1º Bacharelato

"O SANGUE FAI RUÍDO". Crónica do club de lectura 1º BAC por Amaia Tomé

  "O SANGUE FAI RUÍDO"
O pasado xoves 19 un  grupo de alumnos de Bacharelato e os seus profesores de Lingua  xuntáronse  nos sillóns da biblioteca do Centro  co gallo de celebrar a primeria reunión do club de lectura do presente curso. Neste amistoso encontro déusenos a oportunidade de dialogar sobre a obra que nos fora emprestada: Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal; peza dramática galardoada no ano 2005 co XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais. 
   Os temas dos que máis conversamos durante esta xuntanza foron a amizade forxada polos personaxes principais, Fernando e Pantaleón, nunha sala de diálise dun hospital. A pesar de que os dous homes procedían de mundos completamente distintos (un deles sen recursos e adicto a substancias estimulantes, e o outro do alta sociedade corrupta) atópanse con que ambos son enfermos terminais á espera dun transplante de ril, obrigados a facerse mutua compaña.
 
   Co paso dos días van aflorando novos pensamentos nas súas mentes, e novas curiosidades sobre aspectos cotiáns aos que a vida nos lles dera oportunidade de prestar atención.
 
   Outro dos asuntos máis debatidos na biblioteca foi o pesimismo narrativo, xa que en toda a obra se nos  trasmite un sentimento negativo e escuro da sociedade na que vivimos hoxe en día. Ademais, a través da figura de Fernando, o autor consegue crear acertadamente unha necesidade de compaixón e empatía que ningún dos outros personaxes acada en toda a trama.
 
   Co fin da reunión puidemos disfrutar dunhas deliciosas lambetadas acompañadas dunha nova proposta de lectura: A casa de Mango Street,  que estamos desexosos de comezar a ler.
Amaia Tomé
 
 

Charla sobre o Banco de Alimentos. 24 novembro 2015

 

O 24 de novembro o alumnado de ESO 4º e BAC 1º mudará o labor academico habitual por unha chamada á solidariedade.


Voluntarios do Banco de Alimentos Rías Altas proporán ao noso alumnado unha acción solidaria colaborando coa Grande Recollida de Alimentos que terá lugar nos supermercados da nosa cidade entre os días 27 e 28 de novembro. Non é ista primeira vez que o Aguiar participa nesta inciativa, e agardamos que desta volta sexa co mesmo compromiso e participación que noutras ocasións.

 

Anatomía Aplicada...¡ e tanto !

Aquela mañá do 3 de novembro ela foi quen de chamar a atención de todo o mundo. A profesora do pelo rizo e pasos máis que lixeiros percorreu os andeis do instituto portando unha neveira das que se usan para ir  á praia no verán. Ben certo que o atuendo, unha bata branca de laboratorio,  non suxería tal uso.

Non é, por tanto,  extrano que Chus Santamariña tivese que respostar máis dunha vez  á pregunta polo contido da citada neveira. 

Non eran, non,  bebidas refrescantes ou xeados para aliviar o veraniño de San Martiño;  nin tampouco unha provisión de marisco en oferta (¡máis quixesemos!) ...tratábase do material para a práctica que faría esa mañá co alumnado de Anatomia Aplicada de 1º BAC: a articulación dunha das extremidades dunha vaca...rótulas, meniscos e todas esas cousas !

O laboratorio de Ciencias Naturais  foi testigo esa mañá dunha disección máis que profesional e dunha atención inusitada por parte do alumnado.

Como semella suxerirnos Nerea co mellor dos seus sorrisos:   ¡ anímaste, foi divertido!

NOTA:

A profesora Chus Santamariña quere deixar aquí constancia do seu grande agradecemento ao personal de carnicería do Eroski. Elas prepararon a peza coa que logo se traballou no laboratorio, tarefa ista que, tendo en conta as dimensións "do bicho",  foi ben custosa. Porén, o resultado didáctico foi máis que satisfactorio.

