sensor non funciona, o programa non carga, gran calidade nos competidores e algúns fallos na programación do robot na segunda rolda. Finalmente, o equipo do IES Francisco Aguiar pasou á final competindo polo segundo posto e gañando só por un segundo.

     En definitiva, unha experiencia incrible.

Crónica de Icía Carro

                                                                                                                                                                   Video elaborado por Icía Carro
 
1. Clarexando unha extrana sigla:
 
Hardware de Fuentes Abiertas (OSHW en inglés) es aquel hardware cuyo diseño se hace disponible públicamente para que cualquier persona lo pueda estudiar, modificar, distribuir, materializar y vender, tanto el original como otros objetos basados en ese diseño. Las fuentes del hardware (entendidas como los ficheros fuente) habrán de estar disponibles en un formato apropiado para poder realizar modificaciones sobre ellas. Idealmente, el hardware de fuentes abiertas utiliza componentes y materiales de alta disponibilidad, procesos estandarizados, infraestructuras abiertas, contenidos sin restricciones, y herramientas de fuentes abiertas de cara a maximizar la habilidad de los individuos para materializar y usar el hardware. El hardware de fuentes abiertas da libertad de controlar la tecnología y al mismo tiempo compartir conocimientos y estimular la comercialización por medio del intercambio abierto de diseños.
El «Hardware de fuentes abiertas» es un término para denominar artefactos tangibles – máquinas, dispositivos, u otros objetos del mundo físico – cuyo diseño ha sido publicado de forma tal que cualquier persona pueda fabricar, modificar, distribuir y usar esos objetos.
( fonte OSHWA)

O Aguiar no 33º Outono Fotográfico

Outono Fotográfico é o máis importante festival galego de fotografía, o decano da Península Ibérica. 

Este ano chega á súa 33ª edición baixo o título "Periferias". Ofrece unha ampla programación que se presentarará en toda a xeografía galega ( Ourense, O Barco, Celanova, Chantada, Monforte, Oleiros, Pontedeume,  Pontevedra, Vigo, Xinzo...) e  completarase coa proposta de catro exposicións na cidade de A Coruña

  • Ana Gil na Casa Museo de María Pita (1 a 31-XII),
  • Javier López Prol na Casa Museo Casares Quiroga (2 a 31 XII);
  • unha colectiva "Fotografando Instantes" na Casa Museo de María Pita (10 a 29- XI)....

 

 

Para toda a comunidade educativa do Aguiar é unha auténtica honra poder participar co noso traballo nesta prestixiosa mostra. O traballo do noso alumnado coa dirección e coordenación de Tono Mejuto e do profesor Xosé Manuel Rey son así xustamente recompensados.

 

O vindeiro domingo  terá lugar a inauguración oficial á que nos comprace convidar a todos os amigos do Instituto: alumnos e ex_alumnos, profesorado actual ou pasado, nais e pais, personal non docente ...

Agardamosvos pois o 8 de novembro ás 12,30 na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panaderas 12, de A Coruña

O fotografo dista reportaxe roga disculpas.

Non todos os alumnos participantes aparecen nesta imaxe.

Uns porque xa non están no Aguiar (estudando, algúns fotografía, noutros centros)

outros porque non puideron acudir á "sesión fotográfica". 

Pero o mérito é de todos e cada un dos que traballaron neste proxecto, alumnado e profesorado

independentemente de que estean na foto ou non.

Grazas.

Distribuir contido