Actividades Extraescolares

STOP ACCIDENTES

Diferentes grupos tiveron charlas impartidas por educadoras e psicólogas de STOP ACCIDENTES durante a xornada.

 

RELEVO 2

O venres tivemos unha charla sobre turismo e deportes naúticos, organizada polos colectivos que conforman a iniciativa RELEVO 2, para fomentar nas novas xeracións as actividades que teñen que ver co mar.

 

 

JUST DANCE

Vaia final de trimestre con esta actividade de JUST DANCE!!. Noraboa a todos os gañadores e dar as grazas aos participantes, organizadores, con Benxa ao fronte de todo e aos patrocinadores.

 

ENTREGA MATERIAL POLO DÍA DO SIDA A CARGO DO ALUMNADO DE CAE

Este curso, por mor do DÍA MUNDIAL DE LOITA CONTRA A SIDA, o ALUMNADO DE CAE fixo entrega de material aos diferentes cursos e informou sobre a conmemoración. Ademáis este alumnado montou un posto informativo.

Esta actividade sigue na estela de fomentar o traballo colaborativo entre departamentos que levamos a cabo do IES Monte Castelo no curso 21/22.

 

Comercio con sentido

O Venres 22 outubro, participamos co alumnado de 1º e 2º de ESO na feira de comercio xusto na praza da Mariña. O obxectivo é concienciar sobre a nosa responsabilidade como consumidores na economía global, especialmente no desenvolvemento dos países máis pobres, afectados polo colonialismo.

Xornada "Posta en valor dos oficios do mar"

O xoves 21 de outubro o alumnado de 4º de ESO participou na Xornada "Posta en valor dos Oficios do Mar" na lonxa de Burela, organizada pola Organización de Productores Pesqueiros e Armadores de Burela.

Actividade: Arte popular e patrimonio

O venres 8 de outubro contamos coa presenza de Martín Lestao, Mar López  e Rubén López para darnos a coñecer as técnicas de arte efímero. 

XESTOS QUE SALVAN VIDAS

Programa piloto de colaboración co Hospital da Costa que pretende concienciar ó alumnado de 4º ESO de que hai xestos, sinxelos e ó alcance de todos, que poden salvar vidas.
  • 15 de Outubro. LAVADO DE MANS, con xabón e auga, aprendendo técnicas de limpeza.
  • 12 de Novembro. RCP, con monitores, tres monecos e disfibrilador.
  • 17 de Decembro. CARICIAS, reforzando a figura do cuidador .

FIN DE CURSO 2017-2018

  • Alumnado de 2º BAC do IES Monte Castelo foron do 16 ó 22 de xuño a unha viaxe cultural en Roma e Florencia, con visita ó Vaticano incluída.

     

  • Nas actividades fin de curso desenvoltas o 21 de xuño:

     

    • O alumno de 1º BAC José Luís Vázquez García organizou un campionato de fútbol sala onde participaron tódolos cursos da ESO e 1º de BAC.

     

    • Contamos tamén co grupo Batuco Tabanka que despediu a última xornada lectiva do curso, animáronse a bailar con elas as irmáns Milene e Janice Gonçalves Semedo alumnas do centro.

Distribuir contido