Xerais do centro

Actividades feitas no centro

Formación na radio escolar

O pasado venres 21 de abril, un grupo de alumnos e alumnas de 2º de ESO participaron de xeito voluntario nun curso de formación en radio escolar. Aprenderon a facer un guión, gravar, empregar o Audacity e manexar a mesa de misturas e o control técnico. Xa están preparados para traballar sós! De feito, o luns no recreo xa foron á radio a poñer en práctica o aprendido.

Aquí tedes varias fotos da xornada de formación. 

Graciñas á rapazada por participar!!

Álbum: Curso 22-23 -> Formación na radio escolar

SON AGUIAR - Aviso!

ATENCIÓN!

 

Dado o éxito da Radio Escolar, infórmase que (ademais dos recreos do luns, xa establecidos) gravaranse podcast nos seguintes recreos:

- Primeiro recreo dos martes.
- Segundo recreo dos mércores.
- Os dous recreos dos xoves.
- Os dous recreos dos venres.

 

La Xunta de Galicia incorporará en el curso 2021/22 una treintena de nuevos  centros al programa 'Radio na Biblio' – Guia de la Radio



Vémonos na Radio!

Celebración do Día do Libro

 

Xa queda moi pouco para o 23 de abril, o día do libro. Aínda que este ano cadra en domingo, dende a Biblioteca ímolo celebrar como se merece, con varios Obradoiros durante o resto do mes de abril e parte de maio. Anotade as datas e achegádevos á Biblio nos recreos para participar nestes Obradoiros e celebrar o día do que sin duda é un "gran amigo" o libro. Unha boa lectura, pausada e con tranquilidade, é unha grandísima experiencia, animádevos a ler!  Espérovos na Biblio!

 

 


OBRADOIRO DE RADIO
1º-3ºESO: segundo recreo dos luns.
4ºESO e BAC: recreo dos venres.



OBRADOIRO DE CHAPAS:
1º-3º ESO: 1º recreo dos martes.
4ºESO e BAC: recreo dos martes.



OBRADOIRO DE IOGA:
1º-3º ESO: segundo recreo dos mércores
4ºESO e BAC: recreo dos mércores



OBRADOIRO DE CREACIÓN DE LIBROS POP-UP:
1º-3ºESO: recreos dos xoves.
4ºESO e BAC: recreo dos xoves.



OBRADOIRO DE ORIGAMI: 
1º-3ºESO: 1º recreo dos luns
4ºESO-BAC: recreo dos luns



OBRADOIRO DE LETTERING:
1º-3ºESO: primer recreo dos venres.
4ºESO- BAC: recreo dos venres.

FRASEOLOXÍA DO GALEGO POR 1º DE ESO

O alumnado de 1º de ESO estivo a realizar un traballo colectivo sobre fraseoloxía do galego. Cada alumna/o explicou unha frase feita do noso idioma ,  buscou unha fotografía adecuada para ilustrar o seu significado figurado e inventou oracións para exemplificar o seu uso.

Mural sobre o 8M na biblioteca escolar

Na foto pódese ver o mural elaborada pola responsábel da biblioteca escolar, a profesora Alba A., para celebrar o día 8 de Marzo.

O mural está á entrada da biblioteca e nel hai información sobre o sentido quen para o movemento feminista a cor morada, a orixe da efeméride do 8 de marzo... e tamén algúns libros sobre feminismo que temos na biblioteca.

O alumnado pode participar no mural, deixando as súas achegas ás preguntas propostas. 

 

Exposición sobre o Premio María José Wonenburguer (mulleres científicas)

Hoxe foi instalado no segundo andar do edificio princiapl unha exposicion itinerante dedicada ao Premio María Josefa Wonenburguer. Con este premio, a Xunta de Galicia Goberno galego quere recoñecer ás mulleres científicas de Galicia, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras. Pretende  visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía. C

O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha autentica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo.

Dende a creación do Premio foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía. 

 

O día 2 de febreiro os grupos de 4º de ESO irán coñecer a María Victoria Lareu Huidobro (Santiago de Compostela, 1960) é licenciada en Medicina e Ciruxía pola USC (1984), continuando a súa formación en diferentes centros de investigación de especial relevancia en medicina forense como o Instituto Medicina Legal de Coímbra ou London Hospital College.

Realiza a súa tese doutoral sobre marcadores xenéticos na cirrose hepática alcohólica (1990) na USC, integrándose no Departamento de Patoloxía e Ciencias Forenses como profesora asistente e realizando a súa actividade investigadora e docente centrada no campo da xenética forense, participando na introdución no campo dos loci STR.

En 1996 obtivo o cargo de profesora da USC no Departamento de Patoloxía e Ciencias Forenses, onde desenvolve a aplicación pioneira no campo dos SNP (polimorfismos de nucleótido único) e InDels (polimorfismos de inserción e deleción) para a predición de ascendencia biogeográfica e características físicas, novos marcadores en xenética forense que actualmente se utilizan amplamente no campo forense. Na actualidade centra a súas investigacións na aplicación de tecnoloxías de secuenciación masivamente paralelas no campo forense e o estudo e aplicación das marcas epixenéticas do xenoma humano, campos pioneiros na investigación forense.

En 2007 obtivo o cargo de catedrática de Medicina Legal da USC, e é nomeada directora do Instituto de Ciencias Forenses da USC.

O seu traballo foi recoñecido con catro premios consecutivos de investigación de excelencia (sexenios de investigación) (entregados cada seis anos) (1990-1996; 1997-2002; 2003-2008; 2009-2014 (próxima aplicación 2020), e cunha Transferencia de ciencia. Premios (sexenio de transferencia).

 

 

 

Actividades deportivas. Nadal 2022

 

Na última semana do trimestre, o Departamento de Educación organizou un torneo de voleibol feminino. Aquí tedes un pequeno vídeo.

Por outro lado, o Departamento de Educación Física organizou tamén un campionato de fútbol sala masculino, do que tamén temos un vídeo.

Deixamos aquí a foto do equipo gañador, 1º C de Bacharelato.

8 de Marzo. Día da Muller Traballadora

 

Co gallo do día 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, o alumnado de 1º de ESO realizou un traballo sobre mulleres para destacar o importante papel que xogan as mulleres na ciencia e nas artes.

 

Festival de Nadal

 

O pasado 21 de decembro celebrouse no Salón de Actos un festival de Nadal para 1º e 2º de ESO. Ao longo da mañá houbo diferentes actuacións e unha delas foi a interpretación de panxoliñas.

 


Na galería fotográfica podes atopar un vídeo dunha das actuacións do profesorado co, recentemente xubilado e incombustible, Julián Ferrer á guitarra. Grazas por tanto, maestro!pitaGuiño

 

Distribuir contido