1º Bacharelato

As Pontes. Visita Didáctica.

Organizada polos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía, o mércores 18 de marzo terá lugar unha visita didáctica ás instalacións de ENDESA en As Pontes. 

Participará nesta saída un grupo de 37 alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de BAC que cursan as materias de Física e Tecnoloxía Industrial. Estarán acompañados pola profesora de física M. Luisa Muiño,  e polo profesor de Tecnoloxía Juan M. Neira.

Andaina polo Camiño Inglés. 17 de marzo.

Reanúdanse as camiñatas polo Camiño de Santiago co alumnado de Bacharelato.

Nesta ocasión case 50 alumnos e alumnas de 1º e 2º percorrerán un dos tramos do Camiño inglés acompañados polos profesores Luis Gorrochategui, Pancho Sánchez e Carlos Castellanos.

Sairán de Pontedeume coa mañanciña. "Recolleremos os restos" Sorriso ao remate das clases da tarde no IES Francisco Aguiar.

¡BOA ANDAINA!

24 de febreiro. Yincana para celebrar o Día de Rosalía

Ao abrir o buscador de internet esta mañá,  tropezamos coa sorpresa de que na cabecera de Google (o doodle) conmemórase  o 24 de febreiro,  Día de Rosalía,  cunha imaxe que ( por suposto incorporando a marca do buscador ) recorda a Rosalía e algún dos seus versos máis coñecidos.

O IES Francisco Aguiar coa animación do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística i en colaboración co Departamento de Normalización do Concello de Betanzos , organiza unha actividade para conmemorar este día.

Trátase dunha "yincana" literaria (Sorprendidocon esta grafía está recomendada pola RAE, non a recolle a RAG) consistente nun conxunto de probas de destreza, inxenio e coñecemento sobre esta insigne escritora.

As dinámicas probas tiveron lugar no Polideportivo do Instituto nas dúas primeiras horas da mañá, e participaron nelas os grupos A e B de 1º BAC.

 

 

12.II. Charla de Orientación académica para alumnado de 1º BAC

Dentro do labor que o Departamento de Orientación que dirixe Amparo Mejuto cada ano ofrécese ao alumnado de 1º de bacharelato unha charla para guiarse no curso de 2º. 

O xoves 12  de febreiro a hora terá lugar dita charla no Salón de Actos á que asistirán todos os alumnos e alumnas de 1º BAC. Nela recibirán información relativa aos estudos de  2º BAC e a selectividade.

Tamén coa participación do profesor do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Mercadotecnia, Victoriano Rodríguez, coñecerán as alternativas de estudo relacionadas coa Formación Profesional.

Segunda sesión da Charla sobre Transplantes

Hoxe, 13 de xaneiro,  no Salón de Actos e na última hora da tarde,  o alumnado de 1º de Bacharelato dos grupos B e C terá a oportunidade de asistir  a unha charla sobre Transplantes. O alumnado dos outros dous grupos xa tivo a oportunidade de participar nunha charla coma esta o pasado 18 de decembro con grande aceptación de poñentes e asistentes.

Desta volta a charla será impartida por un antigo alumno do Aguiar, Alejandro Montero,  que traballa na Unidade de Transplantes do CHUAC

19 de decembro. Segunda visita a Sotavento.

O pasado 19 de decembro tivo lugar a segunda visita do noso alumnado ás instalacións de SOTAVENTO. Tratábase de alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º BAC. Sumaronse tamén Carla e Sofía de 3º da ESO.

Estiveron acompañados e guiados polos profesores de tecnoloxía Juan M. Neira e Julio Ferreiro,  coa compaña do alumno que realiza no IES Francisco Aguiar o Máster de Profesorado,  Jacobo López.

Charla sobre transplantes para 1º BAC

 

 

O xoves 18 de decembro o IES Francisco Aguiar retoma unha actividade habitual na programación anual de actividades complementarias e extraescolares. Referímonos á charla coa que a Oficina de Coordenación  de Transplantes do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) busca  concienciarnos sobre a importancia da súa actividade e do noso necesario compromiso. Este actividade foi suxerida por un ex alumno do Aguiar, Alejandro Montero, comprometido profesional e personalmente con esta actividade.

Terá lugar no Salón de Actos entre as 12.35 e as 13.25 hs. e estará dirixida ao alumnado de BAC 1º A e D. Á volta de Nadal serán os grupos B e C os que participarán nunha charla similar .

A voltas cos maps

E volvemos en TICs a estar atarefados co Google Maps. Trátase de planear viaxes a distintas cidades ou vilas galegas. Agardando o resultado, publico aquí (xa que non se fixera antes) uns antigos mapas feitos no curso 2008/2009 con rutas por Betanzos.


Ver Betanzos medieval. en un mapa más grande

Ver Betanzos. Ruta do camiño inglés. en un mapa más grande

Xornada de cultura británica no Aguiar

¿Como se chama a bandeira do reino Unido? ¿Que significado teñen as súas cores?

¿Por que os británicos circulan pola esquerda nas estradas? ¿Circulase deste xeito noutras zonas do mundo mundial?

De todo isto...e moitas cousas máis puidemos saber grazas a Luke, un simpático poñente invitado polo Departamento de Inglés para falar (en pulido británico) ao noso alumnado de 1º BAC.

Despois deste primeiro de outubro saberemos todo isto e poderemos distinguir "shirt" de "kilt"Guiño

Iº Concurso de Vídeo Científico. IES Francisco Aguiar 2014

O xurado formado por Dna. Blanca Bello, D. Oscar García e Dna. Mar Nieves García acordaron seleccionar entre os vídeos presentados ao concurso os nove seguintes, e sometelos para unha votación popular

CLICANDO NA ICONA DA ESQUINA SUPERIOR ESQUERDA (LISTA DE REPRODUCCION) PODERÁS VER O LISTADO DE VÍDEOS SELECCIONADOS

 

AGARDAMOS A TÚA OPINIÓN

 

Distribuir contido