1º Bacharelato

Charla sobre Terapia Ocupacional

18 de Xuño de 2012

Charla acerca de Terapia Ocupacional destinada ao alumnado de 1º de Bacharelato A e B. No salón de actos de 10:20 a 11:30 a cargo de Natalia Vázquez.

Taboleiros colaborativos no Pinterest

Os de TICs 1º Bac déusenos por probar o Pinterest, din que é unha rede social de moda en USA. Fixemos un exercicio consistente en crear un taboleiro colaborativo.

Taboleiro sobre Arte Taboleiro sobre Natureza. Taboleiro sobre mecánica
 Taboleiro sobre PC-Mods
 Taboleiro sobre deportes
 

Liga de Balonmán

24-Maio-2012

b

 

Nova xornada da liga de Balonmán organizada por Raimundo Fernández con partidos de alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

Os partidos desenvolverándse de 10:15 a 12:40.

 

Charla de Miguel Castelo (cineasta galego)

25-Maio-2012

Miguel castelo

Organizada polo Concello e Vicedirección. Charla co cienasta galego Miguel Castelo destinada ao alumnado de 1º de Bacharelato e Vicedirección.

1º Bac de 8:45 a 10:15
3º ESO de 10:40 a 12:15

 


Traballos de materiais en Tecnoloxía Industrial 1

Gustaríame facer públicos tamén os traballos que veñen de facer os alumnos e alumnas de Tecnoloxía Industrial 1. Estes magníficos traballos foron acompañados de presentacións na clase e con eles aprendimos xuntos acerca dos plásticos, a madeira e os materiais téxtiles. Noraboa polos traballos.

"Plásticos" (presentación)

"Plásticos" (modo texto)

"Madeira" (presentación)

"Madeira" (modo texto)

"Textiles" (presentación)

"Textiles" (modo texto)

Visita ás instalacións de Enmacosa en A Coruña

23-Abril-2012

enmacosa logoO alumnado de Tecnoloxía Industrial I visita ás instalacións da consultoría técnica Enmacosa na Coruña.

Enmacosa é unha empresa que desenvolve as súas actividades nos estudos previos, control de proxectos en Obra Civil, asistencia técnicas nas fases de execución, control de calidade dos materiais utilizados, definición e realización das probas finais e de funcionamento, informes puntuais sobre patoloxías diversas, etc.

enmacosa mapa

Liga de Balonmán

19-Abril-2012

feliciano2

 

 

Nova xornada da liga de Balonmán organizada por Raimundo Fernández con partidos de alumnado de 1º  de Bacharelato.

Os partidos desenvolverándse de 10:15 a 12:40.

 

 

 

 

Traballos e presentacións de TICs

Gustaríame facer públicos os traballos dos alumnos de TICs, de temas variados relacionados ca Seguridade Informática, a Privacidade na Rede e a Realidade Aumentada entre outros. Norabóa polo voso traballo!!!

"Privacidad en la Red"(presentación)

"Privacidad en la Red"(trabajo modo texto)

"Virus, troyanos y demas bichería" (presentación)

"Virus, troyanos y demás bichería" (trabajo modo texto)

"Bichería informática" (presentación)
"Realidad aumentada 1" (presentación) "Realidad aumentada 2" (presentación)  

 

 

 

Liga de Balonmán

26-Marzo-2012

b

 

Nova xornada da liga de Balonmán organizada por Raimundo Fernández con partidos de alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.

Os partidos desenvolverándse de 10:15 a 12:40.

 

 

 

 

 

Charla con D. Carlos Reigosa

28-Febreiro-2012crime en compostela

Carlos ReigosaO departamento de Lingua Galega e Literatura, organiza unha charla co escritor D. Carlos González Reigosa para o alumnado de 1º de Bacharelato (grupos A, B e C) e 4º da ESO (grupos B e C).

Entre outras obras, Carlos Reigosa é o autor de Crime en Compostela (1984) gañadora do primeiro Premio Xerais e a iniciadora da novela negra na literatura galega, ademais dun dos libros máis vendidos en lingua galega.

Distribuir contido