Soñan os alumnos e alumnas do Aguiar con robots segueliñas? (preguntounos PH.K Dick)

     A mañá do 5 de noviembre comezou cedo para dúas alumnas e un alumno de Bacharelato e un profesor do IES Francisco Aguiar: Gala Sofía(1ºC), Manuel(1ºC) e Icía (2ºA), xunto co profesor Neira. Convocados ás 8.30 na parada fronte ao instituto tomaban autobús de liña rumbo ao Museo Domus de A Coruña. 

A OSHWDem 2015 (1) quentaba motores cunha competición de "segue_liñas" para equipos de estudantes de segundo ciclo de ESO e  Bacharelato co obxectivo de promover o interese  polas tecnoloxías libres e a robótica entre a xuventude galega.

     O equipo do "Francisco Aguiar" que participou neste concurso acadou ,finalmente, o segundo posto na categoría libre. Pero o que máis sorprendeu foi o premio especial á máquina mais orixinal. Valoránbase con este recoñecemento dous aspectos: o material de construcción e aspectos da programación. Polo que respecta ao material do que estaba feito o robot, recoñecíase que, a diferencia dos demais (que eran de plastico), a máquina que presentaba o equipo do Aguiar era de madeira (dende a taboa ata as rodas) e realizada artesanalmente con material de reciclaxe. Polo que se refire á programación destacouse que estivese deseñada para que, se saía do circuito,  volvese ao mesmo (outro detalle que so usou este grupo). 

     A sala do concurso chea de xente e de competidores, montones de nervios, un sensor non funciona, o programa non carga, gran calidade nos competidores e algúns fallos na programación do robot na segunda rolda. Finalmente, o equipo do IES Francisco Aguiar pasou á final competindo polo segundo posto e gañando só por un segundo.

     En definitiva, unha experiencia incrible.

Crónica de Icía Carro

                                                                                                                                                                   Video elaborado por Icía Carro
 
1. Clarexando unha extrana sigla:
 
Hardware de Fuentes Abiertas (OSHW en inglés) es aquel hardware cuyo diseño se hace disponible públicamente para que cualquier persona lo pueda estudiar, modificar, distribuir, materializar y vender, tanto el original como otros objetos basados en ese diseño. Las fuentes del hardware (entendidas como los ficheros fuente) habrán de estar disponibles en un formato apropiado para poder realizar modificaciones sobre ellas. Idealmente, el hardware de fuentes abiertas utiliza componentes y materiales de alta disponibilidad, procesos estandarizados, infraestructuras abiertas, contenidos sin restricciones, y herramientas de fuentes abiertas de cara a maximizar la habilidad de los individuos para materializar y usar el hardware. El hardware de fuentes abiertas da libertad de controlar la tecnología y al mismo tiempo compartir conocimientos y estimular la comercialización por medio del intercambio abierto de diseños.
El «Hardware de fuentes abiertas» es un término para denominar artefactos tangibles – máquinas, dispositivos, u otros objetos del mundo físico – cuyo diseño ha sido publicado de forma tal que cualquier persona pueda fabricar, modificar, distribuir y usar esos objetos.
( fonte OSHWA)

O Aguiar no 33º Outono Fotográfico

Outono Fotográfico é o máis importante festival galego de fotografía, o decano da Península Ibérica. 

Este ano chega á súa 33ª edición baixo o título "Periferias". Ofrece unha ampla programación que se presentarará en toda a xeografía galega ( Ourense, O Barco, Celanova, Chantada, Monforte, Oleiros, Pontedeume,  Pontevedra, Vigo, Xinzo...) e  completarase coa proposta de catro exposicións na cidade de A Coruña

  • Ana Gil na Casa Museo de María Pita (1 a 31-XII),
  • Javier López Prol na Casa Museo Casares Quiroga (2 a 31 XII);
  • unha colectiva "Fotografando Instantes" na Casa Museo de María Pita (10 a 29- XI)....

 

 

Para toda a comunidade educativa do Aguiar é unha auténtica honra poder participar co noso traballo nesta prestixiosa mostra. O traballo do noso alumnado coa dirección e coordenación de Tono Mejuto e do profesor Xosé Manuel Rey son así xustamente recompensados.

 

O vindeiro domingo  terá lugar a inauguración oficial á que nos comprace convidar a todos os amigos do Instituto: alumnos e ex_alumnos, profesorado actual ou pasado, nais e pais, personal non docente ...

Agardamosvos pois o 8 de novembro ás 12,30 na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panaderas 12, de A Coruña

O fotografo dista reportaxe roga disculpas.

Non todos os alumnos participantes aparecen nesta imaxe.

Uns porque xa non están no Aguiar (estudando, algúns fotografía, noutros centros)

outros porque non puideron acudir á "sesión fotográfica". 

Pero o mérito é de todos e cada un dos que traballaron neste proxecto, alumnado e profesorado

independentemente de que estean na foto ou non.

Grazas.

Alumnos do Aguiar nun concurso de robots segueliñas. Noticia con cabalo de Troia

O xoves 5 de novembro tres alumnos do Aguiar (Icía, Gala Sofía e Manuel) acompañados polo profesor Juan Neira participarán no Museo Domus de A Coruña nun concurso de robots segueliñas.  A iniciativa busca incentivar o emprego de tecnoloxías libres na robótica. 

Trátase dunha liña de traballo que non é descoñecida para o alumnado do Aguiar. O curso pasado, na IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía presentáronse algúns destes robots segueliñas. En maio seis alumnos viaxaron ata a Escola de Enxeñería Industrial de Vigo para participar nun certame de robótica.

Finalmente estes catro representantes do Aguiar levarán ata a Domus o seu traballo constante e rigoroso. A nós, dende aquí só nos queda cruzar os dedos e agardar que todo funcione. Porque xa se sabe, en tecnoloxía ás veces detalles moi pequenos poden levar ao tacho un longo traballo. E sempre se corre o "risco" de que as máquinas acaben actuando pola súa conta. (1)

 

(1) Como ilustración literaria e cinematográfica permitímonos un pequeno cabalo de Troia suxerindo ( coa axuda da premiada wikipedia) obras que tratan este tema:

 

Obras de ciencia ficción que tratan o tienen como marco de la historia, la rebelión de seres creados por el hombre:

 

 

 

 

Clubs de Lectura de 1º BAC.

Na fotografía están case todos.

Case.... porque despois aínda se anotou algún ao Club de Lectura de Primeiro de Bacharelato.

 

       Este ano son sesenta e oito, polo tanto, conseguir libros para todos estes lectores obriga a recorrer ao  

        inxenio.

 

 

         Os rapaces están organizados por parellas para que xoguen unha estimulante "carreira de relevos":

         o receptor do libro ten que ler con certa celeridade para pasar o relevo ao compañeiro ou compañeira 

         coa finalidade de que todos poidan chegar á xuntanza co libro lido.

 

 

Viaxe clásico: Roma. Iniciamos a programación de viaxes culturais no IES Francisco Aguiar.

 

Como cada ano,(dende que o recordado Sebastián Buedo Jimenez (Sebas) e a profesora Rafaela Villalba iniciaran esta fermosa tradición) o Instituto Francisco Aguiar comeza a programación anual de saídas culturais embárcandose nunha viaxe ao mundo clásico.

Malia que nos últimos anos foi Grecia o destino preferido distas viaxes, no presente curso retórnase a mirada cara ao mundo clásico latino cunha visita, entre os días 22 e 29 de setembro, á Cidade Eterna, Roma.

28 rapaces e rapazas de 1º e 2º da Bacharelato, acompañados polas profesoras Rafaela Villalba e Mª José Pereira percorrerán foros e coliseos, galerías e museos, estreitas rúas e avenidas para empaparse de canto transmite esta fermosísima cidade.

 

Desexámoslles unha memorable viaxe.... e agardamos as súas crónicas.

Premio no III concurso inspiraTICs

No curso que estamos a rematar o profesor de Tecnoloxía, Julio Ferreiro participou cos seus alumnos nun concurso de iniciativas dentro das TICs e a Robótica (III concurso inspiraTICs) 

Concorríamos cun proxecto de tres centros (ASIBOT) no que participaban o IES de Nosa Señora dos Ollos Grande, o de Fonsagrada IES Fonte Albei e o IES Francisco Aguiar de Betanzos . 

Este proxecto cooperativo dos tres centros quedou finalmente entre os dez finalistas e logo entre os sete premiados por un xurado formado por cinco destacados miembros do mundo educativo: Manuel González Álvarez, Silvia González, Javier Tourón, Jesús Garrido y Marcos Garasa.   Recibiron 2000 euros para desenvolver o vindeiro curso un proxecto de retos entre alumnos dos tres centros participantes no que se abordará a montaxe e traballo con impresoras 3D e robótica con Arduino

O vindeiro curso 2015-2016 os alumnos de 4º ESO e 1º BAC da nova materia de Robótica serán os encargados de levar a cabo este proxecto. 

O profesor Julio Ferreiro no segundo 16

PARABÉNS PARA JULIO E OS SEUS ALUMNOS!

Correspondentes Xuvenís no Aguiar. Crónica e valoración dunha experiencia.

 

Comezou o curso 2014-2015 coa visita de María José, traballadora no Espazo Xove de Betanzos. Propoñía iniciar un proxecto de información xuvenil colaborando ambas institucións: Espazo Xove e IES Francisco Aguiar. O resultado foi o inicio dun proxecto de creación dunha "antena informativa" que se acolleu ao Plan Proxecta baixo o título:  INFORMA-TE

Eran moitas as razóns que xustificaban a necesidade dunha antena informativa no IES Francisco Aguiar:

  1. O xove para participar necesita coñecer os seus dereitos, as posibilidades que a sociedade lle ofrece, os recursos que ten para elo, etc.

  2. O xove atópase nunha etapa de formación personal na que ten que tomar un gran número de decisións fundamentais

  3. O emprego axeitado do seu tempo libre pode ser moi importante para o seu enriquecimento e desenvolvemento persoal.

  4. Hai moitos proxectos e programas europeos nos que a mocidade pode participar. Neste sentido, a información é un factor clave para a igualdade de oportunidades.

 

A axuda do espazo Xove de Betanzos e os seus traballadores xunto coa activa e entusiasta participación dun grupo de catro alumnas de 1º de Bacharelato (Julia, Mar, Penélope, Eva) foi decisivo no desenvolvemento deste proxecto. Neste senso era fundamental facilitar as canles de comunicación entre o Espazo Xove, e os diversos participantes do IES Francisco Aguiar.

 

Ao remate dista experiencia quedou cumplido o dito obxectivo de crear no IES Francisco Aguiar unha canle de información que trasladase ao alumnado toda aquela oferta informativa que poidese ser de interese.

 Igualmente consideramos axeitadamente cumplidos os obxectivos específicos: que se referían achegar a información de xuventude.net aos compañeiros a traves das redes sociais e dos dous taboleiros instalados en senllos edificios do IES e procurar manter actualizada a información

 

     Quedou en cambio para convocatorias posteriores a instalación dunha pantalla informativa na entrada do IES. E sobre todo, traballar máis na dirección inversa á iniciada este ano: porque, se ben foi un curso intenso en canto ao tráfico de información dende as institucións ao alumnado, fica por completar este circuito facendo que as correspondentes poidan facer de canle para que as iniciativas e propostas do alumnado cheguen á Oficina de Información Xuvenil e ao Espazo Xove de Betanzos.

      Iniciamos as actividades cunha reunión informativa para poñer en marcha a antena informativa. Nela participaron:Borja Rubio Somoza, dinamizador da Rede Galega de Dinamizadores Xuvenís, dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, quen axudou a orientar o proxecto e trazar liñas claves do mesmo, a traballadora do espazo Xove de Betanzos, as catro alumnas de 1º de Bacharelato que actuaron como correspondentes este curso, o Director do noso IES e os xefes dos departamentos de Orientación e de Actividades Complementarias e Extraescolares. Na susodita reunión o informador xuvenil informou sobre o que significa a antena xuvenil, as súas funcións e funcionamento e ofertou apoio continuado na tarefa

       A acción principal do noso proxecto centrouse en dar información sobre temas de interese para a xuventude, eventos, ocio, deportes... e servir de nexo de unión entre a xuventude e o/a informador/a xuvenil para captar as necesidades e programar actividades en función delas.

      O medio principal para facer chegar esta información foi a instalación de dous taboleiros de anuncios nos dous edificios de ESO e BAC do noso IES. Conforme pasou o tempo esta acción completouse cunha presenza nas redes que se materializou en senllas contas de facebook e twitter.

 - twitter: @espazoxovebetanzos

 - Facebook: https://www.facebook.com/espazoxovebetanzos?fref=ts

 A información xuvenil dos taboleiros de anuncios e das redes sociais, nútrese da página: http://xuventude.xunta.es/ e, máis concretamente de: http://xuventude.xunta.es/boletin-semanal.html

 Tamén, as correspondentes recibían semanalmente dende o Espazo Xove a información de canto lles poidese interesar pola súa idade, proveniente do Concello de Betanzos.

 

  

   Unha das acción que acadou maior repercusión foi a organización dunha xornada lúdico-formativa coincidente co último día do primeiro trimestre. Nela o equipo de correspondentes, profesorado e técnica de información xuvenil fixo unha oferta de lecer ao alumnado que foi moi ben valorada pola poboación escolar. Nela incluíanse obradoiros de DJ, grafitti, skate e zumba.  (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfranciscoaguiar/node/1455)

 

En colaboración co Espazo Xove o equipo de correspondentes colaborou coa recollida solidaria de tapóns de plástico. Iniciativa ista que se mantivo, con notable éxito durante todo o curso escolar instalando en ambos edificios un punto de recollida.

 Outra das accións importantes que se desenvolveron foi a realización dunha serie de charlas dirixidas a alumnos e alumnas de todos os grupos de 3º e 4º da ESO para informar de actividades organizadas pola susodita Direccción Xeral cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do ocio, do tempo libre, e a formación. Tiveron lugar o martes 3 de marzo e participaron nelas a responsable do Espazo Xoven de Betanzos ( Mª José), un técnico da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (dependente da Consellería de Traballo e Benestar), coa presenza de Cecilia Vázquez Suárez da mesma Consellería.

Igualmente recibíuse a visita no centro, do Director Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.

 

 Para o desenvolvemento deste traballo contouse principalmente non tanto con grandes medios materiais como con persoas entregadas ao proxecto: A técnica de información xuvenil do espazo Xove de Betanzos, as catro alumnas responsables da antena de información xuvenil, que se amosaron en todo momento  moi dinámicas e con interese de estar informadas e transmitir a información, os Xefes dos Departamentos de Orientación e de Actividades Complementarias e Extraescolares e a activa dinamización do Director do IES. Este grupo reuníuse ao longo do curso cunha periodicidade aproximada dunha vez cada quince días.

 A antena xuvenil ocupou un espazo visible no primeiro andar de dous edificios do IES, o edificio de BAC e o da ESO. Neles instalouse un taboleiro de anuncios con toda a información de interese, procurando a maior visibilidade e que estivese permanentemente actualizada.

Engadiremos a isto o espazo na rede que supuxo acreación de contas en facebook e twitter

 

En suma, a posta en marcha da antena informativa resultou unha novidade moi ben acollida polo alumnado, especialmente polo de Bacharelato. Hai que valorar neste senso que se trata dun tramo de idade , en xeral, máís interesado neste tipo de información. A isto engadiremos o feito de que as correspondentes eran alumnas de bacharelato polo que se engadía ao interese da información a vinculación coas transmisoras da mesma.

 Foi frecuente ver alumnos e alumnas consultando os taboleiros e máis aínda eran frecuentes as preguntas ás correspondentes relativas a diversas informacións que aparecían nos mesmos. Tamén foi crecendo a consulta nas redes sociais ( facebook, twitter)

 Como indicabamos ao inicio destas liñas resta por completar o circuito facendo de canle das propostas do noso alumnado dirixidas cara as organizacións xuvenís. Posiblemente, xunto co mantemento da iniciativa e a súa maior extensión ao alumnado da ESO, iste sexa o principal reto para o vindeiro curso.

Polo de agora, agradecemento e  parabéns especiais para Julia, Mar, Penélope e Eva. Agardamos seguir contando convosco!

 

Distribuir contido